Chega a primavera, (aínda que na política sigamos en inverno) e como di unha canción dos «The Killer»
Estou saíndo da miña gaiola…e así agardamos, que o teñades. Que gocedes do cinema, da música e das amizades, que xa estamos a preparar cunha escolma de teselas para que cheguedes ao verán con gañas.
E estouno facendo moi ben
Conseguindo estar abaixo
Porque o quero todo…
A música do avance visual [.mp4 • 20'3 MB] que adianta este ciclo, é dos «Undercast», versionando «Mr Brigtside» dos «Killer».
Atentos aos días e distintos lugares, e lembrade que podedes votar por cada filme en Google+ e na nosa páxina específica para as enquisas. ¹
2
Mai.
2016
Lun.
«Benjamin Smoke»

O lendario músico underground Benjamin Smoke, unha drag-queen con aspecto punk, a voz de Tom Waits e o espírito dun filósofo.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
20:30 e 23 h. (CEST) na Biblioteca Pública de Ourense
socios/as 2 € (consultar non asociados/as).
3 Mai. 2016
Mar
«Glastonbury»

Dirixida por Julien Temple · (2006)
Documental do famoso Festival de música pop-rock de Glastonbury, no que interviñeron famosos solistas e bandas como David Bowie, Coldplay, Oasis, Primal Scream, Björk, Blur e Massive Attack, entre outros.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓN:
COTA:
20:30 h. (CEST) no Café Cultural «El Pueblo», Ourense
De balde
4
Mai.
2016
Mérc.
«Eden: Lost in Music»

Dirixida por Mia Hansen-Løve · (2014)
Na década dos 90, a música electrónica desenvólvese a gran velocidade. Na excitante vida nocturna parisiense, o mozo Paul dá os seus primeiros pasos como DJ.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
18 · 20:30 e 23 h. (CEST) na Biblioteca Pública de Ourense
5 Mai. 2016
Xov
«Charles Bradley: Soul of America»

Dirixida por Poull Brien · (2012)
Partindo do LXII aniversario, o filme segue a extraordinaria viaxe do cantante Charles Bradley durante os meses electrizantes e transformadores que conduce ao lanzamento do seu traballo «No Time for Dreaming».
Comparte o evento ❯❯
SESIÓN:
COTA:
20:30 h. (CEST) no Café & Pop Torgal, Ourense
De balde
Extra: OciOurense
Comparte o evento ❯❯
7 Mai. 2016
Sáb
«Whiplash»

Dirixida por Damien Chazelle · (2014)
O obxectivo de Andrew Neiman, un mozo e ambicioso baterista de jazz, é triunfar no elitista Conservatorio de Música da Costa Este. Marcado polo fracaso da carreira literaria do seu pai, Andrew alberga soños de grandeza. Terence Fletcher, un mestre coñecido tanto polo seu talento como polos seus rigorosos métodos de ensino, dirixe o mellor conxunto de jazz do Conservatorio. Cando Fletcher elixe a Andrew para formar parte do grupo, a vida do mozo mudará.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓN:
COTA:
17 h. (CEST) no Espazo Lusquiños, Ourense
De balde
8 Mai. 2016
Dom
«Springsteen & I» · Springsteen e Eu

Dirixida por Baillie Walsh · (2013)
Documental biográfico que documenta a vida e a carreira de Bruce Springsteen a través das vivencias e declaracións dos seus fans ao redor do mundo.
Comparte o evento ❯❯
SESIÓN:
COTA:
20:30 h. (CEST) no Auriense Café Cultural, Ourense
De balde
Horarios CUT+2
¹ páxina con 910/1 peticións ao servidor · aproximadamente son uns 20 MB
(tempo de carga: de 20" a 4' dependendo da túa velocidade de conexión)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas…
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».