Proxéctase durante os meses de setembro e outubro de 2016 na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …
«Captive» · Cativa
Therese Bourgoine, unha voluntaria francesa que participa nunha misión humanitaria na illa de Palawan, un territorio salvaxe de xunglas e montañas, é secuestrada polo grupo «Abu Sayyaf», un movemento xihadista que preconiza a independenza dun estado fundamentalista islámico que englobaría ao oeste de Mindanao e o arquipélago de Sulu.
Comparte o evento ❯❯
18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
«Right Now, Wrong Then» · Agora Sí, Antes Non
Un director de cinema independente sae a cear e atópase cunha pintora. A partir dese instante, as cousas comezarán a mudar.
Comparte o evento ❯❯
18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
«Shan He Gu Ren» · Máis Aló das Montañas
En China a finais de 1999, Tao, unha moza de Fenyang, é cortexada polos seus dous amigos da infancia, Zang (dono dunha estación de servizo cun futuro prometedor) e Liang (mineiro). O seu corazón está dividido entre estos dous homes e debe tomar unha decisión que selará o seu destino e o do seu futuro fillo.
Comparte o evento ❯❯
18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
«Kamakura Diary» · A Nosa Irmá Pequena
Sachi, Yoshino e Chika son tres irmás que viven en Kamakura (Xapón), na casa da súa avoa. Un día reciben a noticia da morte do seu pai, que as abandonou cando eran pequenas. No funeral coñecen á filla que o seu pai tivo trece anos antes e decontado as catro irmás deciden vivir xuntas.
Comparte o evento ❯❯
18 · 20:30 e 23 h. (CEST)
Tedes ao voso dispor, os comentarios deste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, para expoñer as túas inquedanzas xerais sobre o traballo do cineclube ou ben, as impresións que vos suscitan os filmes programados, apreciamos moitísimo os vosos comentarios.
Lembra que podedes puntuar os filmes progamados na axenda da «Feciga», onde podes atopar o listaxe dos filmes e avalialos, nos axuda a coñecer os teus gustos.
Asemade, precisamos saber o que pensas do traballo que desenvolven os cineclubes, polo que che pregamos dediques un anaquiño do teu tempo en realizar a seguinte enquisa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas…
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».