Proxéctase durante o mes de novembro na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …
«Fúsi» · Corazón Xigante
Aos seus 43 anos, Fúsi é un inadaptado, con sobrepeso, que nunca tivo noiva e cuxo único interese son as batallas da Segunda Guerra Mundial, que reproduce en miniatura no apartamento no que vive coa súa nai. Un día recibe un cupón para acudir a unha escola de baile, onde coñece a Sjöfn, unha muller solitaria, como el, e con profundas feridas psicolóxicas.
Comparte o evento ❯❯
18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
«Sparrows» · Pardais
Relato iniciático sobre un adolescente de 16 anos, Ari, quen tras estar vivindo coa súa nai en Reikiavik, é enviado de volta á remota rexión dos fiordos occidentais para vivir co seu pai. Alí terá que lidar coa difícil relación con leste, e atopa cambiados aos seus amigos da infancia. Nese ambiente desesperanzador, Ari ten que esforzarse para atopar o seu camiño.
Comparte o evento ❯❯
18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
«Hross í Oss» · De Cabalos e Homes
Un relato sobre o sinal que deixa o home no cabalo e o cabalo no home. O amor e a morte cóllense da man con insólitas consecuencias. Os destinos das persoas que habitan esa paisaxe a través da percepción do cabalo.
Comparte o evento ❯❯
18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
Tedes ao voso dispor, os comentarios deste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, para expoñer as túas inquedanzas xerais sobre o traballo do cineclube ou ben, as impresións que vos suscitan os filmes programados, apreciamos moitísimo os vosos comentarios.
Lembra que podedes puntuar os filmes progamados na axenda da «Feciga», onde podes atopar o listaxe dos filmes e avalialos, nos axuda a coñecer os teus gustos.
Asemade, precisamos saber o que pensas do traballo que desenvolven os cineclubes, polo que che pregamos dediques un anaquiño do teu tempo en realizar a seguinte enquisa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas…
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».