Proxéctase durante o mes de xaneiro na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …
«I, Daniel Blake» · Eu, Daniel Blake
Por primeira vez na súa vida, vítima de problemas cardíacos,
Daniel Blake, carpinteiro inglés de 59 anos, vese obrigado a acudir ás axudas sociais. Con todo, a pesar de que o médico lle prohibiu traballar, a administración obrígalle a buscar un emprego se non desexa recibir unha sanción. No transcurso das súas quendas na oficina de emprego,
Daniel crúzase con
Rachel, unha nai solteira de dous nenos que tivo que aceptar un aloxamento a 450
km. da súa cidade para evitar que a envíen a un fogar de acollida. Prisioneiros da maraña de aberracións administrativas actuais de Gran Bretaña,
Daniel e
Rachel tentarán axudarse mutuamente.
Comparte o evento ❯❯
18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
«Sunset Song»
Un relato épico e intimista sobre a esperanza, a traxedia e o amor ambientado a principios da Gran Guerra (1914—1918). Trátase dunha adaptación da novela do autor escocés Lewis Grassic Gibbon.
Comparte o evento ❯❯
18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
«High-Rise»
Adaptación de
High-Rise, novela publicada por
J.G.
Ballard a mediados dos anos 70. A historia narra a chegada do doutor
Robert Laing á Torre
Elysium, un enorme rañaceos dentro do cal se desenvolve todo un mundo aparte, no cal parece existir a sociedade ideal. Pero secretamente, o recentemente chegado sentirá perturbado ante a posibilidade de que esta orde utópica non sexa tal. Sospeitas que rapidamente serán corroboradas da forma máis sinistra.
Comparte o evento ❯❯
18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
Tedes ao voso dispor, os comentarios deste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, para expoñer as túas inquedanzas xerais sobre o traballo do cineclube ou ben, as impresións que vos suscitan os filmes programados, apreciamos moitísimo os vosos comentarios.
Lembra que podedes puntuar os filmes progamados na axenda da «Feciga», onde podes atopar o listaxe dos filmes e avalialos, nos axuda a coñecer os teus gustos.
Asemade, precisamos saber o que pensas do traballo que desenvolven os cineclubes, polo que che pregamos dediques un anaquiño do teu tempo en realizar a seguinte enquisa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas…
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».