Semana da mobilidade
Cine nas termas
Nas habituais citas de setembro, e antes do comezo da programación regular, que reiniciaremos en outubro, presentamos dentro das actividades municipais de Termatalia, dous filmes termais; a proxectar na explanada das Burgas (se o tempo o permite, e se non sería na Biblioteca pública) e unha proxección especial co gallo da Semana da mobilidade, en colaboración con "Amigos da terra" e "Masa crítica" de Ourense, na Biblioteca pública.
Agardámosvos.

«Cine nas termas» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas…
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».