15/09/18

Cine en setembro

Semana da mobilidade


Antes do comezo da programación regular que reiniciaremos en outubro, presentamos unha sesión especial dentro da Semana da mobilidade que organizan "Masa crítica", "Amigos da terra" e "Mobi-liza" de Ourense en colaboración co propio cineclube, na Biblioteca pública.

Agardámosvos.





19 Set. 2018
mérc.

«Bicycleran» · O ciclista

Dirixida por · (1987) #VOSG
Nassim, un refuxiado afgano, necesita diñeiro para pagar as facturas do médico da súa muller. Un axente de negocios de mala fama propón astutamente que Nassim, compita nun maratón en bicicleta. A esperanza depende da habilidade de Nassim para percorrer en círculo unha zona pouco extensa nos arredores da cidade 24 horas ao día durante unha semana. Xogadores, músicos de rúa e corredores de apostas utilizarán o sufrimento de Nassim no seu propio beneficio.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CEST)
  De balde até completar aforo (110 persoas )



Pregamos puntualidade. O uso do teléfono móbil está terminantemente prohibido unha vez comezada a película, sendo motivo de expulsión da sala, sen dereito a reclamación.




Horarios CUT+1




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas…

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».