27/04/19

Programación para maio e xuño de 2019


Filmoteca CGAI

V Ciclo colexio de médicos

Animación

O documental do mes

Sesión especial


Da apretada axenda que programamos para rematar a primeira parte da tempada, realizamos unha escolma do cine de animación contemporáneo, sen esquecer un clásico para os máis pequenos como peche do ciclo.

Agardamos que a visión dos filmes amplie o horizonte co que se soe tomar a animación e os excite do mesmo xeito a considerar a literatura gráfica, como unha opción máis de entretenemento e aprendizaxe.



«Animación» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Como excitante é a programación prevista, non tivemos moitas máis opcións para ambientar o avance en vídeo, [.mp4 • 20'7 MB] coa canción "Teach me tiger" interpretada por April Stevens.

"Teach me tiger" é unha suxerente canción prohibida nalgúns países, que fala do amor...do primeiro amor e do desexo. Sería agradable agora que vai vir o verán tomar nota e mentres tanto, anímense cos filmes programados.



Filmoteca CGAI




29 Abr. 2019
Lun.

«Ugetsu monogatari» · Contos da lúa pálida

· (Xapón, 1953) 96 min. [VOSE]
Xapón, século XVI. Durante a guerra civil, os aldeáns Genxuro e Tobei pretenden facer fortuna: Genxuro como alfareiro e Tobei como samurai. Ambos deixan ás súas esposas abandonadas para cumprir cos seus ambiciosos soños. A misteriosa Lady Wakasa, outra vítima da guerra, cruzarase no camiño de Genxuro.

Premios
1953: Festival de Venecia: León de Prata

"Obra mestra do cine mundial. (...) Apaixonante e belísima película sobre a procura imposible da felicidade."
(Fernando Morales, El País)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



V Ciclo Colexio de médicos





30 Abr. 2019
Mar.

«The Elephant Man» · O home elefante

· (EUA, 1980) 125 min. [VOSE]
A finais do século XIX, o doutor Frederick Treves descobre nun circo a un home chamado John Merrick. Trátase dun cidadán británico coa cabeza monstruosamente deformada, que vive nunha situación de constante humillación e sufrimento ao ser exhibido diariamente como unha atracción de feira.

Premios
1981: Premios César: Mellor película estranxeira
1980: Premios BAFTA: Mellor película, actor (Hurt) e deseño de produción. 7 nominacións

"“Un estudo da xentileza que dalgún xeito suprime a rabia. Esa é a calidade que ilumina ao filme e faio moito máis fascinante que si fose un retrato que dignifica a un monstro.”"
(Vincent Canby, The New York Times)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1)
  De balde

Filmoteca CGAI




6 Mai. 2019
Lun.

«Leuchtturm des Chaos» · Pharos of Chaos

e · (RDA, 1983) 114 min. [VOSE]
A irresistible personalidade dun Sterling Hayden xa retirado en Francia descóbrenos neste magnético documental unha figura que vai alén do actor que nos namorou en La jungla de asfalto ou Johnny Guitar. Botando a vista atrás só tres anos antes da súa morte, o intérprete, experto mariñeiro, relátanos como chegou a comandar un convoi de 400 barcos con provisións para os partisanos iugoslavos asediados polo exército alemán ou como, moito antes diso, xa dera a volta ao mundo no seu navío. Este flirtear con Tito levouno a vincularse fugazmente ao partido comunista, polo que tivo que render contas ante o Comité de Actividades Antiestadounidenses. Baixo ameaza delatou a varios dos seus compañeiros, o que lle valeu apoios en Hollywood mais deixoulle unha fonda ferida que tentaría pechar coa bebida e que acabaría por repercutir na súa decisión de deixar a actuación. Estes e outros acontecementos son os que confesa ante a cámara de Bühler, quen tamén adaptaría a súa aclamada autobiografía á gran pantalla.

""Unha das mellores historias que esconde a idade de ouro de Hollywood"
(Gregorio Belinchón, El País)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



Animación





8 Mai. 2019
Mérc.

«Another Day of Life» · Un día máis con vida

e · (España - Polonia, 2018) 85 min. [VOSE]
Relato autobiográfico de Ryszard Kapuściński que narra os últimos días de Angola como colonia portuguesa en 1975, e as terribles consecuencias desta descolonización: unha guerra civil que abordelou a rexión ata fai moi pouco. Coprodución polaco-española de animación para adultos.

Premios
2018: Premios do Cine Europeo: Mellor filme de animación
2018: Premios Goya: Mellor película de animación
2018: Festival de San Sebastián: Premio do público

"A narración é épica e emotiva, sae do convencemento e do corazón"
(Carlos Boyero, El País)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  18, 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).

Filmoteca CGAI




13 Mai. 2019
Lun.

«Dhogs»

· (España, 2017) 85 min. [VOG]
Mentres un estraño personaxe cruza as rúas da cidade ao volante dun taxi, no bar dun luxoso hotel está Alex, unha muller que goza dunha última copa, inconsciente do alude de acontecementos que a arroiará nas próximas horas. Unha fugaz aventura cun executivo será o preámbulo cara a unha espiral de violencia sen sentido aparente, obrigándoa a percorrer unha senda de sufrimento fóra do seu control.

Premios
2017: Festival de Sitges: Sección oficial
2017: Split Film Festival (Croacia): Mellor longametraxe

""Goteira manexa o ritmo, e principalmente as imaxes, con pericia, convertendo a 'Dhogs' nunha experiencia silenciosamente inquietante"

(Jonathan Holland, The Hollywood Reporter)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  De balde



Animación





15 Mai. 2019
Mérc.

«Funan»

· (Francia, 2018) 84 min. [VOSE]
1975, Phnom Penh. Chou leva unha vida tranquila en Phnom Penh ata que unha mañá a guerrilla de Kmer Rouge mergulla a Camboia no horror. A poboación é deportada aos campos e Chou vese obrigada a sufrir cando o seu fillo de 4 anos é secuestrado. O seu mundo vénse abaixo pero non perde a esperanza.

Premios
2018: Festival de Annecy: Mellor longametraxe

"O cineasta reconstrúe a memoria do xenocidio que lle transmitiu a súa nai servíndose de sintéticos deseños de personaxes (...), xornais planos xenerais de incuestionable beleza (...) que evocan limpamente o horror sen mostralo"
(Jordi Costa, El País)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  18, 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



Filmoteca CGAI




20 Mai. 2019
Lun.

« Faces» · Rostros

· (EUA, 1968) 130 min. [VOSE]
Richard Forst, un home de negocios de mediana idade e casado, ten unha aventura cunha nova e inmediatamente pídelle o divorcio á súa muller, á que abandona para irse a vivir co seu amante. Mentres tanto, a súa muller coñece a un tipo nun bar e pasa a noite con el. Á mañá seguinte, Richard volve á súa casa..

Premios
1968: Venecia: Premio Pasinetti (Mellor Filme), Copa Volpi a Mellor Actor (Marley)

"De lonxe a máis potente, crúa e importante película americana do ano (...) unha película tan boa que hai que vela para crelo."
(Renata Adler, The New York Times)
 
 
SESIÓN:
COTA:
 (única) 20:30  h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



Sesión especial





21 Mai. 2019
Mar.

«Nocturno: fantasmas de mar en puerto» · Nocturno: pantasmas de mar en porto

· (España, 2017) 71 min. [VOS]
Barco pesqueiro de bandeira portuguesa con tripulación mesturada de medio mundo. Faena dura que brega despezando quenllas, rutina que se sente e padece: Conxelar os anacos, lavar obsesivos cada recuncho por matar o cheiro de refugallos e vísceras, comer moito, charlar algo, chuspir a favor do vento, mirar o mundo entrante por WhatsApp, por Skype...

(Coa presenza do equipo da película)

Premios
2018: MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico: Sección oficial

"“Ten algo de historia soñada esta concatenación de imaxes, algunhas delas fermosas, que ás veces parecen unidas por un fío moi fino, tan fino que é fácil perderse, como quen pelexa contra as ondas ou explora outro corpo humano.”"
(Toni Junyet, Cinetransit.com)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  Única 5 euros



Animación





22 Mai. 2019
Mérc.

«Crulic»

· (Rumania - Polonia, 2011) 73 min. [VOSE]
En 2007, Claudiu Crulic, un rumano de 33 anos, foi arrestado por roubo en Polonia. Ao non conseguir axuda do consulado rumano, comezou unha folga de fame que o conduciu á morte catro meses despois. O caso, moi seguido polos medios, provocou a dimisión do Ministro de Asuntos Exteriores rumano e do cónsul en Polonia. Ademais, tres médicos foron acusados de ser os responsables da súa morte. Esta película intenta analizar os sentimentos e sensacións dun home que sofre unha lenta agonía. A animación mestura diferentes técnicas: debuxos a man, animación a partir de fotografías, documentos escaneados, stop motion e animación dixital 3D. foi a primeira película rumana animada en dúas décadas, e o equipo encargado dela formouse especificamente para este rodaxe.

Premios
2011: Festival de Locarno: Mención especial. Nomeada a Mellor película
2012: Festival de Annecy: Mellor película

"Superlativo documental animado (...) un traballo esixente e rigoroso, un sucesor directo de Vals con Bashir."
(Pablo González Taboada, Cinemanía)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  18, 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



O documental do mes





23 Mai. 2019
Xov.

«Time trial»

· (Reino Unido, 2017) 81 min. [VOSE]
O tempo de proba (Time trial) lévanos ás carreiras finais da carreira do ciclista David Millar, levando ao seu último encontro co Tour de Francia. Entramos no interior do pelotón, subimos ás escaleiras imposibles e forzamos a baixas rápidas, xuntamos con el na súa habitación de hotel en agonía post-carreira. Montaremos no coche de apoio, a fonte de comodidade, subministracións e alivio fugaz do frío.

(Organizado pola oficina cultural da Vicerreitoría do campus de Ourense da Universidade de Vigo)

 
 
SESIÓN:
COTA:
  19:00 h. (CUT+1)
  De balde

Filmoteca CGAI




27 Mai. 2019
Lun.

«The Killing of a Chinese Bookie» · O asasinato dun corredor de apostas chinés

· (EUA, 1976) 135 min. [VOSE]
Cosmo Vitelli, un veterano da Guerra de Corea (1950-1953) con débedas de xogo, posúe un local de striptease nas Vegas. Cando perde 23.000 dólares nunha partida ilegal, os acreedores suxírenlle que pague a débeda cun asasinato.

"Unha 'mini-Chinatown' visualmente asombrosa e estéticamente extravagante!"
(Newsweek)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  20:30  h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



V Ciclo Colexio de médicos





28 Mai. 2019
Mar.

«A fille de Brest» · A doutora de Brest

· (Francia, 2016) 128 min. [VOSE]
Narra a historia real da doutora Irène Frachon (Sidse Babett Knudsen), a muller que en 2010 atreveuse a plantarlle cara á industria sanitaria e farmacéutica francesa, cando se destapou o escándalo mediático en torno á comercialización dun controvertido medicamento cuxos efectos secundarios provocaron a morte de centos de persoas.

Premios
2016: Premios César: Nomeada Mellor actriz (Sidse Babett Knudsen) e guión adaptado
2016: Festival de San Sebastián: Sección oficial a competición

"“Si (…) resulta por momentos tan absorbente é nin máis nin menos que por ese limitado pudor á hora de manexar case calquera recurso dramático ou audiovisual (…) Emociónache queiras ou non, (…); che espabila (e che conciencia).”"
(Antonio Trashorras, Fotogramas)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1)
  De balde



Animación





29 Mai. 2019
Mérc.

«Mutafukaz»

e · (Francia, 2017) 90 min. [VOSE]
Despois dun accidente de moto, Anxelino, unha bala perdida no medio de Dark Meat City, comeza a experimentar violentas dores de cabeza e estrañas alucinacións. Polo menos iso é o que cre, porque quizais a súa imaxinación teña algo de verdade: algúns homes en negro o perseguen, e Anxelino acabará descubrindo algo terrible sobre a súa propia esencia.


"Coa súa actitude anárquica que impregna os matices de cada marco, 'Mutafukaz' é grande (...) Unha visión intelixente do trastorno e o malestar existencial da vida urbana contemporánea"
(Sarah Ward, SCREENDAILY)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  18, 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



Filmoteca CGAI




3 Xuñ. 2019
Lun.

«La estrella errante» · A estrela errante

· (España, 2018) 67 min. [VOSE]
(Coa presenza do director)

En 1984, a banda punk Os Fiambres publicou un disco de culto, O lado escuro do rocanrol. Esta viaxe lisérxica e irónica empeza trinta anos despois con Rober Perdut, o seu cantante, nunha sesión de fotos nunha estación de autobuses.

"A película é a creación de sensacións a través de imaxes, aparentemente inconexas, pero das que calquera é capaz de extraer diferentes lecturas."
(noshacemosuncineenorion.blogspot.com)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  De balde





V Ciclo Colexio de médicos





4 Xuñ. 2019
Mar.

«Days of Wine and Roses» · Días de viño e rosas

· (EUA, 1962) 117 min. [VOSE]
Joe Clay, xefe de relacións públicas dunha empresa de San Francisco, coñece durante unha festa á bela Kirsten Arnesen. A rapariga móstrase cautelosa ao principio, debido á afección de Joe á bebida, pero despois sucumbe ante a súa simpatía e cásase con el.

Premios
1962: Oscar: Mellor canción. 5 nominacións
1962: 4 nominacións Globos de Ouro: Película drama, director, actor, actriz
1963: Premios BAFTA: 3 nominacións incluíndo a actor estranxeiro (Lemmon)
1963: Festival de San Sebastián: Mellor actor (Lemmon) e actriz (Remick)

"“Do frenesí ao inferno. Sen volta. Edwards arrinca a Lemmon e Remick dúas interpretacións ebrias de puro xenio. Ademais, a música de Mancini”"
(Luís Martínez, El País)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1)
  De balde



Animación





5 Xuñ. 2019
Mérc.

«Tehran Taboo» · Teherán Tabú

· (Alemaña - Austria, 2017) 90 min. [VOSE]
Esta é a historia dunha contradición, dos segredos a voces que se esconden en Teherán, unha cidade na que as estritas leis da relixión conviven co adulterio, a corrupción, a prostitución e as drogas. Conta as vicisitudes de tres mulleres e un home, cuxas vidas crúzanse na metrópole iraní, nun día a día que rompe con todo tipo de tabús.

Premios
2017: Premios do Cine Alemán: Nomeada a Mellor banda sonora
2017: Festival de Annecy: Sección oficial longametraxes a concurso
2017: Festival de Sitges: Mellor longametraxe de animación

"Ofrece suficiente distancia para explorar un tema moi cargado como é o da liberdade sexual e persoal en Irán sen caer no luxurioso"
(Deborah Young, The Hollywood Reporter)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  18, 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



O documental do mes





6 Xuñ. 2019
Xov.

«Los reyes»

e · (Alemaña, 2018) 78 min. [VOSE]
Os Reis é o parque de skate máis antigo de Santiago, Chile. Pero os verdadeiros reis desta historia son Fútbol e Chola, dous cans que fixeron este espazo aberto cheo de skate e adolescentes rebeldes na súa casa. A película céntranse nos cans e na súa propia forma de vida, mentres xogan cunha bola, perseguindo burros e motos, ou sutilmente relacionándose entre si.

(Organizado pola oficina cultural da Vicerreitoría do campus de Ourense da Universidade de Vigo)

 
 
SESIÓN:
COTA:
  19:00 h. (CUT+1)
  De balde





Filmoteca CGAI




10 Xuñ. 2019
Lun.

«Da xiang xi di er zuo» · An Elephant Sitting Still

· (China, 2018) 234 min. [VOSE]
Un día desde o amencer ata o anoitecer, con varios personaxes intentando tomar un tren para escapar da espiral descendente na que se atopan.

"O último plano, un dos máis fermosos do cine recente, culmina esta película con serenidade conmovedora, con humildade infrecuente"
(Carlos Losilla, Caimán)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  20:30  h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).





Animación





12 Xuñ. 2019
Mérc.

«Akira»

· (Xapón, 1988) 124 min. [VOSE]
Ano 2019. Neo-Tokyo é unha cidade construída sobre as ruínas da antiga capital xaponesa destruída trala Terceira Guerra Mundial. Xapón é un país ao bordo do colapso que sofre continuas crises políticas. En segredo, un equipo de científicos renovou por orde do exército un experimento para atopar a individuos que poidan controlar o arma definitiva: unha forza denominada "a enerxía absoluta". Pero os habitantes de Neo-Tokyo teñen outras cousas das que preocuparse. Un deles é Kaneda, un mozo pandilleiro líder dunha banda de motoristas. Durante unha pelexa, o seu mellor amigo, Tetsuo, sofre un estraño accidente e termina ingresado nunhas instalacións militares. Alí os científicos descubrirán que é o posuidor da enerxía absoluta. Pero Tetsuo, que non se resigna a converterse nun coelliño de indias, moi pronto se converterá na ameaza máis grande que o mundo coñeceu.

"Unha entrega de animación tan espectacular como violenta que se situou por méritos propios como unha gran película de culto. Imprescindible."
(Fernando Morales, El País)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  20:30  h. (CUT+1)
  De balde






19 Xuñ. 2019
Mérc.

«Dumbo»

· (EUA, 1941) 64 min. [VDE] [A]
As cegoñas chegan, como todos os anos, ata un pintoresco circo para repartir os bebés ás súas respectivas mamás. A señora Dumbo, unha elefanta, descobre que a súa bebé ten unhas orellas enormes; todas as súas compañeiras rinse del, pero a señora Dumbo deféndeo sempre, ata o punto de ser encerrada por enfrontarse a todo aquel que se mofe do seu retoño. O pequeno Dumbo, maltratado e ridiculizado por todos os seus compañeiros, só conta coa axuda dun minúsculo ratonciño chamado Timothy, que decide facer del unha estrela do circo.

Premios
1941: Oscar: Mellor banda sonora (Musical). 2 nominacións
1947: Festival de Cannes: Mellor animación

"Ten unha pequena historia agradábel, unha chea de elementos conmovedores mesturados con grandes doses de humor, un bo número de atractivos personaxes animados, moita música boa e a habitual calidade técnica de Disney"
(Variety)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  18  h. (CUT+1)
  De balde






Todas as proxeccións son en VOSE (Versión orixinal en castelán), agás as indicadas no contrario (VDE; Versión dobrada ao castelán, VO; Versión orixinal, VOG; Versión orixinal en galego), na Casa da Cultura, no salón de actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense).

Existe unha recomendación xeral, para públicos maiores de 16 anos (Agás os indicados [A]; para todas as audiencias).

ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].



----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas…

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».