20/02/20

Programación marzo - abril 2020


O documental do mes

Filmoteca

Sesións dos mércores

Sesión especial

VI Ciclo colexio de médicos

ATENCIÓN AVISO (12/03/2020)

A interrelación de causa-efecto dáse en todos os eventos da vida. Un pequeno cambio pode xerar grandes resultados ou, hipoteticamente, «o aleteo dunha bolboreta en Arxentina pode desatar unha tempestade en Arabia Saudi».

Presentamos unha selección de diversos e pequenos conflitos persoais que poden desembocar en grandes transformacións; só fai falta que aumente a intensidade ou os voos precisos para conseguilo.




«marzo/abril 2020»· cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Antes que comeze a fantasia primaveral, temos que soñar...o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] convídavos á emoción da escuridade da sala, na procura de quiméricas viaxes desde a casa da cultura, onde estaba a Biblioteca.





O documental do mes




27 Feb. 2020
Xov.

«Chris, The Swiss» Chris, o suízo

· (Suíza-Coacia-Alemaña-Finlandia, 2018) 90 min. [SC] VOSE
Pasaron máis de vinte anos desde que Chris, un xornalista suízo e curmán do director, morreu na guerra de Iugoslava en 1992. O feito aínda estraña á directora, Anja, que descubriu que cando atoparon o corpo, Chris levaba o uniforme dun grupo mercenario internacional. Tentando descubrir que pasou co seu curmán e cal foi o seu papel no conflito armado, Anja decide viaxar a Croacia para contar a súa historia.


Premios
2018; Semana da Crítica - Festival de Cannes
2018; Festival de Cine de Locarno
2018; Festival de Cine de Sevilla

"As súas animacións son especialmente adorables"
(Jessica Kiang, VARIETY)

(Organizado pola oficina cultural da Vicerreitoría do campus de Ourense da Universidade de Vigo)

 
 
SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1)
  De balde


Filmoteca




2 Mar. 2020
Lun.

«Dylda» Unha gran muller (Beanpole)

· (Rusia, 2019) 139 min. [+12] VOSE
1945, Leningrado. A Segunda Guerra Mundial devastou a zona, destruíndo os seus edificios e a vida dos seus habitantes. Dúas mulleres novas, Iya e Masha, loitarán por reconstruír a vida nunha cidade en ruínas.

Premios
2019: Festival de Cannes; Un certain regard. Premio á Mellor Dirección e premio FIPRESCI
2019: Festival de San Sebastián; Perlak

"Sólida e absorbente"
(CAIMÁN)


SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).


Sesións dos mércores




  4 Mar. 2020
Mérc.

«Synonymes» Sinónimos

· (Francia - Israel - Alemaña, 2019) 123 min. [+16] VOSE
Un mozo israelí foxe a París para rexeitar a súa nacionalidade, axudado polo seu dicionario francés-hebreo.

Premios
2019: Festival de Berlin; Oso de Ouro
2019: Festival de Sevilla; Mellor Dirección

"Exuberante e ben dirixida, cerebral e vigorosa"
(Bénédicte Prot, CINEUROPA.ORG)

SESIÓNS:
COTA:
 18, 20:30 e 23:00 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto




Filmoteca




9 Mar. 2020
Lun.

«La ola verde (que sea ley)» A onda verde (que sexa lei)

· (Arxentina - Uruguai, 2019) 86 min. [A] VOE
A onda verde narra a loita pola legalización do aborto en Arxentina, a través dunha viaxe de máis de 5.000 quilómetros, acompañando ás valentes testemuñas das vítimas e das voces femininas clave que levaron esta memorable viaxe. Proxección especial no Festival de Cannes.

Premios
2019: Festival de San Sebastián; premio TVE "Otra mirada"

"Consegue capturar a intensidade e a emoción do momento político que está a vivirse"
(Deborah Young, THE HOLLYWOOD REPORTER)

(Grazas á Concellería de igualdade por confiar a súa colaboración á programación #8M dos filmes propostos polo cineclube)



SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  De balde, até completar o aforamento (110 butacas)


VI Ciclo colexio de médicos




10 Mar. 2020
Mar.

«Pozoamargo»

· (España, 2015) 99 min. [+18] VOE
A piques de ter un fillo, Jesús descobre que está a sufrir unha enfermidade venérea que lle transmitiu á súa muller embarazada. Incapaz de enfrontarse a esa situación, foxe Pozoamargo, vila na que vive incógnito como un campesiño máis, e onde coñece a Gloria, unha moza coa que establece unha tórrida relación, preámbulo talvez da súa baixada ao inferno.


Premios
2015: Festival de Sevilla; Premio Xurado Campus


"A pegada do cine de Reygadas percíbese en solucións visuais tan arriscadas coma o plano secuencia... filme atravesado de principio a fin por un moi heterodoxo hálito poético"
(Jordi Costa, EL PAÍS)

(Organizado polo Colexio de médicos de Ourense)

 
 
SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1)
  (Dispoñibles bonos para os seis filmes do ciclo).


Sesións dos mércores




  11 Mar. 2020
Mérc.

«And then we danced» Só nos queda bailar

· (Francia-Xeogia-Suecia, 2019) 113 min. [+12] VOSE
Merab adestrou desde pequeno no grupo de baile nacional de Xeorxia coa súa parella de baile, Mary. O seu mundo queda fortemente axitado coa chegada de Irakli, que axiña se converte no seu maior rival e no seu obxecto de desexo. Neste ambiente conservador, Merab vese obrigado a liberarse e arriscalo todo.

Premios
2019: Festival de Cannes; Quincena dos Realizadores
2019: SEMINCI; Espiga Arco Iris, Mellor Actor (Levan Gelbakhiani)
2019: Festival de Sevilla; Premio do Público

"Con gran pericia de cámara, xogos secuenciais e sedución visual, Levan Akin narra a historia de Merab... describe de xeito actrativo a súa contorna familiar... ten momentos de auténtica lucidez"
(Oti Rguez, Marchante, ABC)

SESIÓNS:
COTA:
 18, 20:30 e 23:00 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto




Filmoteca




16 Mar. 2020
Lun.

«Buñuel en el laberinto de las tortugas» Buñuel no labirinto das tartarugas

· (España, 2019) 86 min. [+12] VOSE
París, 1930. Salvador Dalí e Luis Buñuel son as principais figuras do movemento surrealista, pero Buñuel ve como se lle pechan todas as portas despois da escandalosa estrea da súa obra "La edad de oro". Porén, o seu bo amigo Ramón Acín compra un billete de lotería coa tola promesa de que se gaña lle pagará o documental que Buñuel quere rodar sobre Las Hurdes, unha das rexións máis pobres e esquecidas de España.

Premios
2020: Premio Goya; Mellor Película de Animación
2019: Premios do Cine Europeo; Mellor Película de Animación
2019: Festival de Annecy; Mención do Xurado e Mellor Banda Sonora
2019: Festival de Málaga; Mellor Banda Sonora

"Maxistral relato da madurez tráxica do xenio de Calanda (…) Simó faino de maneira emocionante, cabal e certeira (…) O resultado antóllase tan revelador e lúcido coma inspirado na súa vocación de ruptura"
(Luís Martínez, EL MUNDO)


SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).


Sesión especial




17 Feb. 2020
Mar.

«Arima»

· (España, 2019) 77 min. [SC] VOE
A vida de catro mulleres e unha moza que se ve alterada pola inesperada chegada de dous alleos. Un deles foxe do outro, escondéndose pola cidade como unha existencia esquiva, fantasmagórica e dubidosa. O outro, un home ferido cunha arma, perturbará o día a día das mulleres de diferentes xeitos, nunha fronteira entre o real e o imaxinado, entre o pesadelo e o soño, entre o medo e o desexo, nunha historia impregnada de misterio.


"A mirada de Camborda (...) modula perfectamente o autóctono e o cinefilo, e consolídase cunha mestura de soños ligados á terra e un toque lynchiano que non se volve demasiado meloso"
(Carlos Marañón, CINEMANÍA)

(Grazas á Concellería de igualdade por confiar a súa colaboración á programación #8M dos filmes propostos polo cineclube)

 
 
SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CUT+1)
  De balde


Sesións dos mércores




  18 Mar. 2020
Mérc.

«Fin de siglo» Fin de século

· (Arxentina, 2019) 114 min. [+16] VOE
Dous homes atópanse en Barcelona e, despois de pasar un día xuntos, danse conta de que xa se coñeceran hai vinte anos.

Premios
2019: BAFICI; Mellor Película da Competencia Arxentina

"É unha experiencia sublime e cativadora que che obrigará a recoñecer as posibilidades da túa propia vida."
(Carlos Aguilar, THE WRAP)

SESIÓNS:
COTA:
 18, 20:30 e 23:00 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto




Filmoteca




23 Mar. 2020
Lun.

«Ruben Brandt, Collector» Ruben Brandt, coleccionista

· (Hungría, 2018) 96 min. [+16] VOSE
O psicoterapeuta Ruben Brandt sofre violentos pesadelos inspirados en 13 obras de arte famosas, como "Retrato do carteiro Joseph Roulin" de Van Gogh, a "Venus de Urbino" de Tiziano ou "Muller cun libro" de Picasso. Catro dos seus pacientes, que son ladróns expertos, ofrécense a roubar todas esas obras mestras, xa que cren que unha vez que as posúa os pesadelos desaparecerán, Brandt acepta o plan e eles escóndense en museos e galerías de arte de todo o mundo. Convértese no "Coleccionista", un dos delincuentes máis buscados. Gangsters e cazadores de recompensa búscano para gañar os 100 millóns de dólares pagados pola súa captura. Ao mesmo tempo, un grupo de compañías de seguros contratan a Mike Kowalski, un detective privado e experto en roubos de arte para resolver o caso.

Premios
2018: Festival de Sevilla: Mellor Guión e Mellor Primeira Película
2018: Premios Annie: nomeada a Mellor Película Independente e Montaxe

"Sorprendente e fascinante (...) Unha marabilla cinematográfica cativadora e transcendente que reinventa o que a animación é quen de facer"
(Peter Travers, ROLLING STONE)


SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).


Sesións dos mércores




  25 Mar. 2020
Mérc.

«La innocència» A inocencia

· (España, 2019) 92 min. [+16] VOSE
Lis é unha adolescente que soña con ser artista de circo e abandonar a súa aldea, aínda que sabe que para conseguilo terá que pelexalo cos seus pais. É verán e Lis pasa o día xogando nas rúas da vila cos seus amigos e facendo as beiras co seu noivo, uns anos máis vello ca ela. A falta de intimidade e o chismes constantes dos veciños obrigan a Lis a levar esa relación en secreto para que os seus pais non o saiban. Pero ese idílico verán chega ao seu fin e, co comezo do outono, Lis descobre que está embarazada.

Premios
2019: Premios Goya: nomeada á Mellor Actriz Revelación (Carmen Arrufat) e Canción
2019: Premios Gaudí: Mellor Actriz Secundaria (Marull). 7 candidaturas

"Poucos débuts como directora tan sinceiros, tan arrebatadados, tan directo. (...) Atentos á actriz Carmen Arrufat."
(Luis Martínez, EL MUNDO)

SESIÓNS:
COTA:
 18, 20:30 e 23:00 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



O documental do mes




26 Mar. 2020
Xov.

«Cachada: The opportunity» Cachada

· (O Salvador, 2019) 82 min. [SC] VOE
Magaly, Wendy, Magda, Ruth e Chileno gañan a vida como todas as mulleres das súas familias fixeron durante xeracións: vendendo nas rúas e mercados de San Salvador. Porén, decidiron emprender, xunto coa actriz e directora Egly Larreynaga, unha aventura moi inusual: formar unha compañía de teatro e escenificar as súas crueis historias de vida. O que comezou como un experimento converteuse na posibilidade de cambiar as súas vidas, pero serán quende afrontar o seu pasado e superar os seus medos, traumas e segredos?


Premios
2019: South by Southwest: Premio do público

"Descobre a violenta e invisible vida cotiá na que viven a maioría das mulleres pobres en O Salvador; e revela a forza do teatro como unha poderosa ferramenta para a transformación social."
(EL PAÍS, Ed. MÉXICO)

(Organizado pola oficina cultural da Vicerreitoría do campus de Ourense da Universidade de Vigo)

 
 
SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1)
  De balde


Filmoteca




30 Mar. 2020
Lun.

«El escritor de un país sin librerías» O escritor dun país sen librarías

· (España, 2019) 79 min. [A] VOE
Guinea Ecuatorial independizouse de España hai 50 anos e agora converteuse nun dos países máis illados de África. Entramos nel acompañados polo escritor máis traducido do país, Juan Tomás Ávila Laurel, que en 2011 tivo que refuxiarse en España por denunciar a ditadura de Teodoro Obiang, a máis lonxeva do mundo. A través dos seus libros descubrimos un recuncho de África que aínda segue baixo o impacto de dous séculos de dominación colonial.


"Filme que ten o gran mérito de entrar cunha cámara nun territorio proscrito (...) A película non só evidencia a indiferencia de España coa súa excolonia senón a opulencia indecente da familia Obiang"
(Elsa Fernández-Santos, EL PAÍS)


SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).


Sesións dos mércores




  1 Abr. 2020
Mérc.

«The Perfect Candidate» A candidata perfecta

· (Arabia Saudita, 2019) 101 min. [SC] VOSE
Unha muller está obrigada a retroceder nun aeroporto por mor do seu gardián masculino, cuxos papeis non están en orde. Motivada por este feito, decide iniciar unha campaña para loitar contra as regras machistas que prevalecen en Arabia Saudita en relación ao comportamento social e a influencia da familia sobre decisións importantes e que deberían ser unipersoais.

Premios
2019: Festival de Venecia: Competición Oficial

"Apaixoado e teimoso, o filme conquístanos de inmediato. Canto máis pensemos nela, mellor semella esta fórmula"
(Xan Brooks, THE GUARDIAN)

(Grazas á Concellería de igualdade por confiar a súa colaboración á programación #8M dos filmes propostos polo cineclube)


SESIÓNS:
COTA:
 18, 20:30 e 23:00 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto






Todas as proxeccións son no salón de actos da Casa da Cultura, onde estaba a Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). Pregamos puntualidade.

Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión dobrada cos mesmos patróns E/G.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+N] recomendado para maiores de N anos (onde N é a idade mínima recomendable),... e [SC] Sen calificación dispoñible

ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].



----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas…

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».