06/08/20

Cine de verán

Cumprindo o hábito estival, no verán da nova normalidade voltamos ao , nesta ocasión por avatares borbónicos máis actual e estimulante para as noites de verán; nunha única sesión, dos luns de agosto ás 21:30 h, acceso de balde e con limitación de aforo e obrigada separación de asentos.

(Podedes consultar o noso protocolo de seguridade; aquí)

«Cine de verán 2020» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)



Tomen asento e sexan benvidas. As proxeccións serán na Praza da república (o novo espazo que hai entre a Biblioteca pública "Nós" e o Arquivo histórico provincial de Ourense), agás a primeira proxección que será na Asociación Andén primeiro; Av. Marín 23 de A Ponte.


De seguido o detalle da programación.






  10 Ago. 2020
Lun.

«Young Frankenstein» O noviño Frankenstein

· (EUA, 1974) 105 min. [A] VOSE
O novo doutor  Frederick Frankenstein, un neurocirurxián norteamericano, trata de escapar do estigma legado polo seu avó, quen creou anos atrás unha horrible criatura. Pero, cando herda o castelo de Frankenstein e descobre un estraño manual científico no que se explica paso a paso como devolverlle a vida a un cadáver, comeza a crear o seu propio monstro. 


Premios
1974: 2 nomeamentos ao Óscar: Mellor guión adaptado, son
1974: 2  Nom. Globos de Ouro: Actriz ( Leachman) musical/comedia, actriz  sec. ( Kahn)

A delirante parodia de  Mel  Brooks do clásico de  Mary  Shelley pronto se converteu nun clásico da comedia do terror.”.
(Filmaffinity)



SESIÓN:
COTA:
  21:30 h. (CEST) «Asoc. Andén 1º (Av. Marín núm. 23)», A Ponte
 De balde (até completar o aforo limitado)





  17 Ago. 2020
Lun.

«Stand by me» Conta comigo

· (EUA, 1986) 86 min. [A] VOSE

ATENCIÓN
Por causas meterolóxicas, aprázase a proxección para o mércores 19 de agosto, ás 18 e 21 horas na casa da Cultura (Rúa do Concello núm.11)

Nun pequeno pobo de  Oregón, catro adolescentes lánzanse á aventura de buscar a un raparigo desaparecido. Xogando a ser heroes, o intelixente  Cornie, o rudo e sentimental Chris, o extravagante  Teddy e o medorento  Vern penétranse nun ambiente hostil no que deberán valerse por si mesmos. 


Premios
1974: 2 nomeamentos ao Óscar: Mellor guión adaptado, son

Unha das adaptacións de máis sona dunha historia de Stephen King”.
(Andrew Collins, Radio Times)



SESIÓN:
COTA:
  21:30 h. (CEST) «Casa da cultura», Antiga Biblioteca pública
 De balde (até completar o aforo limitado)





  24 Ago. 2020
Lun.

«Take  the  money  and  run» Colle os cartos e lisca

· (EUA, 1969) 85 min. [A] VOSE
Unha serie de entrevistas, con quen o coñeceu, introdúcenos na vida do incompetente atracador  Virgil  Starkwell, que desde o principio estivo abocado á delincuencia: durante a súa infancia viviu sometido e humillado polos mozos máis fortes, e cando descubriu que a súa carreira musical non tiña futuro, a  Virgil non quedou máis remedio que roubar, pero o seu escaso talento pronto o conduciría ao cárcere. 


Premios
1969: Sindicato de Guionistas ( WGA): Nomeada a Mellor guión orixinal comedia

O asombroso é o ben que funciona todo o tempo. Allen fixo unha película que é, en verdade, un comedia de longa duración, algo moi especial, excéntrico e divertido.”.
(Vincent  Canby, The New York Times)



SESIÓN:
COTA:
  21:30 h. (CEST) «Praza da República», fronte a Biblioteca pública Nós
 De balde (até completar o aforo limitado)




Advertimos como sempre no cine ao aire libre, que a programación pode verse condicionada polas circunstancias meteorolóxicas.
Horarios CUT+2



Participa co cineclube, e comentándonos as túas impresións sobre os filmes que proxectamos, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moito os vosos comentarios.

Todas as proxeccións son en VOSE. A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apto, [+N] recomendado para maiores da idade que marque N, [ND] Non dispoñible a calificación no ICAA.


Pregamos pontualidade e respecto ao resto do público, mantento a máscara como signo de responsabilidade social.









Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas…

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».