Proxéctanse durante o mes de xuño no salón de actos da Casa da cultura de Ourense, onde estaba a Biblioteca (rúa Concello núm. 11) os seguintes filmes dentro do ciclo da primavera musical:
«PJ Harvey: A dog called money»

Nas súas viaxes, a cantante británica PJ Harvey recolle material inspirador que despois converte en cancións. Seamus Murphy documenta o seu proceso creativo e traduce a busca dese material pola artista nunha montaxe poética sen desposuír a Harvey da súa enigmática aura.
"Murphy nunca quere facer un ensaio explícito sobre o xenio e o proceso creativo de PJ Harvey, pero sen querelo triunfa"
(Irene Crespo, CINEMANÍA)
«Africa mia»

1964. En plena Guerra Fría, 10 destacados músicos novos de Malí son enviados a Cuba para estudar música e mellorar o vínculo entre os dous réximes socialistas. Alí contemplan o nacemento dun novo xénero: a música afrocubana e convértense no emblemático grupo "Las Maravillas de Mali". Na véspera de finais do ano 2000, Richard Minier, un produtor francés, coñece a un ex membro do grupo en Bamako e decide facer todo o posible para que a banda volva xuntarse.
(Filme grazas á colaboración do Instituto Francés)
«Crock of gold» Crock of gold; Bebendo con Shane MacGowan

Combinando imaxes de arquivo inéditas da banda e da propia familia de MacGowan, xunto con animacións, entre outros, do ilustrador Ralph Steadman, "Crock of Gold" é unha celebración do poeta punk irlandés Shane MacGowan, cantante e compositor de The Pogues.
Premios
2020 : Festival de San Sebastián: Premio especial do xurado
"A película incrible (...) ten a virtude de divertirse, a efectividade do movemento e a metralla suficiente para ver a ferida, a dor e a poesía do derrotado"
(Oti Rodríguez Marchante, ABC)
Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal e dobrada cos mesmos patróns E/G.
A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+N] recomendado para maiores de N anos (onde N é a idade mínima recomendable),... e [SC] Sen calificación dispoñible
ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite retirar a máscara de protección e o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].

----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Que dia rematan as proyeccios
ResponderEliminar