15/06/21

Sesións extraordinarias de xuño

A petición da comisión organizadora do Orgulho 2021 e do Colexio de médicos de Ourense, proxectaremos extraordinariamente dous filmes para tratar sobre a Lei de liberdade sexual e sobre a eutanasia (está última, vaise debatir en poucos días no Congreso). Atención aos días e horarios únicos, e diferentes, do acostumado.




  17 Xuñ. 2021
Xov.

«Persoas S.A.»

· (España, 2020) 82 min. [SD] VOS

O colectivo LGBTIQ, e as loitas interseccionais que representa ou pode representar, pénsase nas charlas dos cafés, nas imaxes de arquivo, na manifestación a prol dunha lei trans estatal ou no medio dunha montaña, ao longo da historia e dos continentes, mentres tomas o aperitivo ou teces.

Para Brais foi importante conxelar óvulos antes do tratamento de hormonación, para Laura non foi sinxelo medrar sendo lesbiana na Arxentina dos anos oitenta, Óscar non saiu do armario ata chegar á facultade, a Chartreusse gústalle empregar pronomes non binarios e Daniela lembra a primeira vez que preguntou por Bibiana Fernández. Jeane fala desde unha perspectiva afrodescendente, Lalo lembra o París dos anos 70 e as loitas sociais galegas vinculadas ao movemento pola liberación sexual, Marina non esquece as mortes no Campo Grande de Valladolid e as compañeiras que participaron da organización da primeira manifestación LGBT no estado falan desde Barcelona.

Son moitas as voces non normativas e tamén cishetero que se mesturan para conformar un relato sito no cotiá das nosas vidas dun verán marcado pola pandemia


SESIÓNS:
COTA:
 20:00 h. (CUT+1)
  Á vontade





  23 Xuñ. 2021
Mérc.

«Stille hjerte» Corazón silencioso

· (Dinamarca, 2014) 97 min. [+12] VOSE

Tres xeracións dunha familia reúnense unha fin de semana. As irmás,  Sanne e  Hedidi, aceptaron que a súa nai, enferma terminal, desexe poñer fin á súa vida antes de que o seu estado empeore. Pero segundo transcorre a fin de semana, a decisión da nai resulta cada vez máis difícil de aceptar e vellos conflitos saen á superficie. 

Premios
2014: Festival de San Sebastián: Mellor actriz ( Paprika  Steen)


"Un tema tan doloroso e sombrío está desenvolto con extrema delicadeza,  verosimilitude, sensacións recoñecibles, humanidade nada postiza nin  sensiblera e intérpretes convincentes"
(Carlos Boyero, EL PAÍS)

SESIÓNS:
COTA:
 19:30 h. (CUT+1)
  Sen datos







Lembramos que todas as proxeccións son no salón de actos da Casa da Cultura, onde estaba a Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). Pregamos puntualidade.

Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal e dobrada cos mesmos patróns E/G.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+N] recomendado para maiores de N anos (onde N é a idade mínima recomendable),... e [SD] Sen datos

ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite retirar a máscara de protección e o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].



----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas…

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».