Dentro das sesións de filmoteca, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos entre o 20 de outubro e o 24 de novembro de 2025, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).
Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]
  20
Out.
2025
Lun.
«( 风流一代 ) Feng liu yi dai» Á deriva
 
Jia Zhang-Ke · (China-Francia-Xapón, 2024) 111 min. Cor. Dolby dixital. RA 1,85:1 [+12] VOSE 
A principios dos anos 2000, en China, Qiaoqiao e Bin viven un amor apaixonado pero fráxil, cantando, bailando e gozando de todo o que a cidade de Datong lles pode ofrecer. Mais un día Bin decide probar sorte noutra provincia máis grande e marcha sen avisar nin deixar rastro. Tempo despois, Qiaoqiao decide emprender unha viaxe para tratar de localizalo.
"Alén de tocar profundamente o corazón co seu halo romántico e embriagar o espírito, ofrece un retrato poliédrico e complexo da China contemporánea."
(Filmoteca de Galicia)
SESIÓNS:
COTA:
 20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).
27
Out.
2024
Lun.
«Lo straniero» O estranxeiro
 
Luchino Visconti · (Italia-Francia-Alxeria, 1967) 104 min. Cor.  RA 1,66:1 [ND] VOSE
Alxer, 1935. Meursault é un home discreto e apático, cunha vida plana e intranscendente. Ante a morte da súa nai permanece indiferente, sen mostrar ningunha emoción nin derramar unha soa bágoa. Pouco despois empeza unha relación sentimental con Marie, unha muller que en realidade non significa nada para el. E cando accede a axudar un veciño nun asunto relacionado cunha moza árabe, Meursault acaba matando, sen saber por que e a sangue frío, o irmán da rapariga. Meursault é arrestado e acusado de asasinato.
"Retomando a Albert Camus, Visconti logra unha dás alegorías máis viscerais sobre unha humanidade que se afunde na apatía diante do resultado do seu propio proceso de autodestrución."
(Martín Chiavarino, metacultura.com.ar)
SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+0) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).
3
Nov.
2024
Lun.
«À Nos Amours» Aos nosos amores
 
Maurice Pialat · (Francia, 1983) 95 min. Cor. RA 1,66:1 [+16] VOSE
Suzanne é unha moza de dezaseis anos cunha vida sexual moi activa pero sen interese polas relacións románticas. Na súa casa, a situación é tensa: seu pai abandonounos, súa nai ten tendencias neuróticas e seu irmán bate nela.
Premios
1983: Premios César; Mellor filme
"Unha das mellores representacións cinematográficas da relación pai-filla"
(Richard Brody, The New Yorker)
SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+0) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).
17
Nov.
2025
Lun.
«Le notti bianche» Noites brancas
 
Luchino Visconti · (Italia-Francia, 1957) 97 min. BeN. RA 1,66:1 [A] VOSE
Unha noite, preto dunha ponte, un mozo coñece a unha rapariga que espera a chegada do seu amante. A moza pídelle axuda para localizar á súa parella porque sospeita que está a residir nun hotel da localidade.
Baseado na “Novela sentimental: Das memorias dun soñador” (Сентиментальный роман: Из воспоминаний мечтателя), de Fiódor Dostoyevski.
Premios
1957: Festival de Venecia: León de prata a Luchino Visconti
1958: Nastro D´argento: mellor actor (Marcelo Mastroiani)
"A priori bastante fiel ao escritor ruso, cunha extrema elegancia na posta en escena (a este respecto, véxase como van os diferentes flashbacks), a inesquecible actuación dun mozo Mastroianni fermoso como un deus e música grandiosa de Nino Rota, fan desta obra unha película embriagadora. Un conto de fadas agridoce e atemporal !"
(Erick Maurel, dvdclassik.com)
SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+0) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).
24
Nov.
2025
Lun.
«Los hijos de fierro»
 
Fernando E. Solanas · (Arxentina, 1972) 118 min. BeN.  AR 1,66:1 [+7] VOSE
Paráfrase do poema Martín Fierro interpretado en termos histórico-políticos e situado na época contemporánea. Intento de reconstruír desde a historia oral a epopea protagonizada polo pobo arxentino desde a perda da súa soberanía (1955) ata a reconquista da mesma (1973). Historia, mito e realidade fundidas nunha parábola crítica que transcende calquera cronoloxía, para expresar as vicisitudes e as arelas de liberación do pobo arxentino na maior parte do que vai de século.
[Pt]: "Mesmo quem não consiga decifrar todas as referências pode se deliciar com o estilo efusivo de Solanas e com a magnífica fotografia em preto e branco do futuro diretor Juan Carlos Desanzo, que em muito lembra as imagens de Luiz Carlos Barreto e Dib Lutfi em «Terra em Transe»."
(Carlos Alberto Mattos, carmattos.com)
SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+0) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).
As proxeccións son no salón de actos da Casa da Cultura, onde estaba a Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). A capacidade da sala está limitada a 110 persoas por sesión.
Pregamos puntualidade.
Lembre que se vostede presenta síntomas de catarro, gripe ou COVID, pregamos use a máscara de protección dentro da sala.
Os símbolos desta web son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.
A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.
Cando se proxecte en resolución 4096 × 2160 px, farase constar /4K/. Cando sexa en celuloide 35 ou 16 mm, /Nº mm/ e sen constancia explícita; ésta será en VXGA (DVD,BluRay ou mp4). A diferencia entre a resolución da primeira e a última son 8 millóns de px fronte a dous millóns de px.(1,9 K).
A continuación, pode consultar aquí... a política de privacidade, a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.
ADVERTENZAS:
Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección * sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Horarios CUT+1
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas…
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».