29/09/26

Cine de outono en Ribadavia

Dentro das habituais citas do outono no Museo etnolóxico de Ribadavia, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos os venres e sábados, con acceso de balde.






  16 Out. 2026
Ven.

«Oficios en desaparición. 1ª parte»

· (España, 1994-2007) Total sesión: 69 min. Cor. [SC] VOE

Nas XIV Miradas etnográficas deste ciclo de outono no Museo etnolóxico de Ribadavia, como o ano pasado, propoñemos unha correspondencia coa exposicións actuais e eliximos varias curtametraxes de oficios en desaparición, da produtora Pyrene P.V, no que o recoñecido documentalista Eugenio Monesma leva traballando desde varios anos, con diversas temáticas.


El afilador

Eugenio Monesma (España, 2001) 8 min.

Castro-Caldelas (Ourense) foi o epicentro dunha comarca que xerou moitos galegos que se dedicaron a un dos oficios nómades da nosa cultura occidental: o afiador de coitelos itinerante.

Magia rural

Eugenio Monesma (España, 2007) 7 min.

Mostra antigos rituais de purificación populares da provincia de Araba para espantar os malos espíritos e as bruxas nas aldeas

Los vinateros

Eugenio Monesma (España, 1994) 17 min.

Documenta a elaboración artesanal e tradicional do viño caseiro na zona de Huesca.

Los segadores

Eugenio Monesma (España, 1998) 25 min.

Amosa o antigo e duro traballo da sega e a trilla nos pobos de Aragón.

Zapatos de madera

Eugenio Monesma (España, 1994) 12 min.

Toñucu é un dos poucos artesáns que sigue a elaborar as tradicionais madreñas (Zocas), un tipo de calzado utilizado habitualmente para o traballo no campo



SESIÓN:
COTA:
  19:00 h. «Museo Etnolóxico de Ribadavia», Ourense
 De balde




  17 Out. 2026
Sáb.

«Oficios en desaparición. 2ª parte»

· (España, 1996-2001) Total sesión: 59 min. Cor. [SC] VOE

Segunda parte das XIV Miradas etnográficas, coas seguintes curtas:

La molienda del trigo

Eugenio Monesma (España, 2001) 9 min.

A moenda tradicional do trigo mostra o funcionamento artesanal dos antigos muíños de auga de pedra

Los carreteros

Eugenio Monesma (España, 2000) 19 min.

Mostra a vida tradicional, a produción artesanal de carros de madeira e o duro traballo do transporte de mercadorías e leña con bois.

Toneles y barriles

Eugenio Monesma (España, 1996) 17 min.

O documental amosa a fabricación tradicional destes recipientes de madeira para o viño.

Chubasquero de partores

Eugenio Monesma (España, 2001) 14 min.

Traballo centrado nesta roupa tradicional impermeable, especialmente usado na provincia de Ourense



SESIÓN:
COTA:
  19:00 h. «Museo Etnolóxico de Ribadavia», Ourense
 De balde





  23 Out. 2026
Ven.

«Az prijde kocour» Un día, un gato

· (Checoslovaquia, 1963) 91 min. Cor. RA: 1,85:1 - [ND] VOSG

As décimo quinta edición das Marxes fílmicas enfíanse nesta ocasión, cunha das exposicións próximas do Museo etnolóxico de Ribadavia; “Os pregos de cordel”, que servían para transmitir romances, poesía ou sucesos tráxicos, relatados xeralmente por cegos cantores ou xograres medievais.

Eliximos dous filmes a proxectar da Nova Onda Checa (La Nová Vlna), que foi un dos movementos cinematográficos máis importantes do mundo na frutífera década dos sesenta. Dicimos comunmente checa, e non checoslovaca, porque os cineastas eslovacos foron nela minoría e porque se trata dun grupo xurdido dunha xeración que estudou a sétima arte na Escola de Cine e Televisión da Academia de Artes Escénicas de Praga (FAMU) a inicios desa década. Non é a primeira película deste movemento, xa que no 2015 proxectáramos na nocturnidade do patio do museo, o filme de Vero Chytilova (Sedmikrasky "As margaridas") e que logo posteriormente proxectamos unha versión en 4K, na sala do Cineclube en 2025.

Nunha vila de a bohemia checoslovaca (Telč) un profesor de primaria e un grupo de nenos loitan por vivir unha vida en harmonía con todo o que os rodea: o bosque, os animais, os vellos, os tolos. O ambiente xeral no pobo opónselles: adultos un pouco pusilánimes, que golpean aos seus nenos, enganan ás súas parellas, saen a cazar e rin dos outros.

Un vello mariñeiro e poeta tolo, que coida o reloxo do pobo, visítaos na clase e cóntalles a historia dun gato con lentes que, ao quitarllos, revela a verdade das persoas ao seu redor: os namorados tínguense de vermello, os infieis de amarelo, os hipócritas de violeta e os ladróns de gris. Mentres fala, os nenos debuxan a toda velocidade gatos nas súas follas brancas. Cada gato é un mundo cheo de cores e formas, cunhas posibilidades infinitamente máis grandes que os catro cores que lles tocan aos adultos.

Premios
1963: Festival de cannes; premio especial do xurado


"Unha encantadora historia que transmite á perfección a fascinación dos contos e fábulas da infancia"
(cinemaldito.com)


SESIÓN:
COTA:
  19:00 h. «Museo Etnolóxico de Ribadavia», Ourense
 De balde




  24 Out. 2026
Sáb.

«Dáblova past» A trampa do demo

· (Checoslovaquia, 1962) 85 min. B&N. RA 1,37:1 [ND] VOSG

Un sacerdote viaxa a unha aldea para investigar os supostos vínculos dun muiñeiro co demo. Pronto descobre que hai motivos políticos e persoais detrás da acusación, pero cederá á súa vontade para o seu propio beneficio.


"Considerado o precursor da Nova Vaga checoslovaca, Vlačil, debido á súa visión poética, permanece dalgún xeito á marxe de todos os movementos imperantes."
(Elena, Rubashevska, Ukranian poetic cinema)


SESIÓN:
COTA:
  19:00 h. «Museo Etnolóxico de Ribadavia», Ourense
 De balde





As proxeccións son no Museo Etnolóxico de Ribadavia (Rúa Santiago núm. 16, 32400 Ribadavia).

Pregamos puntualidade.

Os símbolos desta web son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / Pt portugués.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.



Tamén podes consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.







Horarios CUT+0



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas…

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».