14/04/14

Extra abril—maio 2014


Actividades paralelas para esta primavera intensa, velaquí o menú do que vos temos preparado:


O día 21 de abril, luns

Capa do libro «Jugar con la memoria. El cine portugués en el siglo XXI»
Na sesións de filmoteca, aparte da presentación do propio filme a cargo de Iván Villarmea Álvarez (co-director da revista de cine ), presenta tamén o libro «Jugar con la memoria. El cine portugués en el siglo XXI» de .

 

Semana do 21 ao 25 de abril

Co gallo de cumprirse este ano os «40 anos da revolução dos cravos», o cineclube Padre Feijoo (cineclubePF) organiza unha barricada de imaxes de arquivo (1975) sobre a revolución dos caraveis, que se amosaran en diferentes puntos da cidade, sen aviso previo (e sen a gubernativa autorización… como os feitos amotinados co poder establecido), evocando estados e sentimentos de fai 40 anos.
 
O día 6 de maio, martes

«Portugal no coração»: revisamos os «Clásicos do cinema portugués», o primeiro filme (dos tres que o compoñen) son proxectados no Campus Universitario nunha única sesión, as 18 h.; agardamos deleiten non son ao galego-lusófonos (os filmes son en versión orixinal con subtítulos ao portugués) senón tamén, a todo aquel/a que teña interés por descubrir, a entrada é de balde polo que non tedes excusa.
 
O día 8 de maio, xoves

Enmarcado na XIX edición da Mostra de Teatro Universitario «MITEU», proxección especial do documental feito polo activista , que senón hai imprevistos de última hora, contaremos coa súa presencia para debater o seu traballo e todo o relacionado ca primavera exipcia que vos suscite interés.
Sesións ás 18 e 23 h. e cunha cota xeral de entrada de 2  
 
Os días 13 e 15 de maio, martes e xoves

«Portugal no coração»: o segundo e terceiro filmes do ciclo «Clásicos do cinema portugués».
Lugar: Campus Universitario ás 18 h, filmes en VOSPt e con entrada de balde.
 


Todas as actividades se desenvolven na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11) agás o ciclo de «Cinema clásico portugués», que será na sala Emilia Pardo Bazán da facultade de Ciencias da Educación, edificio de ferro, no das Lagoas.



(horarios CUT+1)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Por favor teña en conta estas pautas…

Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.

Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.

En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.

Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».