Neste mes de abril, cúmprense os 40 anos da revolta dos caraveis.
Portugal, cun pasado militar semellante a España, porén foi quen de reescribir dignamente unha parte da súa historia, cunha frase veraz apenas en uso: «O povo é quen máis ordena».
 
 Deseño do cartaz: Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
Deseño do cartaz: Iñaki Nóvoa (cineclupePF)Precisamente, Portugal, comeza a pesares dos seus atrancos na súa economía, a ser centro de olladas periféricas, atrapadas entre a tradición e novos discursos estéticos dos cineastas lusos, que lamentablemente son pouco coñecidos e distribuidos en España. Non podemos amosar todos os que nos gustarían, precisamente polos avatares da distribución cinematográfica, mais sirva o programa que os presentamos, para así descubrir que fixeron e que é o que está a acontecer.
Excepcionalmente neste ocasión, hai proxeccións fora do ciclo, varían horas, sumamos días, e novos lugares, polo que pregámosvos unha atención especial aos seguintes detalles…
Sesións: 
*  
Os 
luns ás 20:30 e 23 
h. — Cota de entrada xeral: 2 
€
Os 
mércores ás 18, 20:30 e 23 
h — Cota de entrada xeral: 4 
€
Sesións na universidade: «Clásicos do cinema português» ás 18 
h. — Entrada de balde. 
* Agás o luns 28 de abril, unha única sesión ás 20:30 h.
O luns de filmoteca do 5 e 12 de maio a entrada ás sesións é de balde.
Os socios e socias que asistan á sesión do luns, na mesma semana, teñen desconto dun euro na sesión dos mércores.
Lugares:
Biblioteca pública (casa da Cultura), rúa Concello 11
Campus Universitario, Facultade de Ciencias da Educación - edificio de ferro, sala Emilia Pardo Bazán
Proxeccións en 
VO e 
VOS; filmes non recomendados para menores de 16 anos.
Lembrade por favor, que 
NON se permite a entrada unha vez comezada a proxección e a utilización de móbiles.
 
E de seguido, velaquí tedes a segunda parte do noso intenso programa primaveral que dimos por chamar «Portugal no coração», Márcia e Dead Combo poñen o son ao noso avance visual [.mp4 • 10'3 MB]  e como din no seu tema «Visões Ficções»… «São tudo fantasias que o cinema projectou no meu olhar».
Obrigado pola vosa asistencia.
luns 21 de abril do 2014
 
Velo avance do filme: 
You Tube [. mp4 · 14'1 MB] VO
 
Título: «Centro Histórico» 
Ano: 2012
País: Portugal
Directores: Pedro Costa, Manoel de Oliveira, Víctor Erice  e Aki Kaurismäki  
Guionistas: Pedro Costa, Manoel de Oliveira, Víctor Erice e Aki Kaurismäki 
Música: Pedro Santos 
Fotografía: Pedro Costa, Timo Salminen e Valentín Álvarez 
Reparto: Judite Araujo, Maria Fatima Braga Lima, Arlindo Fernandes, Filomena Gigante, Cruz José… 
Duración: 80 min.
Productora: Globalstone RV Films | Nautilus Films  
Distribuidora: Splendor Films 
Exhibición: Dixital (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 (16:9) · Dolby dixital 
Idiomas: portugués  · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Contaremos coa presencia de Iván Villarmea Álvarez (co-director da revista de cine 
A Cuarta Parede) que presenta o libro «
Jugar con la memoria. El cine portugués en el siglo XXI» de 
Sangri-la edicicións.
Sipnose:
  
Unha longametraxe con catro historias ambientadas en 
Guimarães, co gallo da capitalidade cultural.
Crítica:
 
Filme nado como manifesto cinematográfico de 
Guimarães, nela o episodio de 
Víctor Erice é outra mostra do seu xenio.
Javier Ocaña (
El País) 
 
 
 
 
mércores 23 de abril do 2014
 
Velo avance do filme: 
You Tube [. mp4 · 35'5 MB] VOS
 
Título: «Mistérios de Lisboa» · (Misterios de Lisboa) — 1ª parte
Ano: 2010
País: Portugal
Director: Raúl Ruiz 
Guión: Carlos Saboga 
Música: Jorge Arriagada e Luís Freitas Branco 
Fotografía: André Szankowski 
Reparto: Adriano Luz, Maria João Bastos, Ricardo Pereira, Clotilde Hesme, Afonso Pimentel… 
Duración: 130 min. (1ª parte) 
Productora: Clap Filmes  
Distribuidora: Alfama Films | Doc&Film International 
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital 
Idiomas: portugués  · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
  
Século 
XIX. A través dunha viaxe de Portugal a Francia, Italia e mesmo Brasil, asistimos a un vórtice de aventuras e fugas, coincidencias e revelacións, romances, paixóns violentas e vinganzas. En Lisboa, unha cidade chea de intrigas e identidades falsas, varios personaxes están vinculados dunha ou outro xeito ao destino de 
Pedro dá Silva, un orfo que vive nun internado: o pai 
Dinis, un descendente de aristócratas libertinos, que se converte en heroe defensor da xustiza, unha condesa toleada polos celos e sedenta de vinganza, un próspero home de negocios que fixo fortuna como pirata sanguinario… Todos estes personaxes teñen un interese común: descubrir a verdadeira identidade de 
Pedro dá Silva.
Premios e mencións:
2011 · 
Satellite Awards: mellor filme de fala non inglesa.
2010 · Festival de San Sebastián: mellor director.  
Crítica:
 
"Exquisitez suprema. (…) Non se asusten das súas case catro horas e media de duración, porque non hai un só minuto delas que non conteña cinema en estado puro"
Jordi Batlle Caminal (
La Vanguardia) 
 
 
 
 
Semana do 21 ao 25 de abril
 
O 
cineclubePF organiza unha barricada de imaxes de arquivo (
1975) sobre a revolución dos caraveis, que se amosaran en diferentes puntos da cidade, sen aviso previo (e sen a gubernativa autorización… como os feitos amotinados co poder establecido), evocando estados e sentimentos de fai 40 anos.
luns 28 de abril do 2014
 
Velo avance do filme: 
You Tube [. mp4 · 5'3 MB] VO
 
Título: «Sangue do Meu Sangue» Sangre de mi sangre 
Ano: 2011
País: Portugal
Director: João Canijo  
Guión: João Canijo 
Fotografía: Mário Castanheira 
Reparto: Rita Blanco, Anabela Moreira, Cleia Almeida, Rafael Morais, Nuno Lopes… 
Duración: 190 min.
Productora: Midas Filmes  
Exhibición: Dixital (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 (16:9) · Dolby dixital 
Idiomas: portugués  · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:  
Márcia é nai solteira de dous fillos, traballa como cociñeira e comparte a súa casa nun barrio periférico de Lisboa coa súa irmá, 
Ivete, perruqueira nun centro comercial. Un día, 
Cláudia, a súa filla, que estuda enfermaría e traballa como caixeira nun supermercado, cóntalle que se namorou dun home casado maior ca ela.
Crítica:
 
"O filme amosase diante do espectador como unha brutal e desangueda proba de sinceridade (…) sorprende.""
Luis Martínez (
El Mundo) 
 
 
 
 
mércores 30 de abril do 2014
 
Velo avance do filme: 
You Tube [. mp4 · 35'5 MB] VOS
 
Título: «Mistérios de Lisboa» · (Misterios de Lisboa) — 2ª parte
Ano: 2010
País: Portugal
Director: Raúl Ruiz 
Guión: Carlos Saboga 
Música: Jorge Arriagada e Luís Freitas Branco 
Fotografía: André Szankowski 
Reparto: Adriano Luz, Maria João Bastos, Ricardo Pereira, Clotilde Hesme, Afonso Pimentel… 
Duración: 133 min. (2ª parte) 
Productora: Clap Filmes  
Distribuidora: Alfama Films | Doc&Film International 
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital 
Idiomas: portugués  · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
  
Século 
XIX. A través dunha viaxe de Portugal a Francia, Italia e mesmo Brasil, asistimos a un vórtice de aventuras e fugas, coincidencias e revelacións, romances, paixóns violentas e vinganzas. En Lisboa, unha cidade chea de intrigas e identidades falsas, varios personaxes están vinculados dunha ou outro xeito ao destino de 
Pedro dá Silva, un orfo que vive nun internado: o pai 
Dinis, un descendente de aristócratas libertinos, que se converte en heroe defensor da xustiza, unha condesa toleada polos celos e sedenta de vinganza, un próspero home de negocios que fixo fortuna como pirata sanguinario… Todos estes personaxes teñen un interese común: descubrir a verdadeira identidade de 
Pedro dá Silva.
Premios e mencións:
2011 · 
Satellite Awards: mellor filme de fala non inglesa.
2010 · Festival de San Sebastián: mellor director.  
Crítica:
 
"Exquisitez suprema. (…) Non se asusten das súas case catro horas e media de duración, porque non hai un só minuto delas que non conteña cinema en estado puro"
Jordi Batlle Caminal (
La Vanguardia) 
 
 
 
 
luns 5 de maio do 2014
 
Velo avance do filme: 
You Tube [. mp4 · 21'2 MB] VO
 
Título: «Arraianos» 
Ano: 2010
País: España
Director: Eloy Enciso Cachafeiro 
Guionistas: Eloy Enciso e José Manuel Sande  
Música: Vasco Pimentel e Tiago Matos 
Fotografía: Mauro Herce 
Reparto: Aurora Salgado, Antonio Ferreira, Eulalia González, Celsa Araujo… 
Duración: 70 min.
Productora: Artika Films | Zeitun Films 
Distribuidora: Cine Binario Films 
Exhibición: Dixital (DVD) · Cor 
Idiomas: galego e castelán  · VOS (versión orixinal subtitulada)
Sipnose:
  
Crónica sobre un pequeno pobo perdido nas montañas da fronteira entre Galicia e Portugal, unha comunidade rural que se resiste a desaparecer. Os momentos de ficción coexisten coa vida diaria dos veciños que, sorprendentemente, interpretan diálogos dunha obra existencialista e lírica chamada «O bosque», do escritor 
Jenaro Marinhas del Valle. Mentres realidade, mitos e sonos se confunden, aparece un estraño que anuncia unha profecía.
Na presentación do filme contaremos coa presencia de Xosé Manuel Sande, o guionista (e ademáis programador do 
CGAI). Entrada de balde até completar o aforo de 110 persoas.
 
 
 
 
martes 6 de maio do 2014
 
 
Título: «A Vizinha do Lado» · (A veciña do lado)
Ano: 1945
País: Portugal
Director: António Lopes Ribeiro 
Guión: António Lopes Ribeiro e Vieira de Sousa 
Música: Jaime Silva Filho 
Fotografía: Octávio Bobone 
Reparto: Silvestre Alegrim, Carlos Alves, Emilia D'Oliveira, Maria de Lourdes, Carmen Dolores… 
Duración: 115 min.
Productora: Companhia Portuguesa de Filmes | Sociedade Portuguesa de Actualidades Cinematográficas (SPAC) 
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · B/N · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital 
Idiomas: portugués  · VOSPt (versión orixinal subtitulada ao portugués)
Sipnose:
  
O profesor de ética, 
Prácido Mesquita, vén a Lisboa a visitar ao seu sobriño 
Eduardo para rescatalo dunha vida condenable de malos vicios e atópao dividido entre a paixón pola súa veciña do lado, a moza 
Mariana, e a relación amorosa que mantén con 
Isabel Moreira, artista de variedades valente e moi determinada. O veciño 
Saraiva e o porteiro 
Jerónimo contribúen á confusión que se instala no edificio e contaxia o profesor, que ve o obxectivo da súa viaxe radicalmente alterada.
 
 
 
mércores 7 de maio do 2014
 
Velo avance do film: 
You Tube [. mp4 · 5'6 MB]
 
Título: «América uma história portuguesa» · América, una historia muy portuguesa (América, unha historia ben portuguesa)
Ano: 2010
País: Portugal
Director: João Nuno Pinto  
Guionistas: João Nuno Pinto, Luísa Costa Gomes e Melanie Dimantas 
Música: Mikel Salas 
Fotografía: Carlos Lopes 
Reparto: Chulpan Khamatova, Fernando Luís, María Barranco, Dinarte Branco, Cassiano Carneiro… 
Duración: 111 min.
Productora: ANCINE | Fondo Ibermedia | ICA | RTP | ICAA 
Distribuidora: Karma films 
Exhibición: Dixital (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital 
Idiomas: portugués · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:  
Lisa, unha fermosa moza rusa, está casada con 
Víctor, un portugués. 
Fernanda, a ex esposa española de 
Víctor, decide aproveitarse das ondas de inmigrantes ilegais que chegan a Portugal para facer negocio vendendo pasaportes falsos. Pero esto da lugar a que a casa de 
Lisa, moi ao seu pesar, convírtese nun centro de reinserción social para inmigrantes de diversas razas e nacionalidades. Entre elos atópase 
Andrei, un rapaz ucraniano buscado pola mafia rusa, que acaba namorándose dela.
Crítica:
 
"Rodada con esmero y toques de estética visual nada gratuita, el turbio tono fotográfico entronca con el ambiente claustrofóbico donde se desarrolla su historia (…) " 
Lluís Bonet Mojica (
La Vanguardia)
 
 
 
 
Proxección especial · XIX edición da MITEU
xoves 08 de maio do 2014
Título: «??? ???» — Sugar on the Side — · Azúcar aparte
Ano: 2013
País: Exipto
Director: Basel Ramsis 
Guión: Basel Ramsis 
Xénero: documental 
Duración: 77 min.
Productora: Dayra Arts | Basel  Ramsis 
Distribuidora:  Dayra Arts | Basel  Ramsis 
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital 
Idiomas: árabe  · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
  
Exipto, verán do 
2013. Namentras un poder político cae e outro estase a establecer, 
Nehmedo, 
Hanan e outras tantas mulleres, viven entre e soño de mellorar a súa situación casando dunrante uns días con homes procedentes da zona do Golfo, e a súa vida diaria, marcada pola probreza, a discriminación e a violencia, nun pobo marxinado ao sur de Guiza.
 
 
 
 
luns 12 de maio do 2014
 
 
Título: «O Quinto Evanxeo de Gaspar Hauser» 
Ano: 2013
País: España
Director: Alberto Gracia 
Guión: Alberto Gracia  
Son: Enrico Fiocco  
Fotografía: Mauro Herce 
Reparto: Josecho, Sara García, Oliver Laxe, Nando Vázquez… 
Duración: 61 min.
Productora: Zeitun Films | AGADIC 
Distribuidora: Zeitun Films 
Exhibición: Dixital (DVD) con textura en 16mm · B/N 
Idiomas: galego  · VO (versión orixinal)
Sipnose:
  
Novo episodio das peripecias do «
enfant sauvage» 
Gaspar Hauser, acompañado do seu inseparable e querido cabaliño de madeira. Suxeito imposible, Gaspar ten nesta ocasión a personalidade fragmentada en cinco personaxes arquetípicos: un anano sadomasoquista, unha sedutora doncela, un tipo cínico e déspota, un mariñeiro romántico e un batman patético, encarnado este último polo propio director da película. Un antiheroe de bata e zapatillas, fumador compulsivo, que representa a inadaptación na que está inserido o home decepcionado, o home que pensa, o home que é deste mundo sen selo.
Premios e mencións:
2013 · 
Rotterdam International Film Festival: premio 
FIPRESCI.
Crítica:
 
"Procedente do mundo das artes plásticas, Gracia elabora un artefacto fílmico non identificado que conta con grandes secuencias, especialmente o capítulo no que busca triángulos na natureza. Se cadra irregular, pero dende logo valente, é a película dun neno que aprende a ollar, que non ten medo a volver á caverna para corrixir os erros dunha narración viciada."
Víctor Paz Morandeira (
A Cuarta Parede) 
 
 
 
 
martes 13 de maio do 2014
 
Ver o avance: 
You Tube [. mp4 · 2'8 MB] VO
 
Título: «Saltimbancos» 
Ano: 1951
País: Portugal
Director: Manuel Guimarães 
Guión: Leão Penedo 
Fotografía: Salazar Dinis 
Reparto: Maria Olguim, Helga Liné, Artur Semedo, Jose Vitor, Manuel Correia… 
Duración: 82 min.
Productora: Lisboa Filme | Costa do Castelo Filmes 
Distribuidora: Mar Filmes 
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · B/N · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital 
Idiomas: portugués  · VOSPt (versión orixinal subtitulada ao portugués)
Sipnose:
  
Conta a historia duns artistas (coas súas miserias e conflitos) dun pequeno circo que percorre os pobos de Portugal.
 
 
 
mércores 14 de maio do 2014
Presentación do novo ciclo
xoves 15 de maio do 2014
Título: «Belarmino»
Ano: 1964
País: Portugal
Director: Fernando Lopes 
Guión: Fernando Lopes 
Música: Justiniano Canelhas e Manuel Jorge Veloso 
Fotografía: Augusto Cabrita 
Reparto: Belarmino Fragoso, Jean Pierre Gebler, Maria Teresa de Noronha, Bernardo Moreira, Júlia Buisel… 
Duración: 72 min.
Productora: Produções Cunha Telles 
Distribuidora: Doperfilme 
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · B/N · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital 
Idiomas: portugués  · VOSPt (versión orixinal subtitulada ao portugués)
Sipnose:
  
O campión de boxeo retirado 
Belarmino responde á cámara en primeiro plano. Dese xeito, despois o documental segue o ex-deportista na súa rutina diaria: na casa coa súa familia, mirando as mulleres mentres traballa como porteiro nun clube nocturno e tamén durante as súas sesións de adestramento.
 
 
 
 

 
Engadir a programación no teu 
calendario [.ics · 9 kB]
Lembrade que, temos propostas e liñas abertas á vosa colaboración e participación:
- Animádevos a presentar algún dos filmes programados (lígase despois, bbfff… unha barbaridade…, hai unha chea de recoñecemento social, fanche descontos, entras de balde á sesión, invitamos a unha caña… etc.)
- Queremos por en marcha o Ambigú do cineclube na biblioteca (un espazo de reflexión e debate sobre os filmes programados ou ben, os que hai no depósito na biblioteca)
- Tes ao seguir estas liñas, todo  o espazo do mundo, para comentar, suxerir ou espallar polas redes sociais, aquelo que consideres xusto e necesario. O apreciamos con sinceridade e propósito de enmenda.
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas…
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».