«Sen to Chihiro no Kamikakushi» · A Viaxe de Chihiro
mércores 7 de xaneiro, na Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), en duas sesións: ás 18 (VD) e (VOSe)20:30 h., cota xeral de acceso para os/as socios/as de 4 € (non socios/as: 5 € + IVE), o filme
Velo avance do filme: You Tube[. mp4 • 7'9 Mb] VOS
Título: «Sen to Chihiro no Kamikakushi» · El viaje de Chihiro
(A Viaxe de Chihiro) Ano: 2001 País: Xapón Director: Hayao Miyazaki Guionista: Hayao Miyazaki Música: Joe Hisaishi Fotografía: Atsushi Okui Xénero: Animación Duración: 124 min. Productora: Studio Ghibli | Tokuma Shoten | Dentsu | Walt Disney Pictures Distribuidora: Vértigo Films Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.87:1 Idiomas: inglés e castelán · VD e VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose: Chihiro é unha nena de dez anos que viaxa en coche cos seus pais. Despois de atravesar un túnel, chegan a un mundo fantástico, no que non hai lugar para os seres humanos, só para os deuses de primeira e segunda clase. Cando descobre que os seus pais foron convertidos en cochos, Chihiro síntese moi soa e asustada.
Premios e mencións: 2003 · BAFTA: nominada ao mellor filme de fala non inglesa 2002 · Oscar™: mellor longametraxe de animación :: Festival de Berlin: Oso de Ouro (ex aequo con «Bloody Sunday») :: Cesar®: mellor filme estranxeiro :: NBR: mellor longametraxe animado :: Asociación de Críticos de Los Angeles: mellor longametraxe de animación
Crítica:
"Brilante, tenra e terrible, Chihiro é un monumento á animación dos nosos días, unha desos filmes que cheiran a algo que só obteñen un puñado de títulos senlleiros: a clásico indiscutible, a lección perenne…" Mirito Torreiro (El País)
Filme recomendable para todos os públicos, en especial para nenas e nenos a partires dos nove anos.
Lembrade tamén que
luns 12 de xaneiro, «sesión de Filmoteca» ás 20:30 e 23 h.
A cota xeral de acceso para socios e socias é de 2 €, co resgardo da «sesión filmoteca» deste luns, tes 1 € de desconto nesa semana na sesión do mércores, non aplicable no caso de sesións de balde, deste xeito tes dous filmes por 5 €.
Para os non asociados/as, a cota de acceso xeral é de 2'5 € (+ IVE) e non se aplican descontos; xa tardas en facerte socio/a.
Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións. Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o/a doutro/a lector/a é unha práctica inaceptable.
Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.
Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios do blogue do cineclube «Padre Feijoo» (cineclubePF) e calquera dos sitios da «Feciga».
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Por favor teña en conta estas pautas…
Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións.
Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.