Proxéctase os luns dos meses de xaneiro—febreiro de 2015, na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), en dúas sesións: 20:30 e 23 h.
Cota xeral de acceso para os socios/as de 2 €, non socios/as de 2'5 € (+ IVE)…
Luns 12 de xaneiro do 2015
Velo avance do filme:
You Tube [. mp4 • 7 Mb] VOS
Título: «Ciutat Morta» · Ciudad Muerta
(Cidade Morta)
Ano: 2014
País: España
Director: Xavier Artigas e Xapo Ortega
Guionista: Xavier Artigas e Xapo Ortega
Música: Las CasiCasiotone
Fotografía: Xavier Artigas e Xapo Ortega
Xénero: Documental
Duración: 120 min.
Produtora: Metromuster
Distribuidora: 3BoxMedia
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.87:1
Idiomas: castelán e catalán · VOS (versión orixinal subtitulada)
Sipnose:
Xuño do 2013, un grupo de 800 persoas entran nun cinema abandonado do centro de Barcelona para proxectar un documental. Unha vez dentro, mudan o nome do edificio: o antigo Palacio do Cinema chámase a partires de agora Cinema Patricia Heras. Quen foi Patricia? Por que decidiu quitarse a vida? E o máis importante Que ten que ver Barcelona coa súa morte? Unha acción de desobediencia, con forte contido simbólico e un gran impacto mediático, que busca -por medio da historia de Patricia- dar a coñecer a outra cara de Barcelona, a Cidade Morta.
Premios e mencións:
2014 · Festival de Málaga: mellor documental.
Crítica:
"«Ciutat Morta» é unha bomba que xa empezou a estalar o corazón dunha Barcelona que si quere vivir debe mirar a realidade á cara…"
Albano Dante Fachin Pozzi (cafeambllet.com)
Folla de sala:
Ciutat Morta [.
pdf • 176
kB]
Luns 19 xaneiro 2015
Velo avance do filme:
You Tube [. mp4 • 17'1 Mb] VOS
Título: «Der Banker: Master of the Universe» · Confesiones de un Banquero
(Confesións dun Banqueiro)
Ano: 2013
País: Alemaña
Director: Marc Bauder
Guión: Marc Bauder
Música: Bernhard Fleischmann
Fotografía: Boerres Weifenbach
Reparto: Rainer Voss, Angela Merkel…
Duración: 88 min.
Produtora: Bauderfilm | NGF Geyrhalterfilm
Distribuidora: Parallel40
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby Dixital Atmos
Idiomas: alemán e inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Os verdadeiros amos do universo non son nin os políticos, nin os exércitos, nin os gobernos. Os verdadeiros amos do universo son os bancos de investimentos. Un poderoso banqueiro alemán nos amosa unha inquietante visión das súas emocións, motivacións e predicións, namentras nos desvela un universo paralelo de ingresos desorbitados e presión despiadada. Descubrimos un sistema que ailla aos banqueiros do resto do mundo e convérteos en incapaces de reflexionar sobre o seu propio traballo.
Premios e mencións:
2014 · Premios do cinema Europeo: mellor documental.
Crítica:
"Así, o ton de «Confesións dun Banqueiro», máis íntimo que divulgativo, achegase moito máis ao que xa acadaba a interesante «Margin Call» (J.C. Chandor, 2011) á hora de perfilar o carácter de veteranos e recén chegados á profesión. …"
Arantxa Acosta (cinedivergente.com)
Folla de sala:
Der Banker 'Master of The Universe' [.
pdf • 100
kB]
Luns 26 de xaneiro do 2015
Velo avance do filme:
You Tube [. mp4 • 15'6 Mb] VOS
Título: «Saibi» · The Fake
Ano: 2013
País: Corea do Sur
Director: Yeon Sang-ho
Guión: Yeon Sang-ho
Música: Jang Youngkyu e Youli Galperine
Xénero: Animación
Duración: 101 min.
Produtora: Studio Dadashow
Distribuidora: Mediatres Estudio
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby Dixital
Idioma: coreano · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Nun pequeno pobo de Corea do Sur que está a piques de ser alagado pola construción dunha presa, os habitantes caeron baixo o feitizo dun carismático pastor evanxelista, quen lles prometeu un novo fogar e un lugar no ceo a cambio dos seus aforros. No medio de toda esta corrupción irrompe Min-chul, o violento e agresivo borracho do pobo que acaba de saír do cárcere, e o único que non parece caer nas mentiras e enganos do pastor como o resto de veciños. Unha falsidade en que todo o pobo parece acomodarse, e algo que Min-chul non está disposto a permitir.
Premios e mencións:
2014 · Festival de Annecy: sección oficial longametraxes a concurso.
2013 · Festival de Gijón: mellor filme de animación (ex aequo) :: Festival de Sitges: mellor filme de animación.
Crítica:
"Unha acusación feroz e pouco sutil sobre a relixión organizada (…) Deseñada de maneira agresivamente desagradable, o filme mantén, no entanto, unha certa imprevisibilidade.…"
Justin Chang, (Variety)
Folla de sala:
Saibi [.
pdf • 265
kB]
Luns 2 de febreiro do 2015
Velo avance do filme:
You Tube [. mp4 • 18'8 Mb] VOS
Título: «Tian zhu ding» —A Touch of Sin—
(Un Toque de Violencia)
Ano: 2013
País: China
Director: Jia Zhang Ke
Guión: Jia Zhang Ke
Música: Giong Lim
Fotografía: Yu Likwai
Reparto: Jiang Wu, Meng Li, Lanshan Luo, Baoqiang Wang…
Duración: 130 min.
Produtora: Xstream Pictures
Distribuidora: Golem Distribución
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby Dixital
Idioma: mandarín, cantonés, dialectos de Shanxi e de Sichuan, inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Dahai, un mineiro exasperado pola corrupción dos dirixentes do seu pobo, decide pasar á acción. San'er, un emigrante, descobre as infinitas posibilidades que lle ofrece a súa arma. Xiaoyu, recepcionista nunha sauna, non soporta máis o acoso dun cliente rico. Xiaohui pasa dun traballo a outro en condicións cada vez máis degradantes. Catro personaxes, catro provincias, unha reflexión sobre a China contemporánea: unha sociedade cun desenvolvemento económico colosal que convive cunha enorme violencia.
Premios e mencións:
2013 · Festival de Cannes®: mellor guión (Jia Zhang Ke) :: Independent Spirit Awards: nominación ao mellor filme estranxeiro.
Crítica:
"«Un toque de violencia» é densa, poderosa e terrible.…"
Carlos Boyero, (El País)
Folla de sala:
Tian zhu ding [.
pdf • 121
kB]
Luns 9 de febreiro do 2015
Velo avance do filme:
You Tube [. mp4 • 21'7 Mb] VOS
Título: «Yut doi jung si» —The Grandmaster—
Ano: 2013
País: Hong Kong
Director: Wong Kar-Wai
Guión: Wong Kar-Wai, Xu Haofeng e Zou Jinzhi
Música: Shigeru Umebayashi
Fotografía: Philippe Le Sourd
Reparto: Tony Leung Chiu Wai, Zhang Ziyi, Zhao Benshan, Chang Chen…
Duración: 130 min.
Produtora: Block 2 Pictures | Jet Tone Production | Sil-Metropole Organisation | Annapurna Pictures
Distribuidora: Golem Distribución
Exhibición: Dixital · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby Dixital
Idioma: mandarín · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Un relato sobre as artes marciais e a alma da civilización chinesa. Dous mestres de Kung fu, Ip Man (Tony Leung), o home que adestrou ao mítico Bruce Lee, e a bela Gong Er (Zhang Ziyi) reúnense na cidade natal de Ip Man en vésperas da invasión xaponesa de 1936. O pai de Gong Er, un gran mestre de renome, tamén viaxa a esa cidade para a cerimonia da súa xubilación, que terá lugar no lendario bordel O pavillón de ouro. Historia de traizón, honra e amor que se desenvolve na tumultuosa época que seguiu á caída da última dinastía chinesa, un tempo de caos e guerra, pero tamén unha época de ouro das artes marciais en China.
Premios e mencións:
2013 · Oscars™: 2 nominacións, mellor fotografía e mellor vestiario :: NBR: Top filmes estranxeiros do ano :: Festival de Berlin: sección oficial longametraxes (fora de concurso).
Crítica:
"Unha obra inmensa, inconmensurable…"
Luis Martínez (El Mundo)
"Wong Kar-Wai recupera o mellor de se mesmo, que é, ao mesmo tempo, o de sempre e o nunca visto (…)"
Jordi Costa (El País)
Folla de sala:
Yut doi jung si [.
pdf • xx
kB]
Lembrade que non se permite a entrada unha vez comezada a proxección e os filmes do ciclo, non son recomendables a menores de dezaseis anos
E por último, non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados para este ciclo, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moitísimo os vosos comentarios. Agardamos que gocedes e sexades partícipes do cineclube, sen vós non somos nada.
¹
Aquelas proxeccións con aviso de cota de acceso de balde, para os socios e socias, non exime de solicitarlle aos non asociados/as, que liquiden os oportunos custes proporcionais de mantenemento, e da actividade xeral do cineclube, xunto co
IVE actual do 21
%.
Horarios CUT+1
Ningún comentario:
Publicar un comentario