22/07/19

Cinema na praza

Como sempre por estas datas, volta , máis imaxinativo, refrescante e estimulante para as noites de verán nunha única sesión, este ano será os luns de agosto ás 21:30 h, acceso de balde na de Ourense, agás o clásico por barrios, que será na asociación Andén primeiro da Ponte (Av. Marín núm. 23)



«Cinema na Praza: agosto 2019» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)



Clásico por barrios; A ponte





5 Ago. 2019
Luns

«After hours» Bo, que noite!

(EUA, 1985) · VOSE - [A] - 94 min.
Ao finalizar a súa xornada laboral, un solitario empregado dunha compañía de informática (Griffin Dunne) vese enleado nunha serie de estrañas circunstancias que lle levan a un dos peores barrios de Nova York. Alí, vivirá unha interminable e aloucada noite...

Premios
1986: Festival de Cannes: Mellor dirección


"Comedia sofisticada e tola, chea de forza (...) Gran traballo do inesquecible Griffin Dunne"

(Fernando Morales, El País)

SESIÓN:
COTA:
  21:30 h. (CEST) ) "Asoc. Andén 1º"«(Av. Marín núm. 23)», A ponte
  De balde




Cinema na praza




12 Ago. 2019
Luns

«The kings of summer» Os reis do verán

(EUA, 2013) · VOSE - [R>7] - 93 min.
Joe Toy é un adolescente que non soporta vivir máis tempo co seu autoritario pai. Cando o seu amigo Patrick tamén discute cos seus pais, os dous xúntanse e deciden irse a vivir ao bosque, e acompáñaos outro estraño rapaz. Os tres sós no bosque aprenden a conseguir a súa propia comida e a construír unha cabana e co reto da convivencia entre eles.

Os reis do verán" lémbrame moito as películas do cineasta John Hughes (o director d'O clube dos cinco - The Breakfast Club-), sen que iso signifique que sexa unha vil copia dalgunha película del. Pola contra, esta fita crea a súa propia atmosfera moi particular e excéntrica que a fai moi especial”.

(Stephen Whitty, Newark Star- Ledger)

SESIÓN:
COTA:
  21:30 h. (CEST)
  De balde



19 Ago. 2019
Luns

«Life of Brian» A vida de Brian

(Reino Unido, 1979) · VOSE - [R>12] - 93 min.
Trata a historia dun xudeu que nace o mesmo día que Xesucristo e xa de adulto é varias veces confundido con el. Con cancións clásicas dos Python como « Always Look On The Bright Side Of Life» (Mira sempre o lado positivo da vida), cantada por un coro de crucificados.

A película é, xunto c'Os cabaleiros da mesa cadrada, a máis exitosa dos Monty Python.

SESIÓN:
COTA:
  21:30 h. (CEST)
  De balde



26 Ago. 2019
Luns

«Barbara»

(Francia, 2017) · VOSE - [R>7] 94 min.
ATENCIÓN: Diante da probabilidade de chuvia, a proxección muda o seu emprazamento na praza san Marcial para o salón de actos da Biblioteca pública #CasaDaCultura de Ourense (Rúa Concello núm.11)

Brigitte, unha actriz internacionalmente recoñecida, chega a París para interpretar á icónica cantante francesa Barbara nunha película. Segundo pasan os días, a realidade e a ficción confúndense para o equipo e para a propia actriz.

Gañadora de dous Premios César: Mellor Actriz (Jeanne Balibar) e Mellor Son. Mellor Dirección (Mathieu Amalric) no Festival de Sevilla. Unha homenaxe orixinal a unha das voces máis atractivas da "Chanson", a enigmática e fascinante cantante Barbara. Filme de apertura na sección "Un Certain Regard" do Festival de Cannes, onde obtivo o premio á mellor poesía narrativa. Gañadora dos prestixiosos premios Jean Vigo e Louis Delluc. Unha película fermosa e fascinante.

SESIÓN:
COTA:
  21:30 h. (CEST)
  De balde



Aínda que coas témporas anticípase un tempo sen choiva até setembro, un erro nese prognóstico obrigaríanos a alterar a programación.
Horarios CUT+2


Participa co cineclube, e comentándonos as túas impresións sobre os filmes que proxectamos, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moito os vosos comentarios.

Todas as proxeccións son en VOSE. A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apto, [R>7] recomendado para maiores de 7 anos, [R>12] recomendado para maiores de 12 anos.


Pregamos pontualidade.


Por último, temos previsto retomar a programación regular no salón de actos da Biblioteca pública, #CasaDaCultura en outubro







2 comentarios:

Anónimo dixo...

El lugar de este lunes día 12 pone cest. Qué significa ese lugar porfavor.

Feciga dixo...

No navegador web, nunha computadora, se pasas o rato sobre calquera acrónimo verás o seu significado, neste caso é «Central European Summer Time = Tempo Central Europeo de Verán (CUT/UTC+2)»