Filmoteca
Ciclo Europa
Semella que as dúas guerras mundiais non foron suficientes para aprender dos erros... porque Europa segue en nome da "seguridade" a erixir valos de aramio de espiñas ao longo das súas fronteiras. Esa suposta seguridade non é para as persoas; porque ao mesmo tempo nunha cidade lamorqueira, ao redor da aldea grega de Idomeni medran as tendas de campaña, os refuxiados e as mortes nos intentos de cruzar o río entre a fronteira de Grecia con Macedonia. O novo ciclo adicado a Europa de directores europeos de Polonia, Italia, Francia e posteriormente Alemaña, Grecia, Bélxica e Dinamarca , segue os conflitos persoais vixentes trala segunda guerra mundial.
«Euro-pa» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
Canta o avance en vídeo, [.mp4 • 20'7 MB] " Deixa que chore a miña cruel sorte, e que suspire pola liberdade..." e ese segue sendo o lamento, de todos os martirizados que buscan seguridade nunha Europa que non mira para eles.