Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, proxectamos os seguintes filmes:
4
Feb.
2019
Lun.
«Zaniki»
Dirección de Gabriel Velázquez · (2018) [ A ]
Zaniki admira ao seu avó, un paisano que parece saído dun conto. Eusebio canta, baila e sobre todo, sabe facer música con infinidade de obxectos, convirtendo así o día a día da familia nun escenario constante. O seu neto absórbeo todo con curiosidade infantl. E o avó, polo seu lado, sente a necesidade de ensinarlle o que no colexio non pode aprender: a conexión coa natureza e a experiencia de "sentir a tradición desde dentro".
Comparte o evento ❯❯
11
Feb.
2019
Lun.
«Oreina» O cervo
Dirección de Koldo Almandoz · (2018)
Khalil é un mozo desarraigado que vive na periferia da cidade, alí onde os polígonos industriais conflúen co río e a marisma. Khalil búscase a vida como pode e pasa os días xunto a un vello furtivo, que comparte unha casa na beira do río cun irmán co que non se fala desde fai anos. Nas beiras da marisma, as mareas marcan o tempo do amor e o desamor, da amizade e a vinganza.
Premios
2018: Festival de San Sebastián: Premio do cine vasco
Premios
2018: Festival de San Sebastián: Premio do cine vasco
Comparte o evento ❯❯
18
Feb.
2019
Lun.
«Apuntes para una película de atracos» Apuntes para un filme de atracos
Dirección de León Siminiani · (2018) [ AD))) ]
Elías é un director de cine que soñaba con facer unha película de atracos. Durante o verán de 2013 le unha noticia sobre a detención de 'O Robin Hood de Vallecas', o líder de 'a banda dos sumidoiros'. Sente entón que atopou a oportunidade para cumprir o seu soño. Mándalle unha carta ao cárcere onde cumpre condena. Contra todo prognóstico, Elías recibe resposta tres semanas despois. 'O Robin Hood' acepta que vaia ao cárcere a visitarlle.
Comparte o evento ❯❯
25
Feb.
2019
Lun.
«Matar a dios» Matar a deus
Unha familia prepárase para celebrar o fin de ano nunha illada casa no medio do bosque, cando irrompe un misterioso vagabundo; é enano, di ser Deus e ameaza con exterminar á especie humana ao amencer. Só se salvarán dúas persoas, e a familia foi elixida para escoller a eses dous únicos superviventes. O destino da humanidade recae en catro desgraciados que, evidentemente, van querer salvarse.
Premios
2017: Festival de Sitges: Gran Premio do Público
Premios
2017: Festival de Sitges: Gran Premio do Público
Comparte o evento ❯❯
Existe unha recomendación xeral, para públicos maiores de 16 anos (Agás os indicados [A]; para todas as audiencias).
ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
Ningún comentario:
Publicar un comentario