31/03/14
«La vie d'Adèle» · A vida de Adele
27/03/14
programación abril 2014 (I)
Morrerse, non deixa de ser un cruel proceso da vida. Ese proceso inevitable, transita pola maduración con descubrimentos sexuais, namoramentos, frustracións… e un longo engadido de perdas, tan longas e duras, como a distancia que percorremos ata chegar ao noso destino.
A vida, testemuña cíclica dos nosos estímulos, volta alborotada este ano con varias propostas cinematográficas, que como podedes ollar, alteraranvos o suficiente para combater os tópicos, abrir prexuízos, e descubrir as perdas da vida, ás escuras e… en silencio. Non permitades perder as oportunidades desta primavera
Sesións:
Os luns as 20:30 e 23 h. — Cota de entrada xeral: 2 €*
Os mércores as 18, 20:30 e 23 h* — Cota de entrada xeral: 4 €
Sábado 29/03/2014: sesión especial de curtas «Grito curto» as 17 h. — Entrada de balde.
* agás o mércores 2 de abril, que será as 18 e 21:30 h.
Os socios e socias que asistan á sesión do luns, na mesma semana, teñen desconto dun euro na sesión dos mércores.
Lugar:
Biblioteca pública (casa da Cultura), rúa Concello 11
Este é o noso programa de oportunidades primaverais:
ciclo «Primavera»
Proxéctase durante o mes de abril de 2014 na Casa de Cultura, salón de actos da biblioteca nodal de Ourense (rúa Concello 11) nos seguintes días:
Os luns: as 20:30 e 23 h. e cota xeral de socios de 2 €.
Mércores: as 18, 20:30 e 23 h* e cota xeral de socios de 4 € …
*Agás o filme do mércores 2, que debido a súa duración as sesións son as 18 e 21:30 h. (horarios CUT+1)
Sesións de Filmoteca · abril 2014 (I)
Proxéctase durante o mes de marzo/abril do 2014 na Casa de Cultura, salón de actos da biblioteca nodal de Ourense (rúa Concello 11), os luns as 20:30 e 23 h, e cunha cota xeral de socios de 2 € os seguintes filmes …
Grito curto
sábado 29 de marzo do 2014
Sesión especial de curtas
Proxéctase de balde e nunha única sesión, este sábado ás 17 horas, tres curtas cunha duración total de 65 minutos.
24/03/14
«Stockholm» · Estocolmo
Ano: 2013
País: España
Director: Rodrigo Sorogoyen
Guión: Rodrigo Sorogoyen e Isabel Peña.
Fotografía: Álex de Pablo
Reparto: Aura Garrido, Javier Pereira, Lorena Mateo…
Duración: 92 min.
Productora: Caballo Films | Tourmalet Films | Morituri
Distribuidora: Caballo films
Exhibición: Dixital (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idiomas: castelán · VO (versión orixinal)
17/03/14
«La herida» · A ferida
Ano: 2012
País: España
Director: Fernando Franco
Guión: Fernando Franco e Enric Rufas
Música: Ibon Aguirre e Ibon Rodríguez
Fotografía: Santiago Racaj
Reparto: Marian Álvarez, Rosana Pastor, Manolo Solo, Ramón Barea, Andrés Gertrudix…
Duración: 95 min.
Productora: Kowalski Films | Elamedia | Encanta Films | Etb | Pantalla Partida Producciones
Distribuidora: Golem
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: castelán · VO (versión orixinal)
10/03/14
«Caníbal»
Ano: 2012
País: España
Director: Manuel Martín Cuenca
Guión: Manuel Martín Cuenca e Alejandro Hernández
Fotografía: Pau Esteve Birba
Reparto: Antonio de la Torre, Olimpia Melinte, María Alfonsa Rosso, Manolo Solo, Delphine Tempels…
Duración: 116 min.
Productora: La Loma Blanca | Mod Producciones | CTB Film Company | Libra Film | Luminor
Distribuidora: Golem
Exhibición: Dixital 2'35:1 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idioma: castelán · VO (versión orixinal)
01/03/14
Programación marzo 2014
Nos lonxanos inicios de 1940, Hearst, un ricachón cheo de ira, daba orde de censura no seu imperio xornalístico, a un filme, que no seu nome non tiña relación, «Cidadán Kane», a pesares de todo, asociouse eternamente á súa figura e traspasou todos os intentos de silencio sobre o mesmo.
Os intentos de censura no cinema, é habitual nos medios actuais, posto que prefiren "informarnos" dos peiteados da estrela futbolística de moda, antes do que acontece no tecido cultural da propia cidade. Mesmo, como vostede pode comprobar agora mesmo en calquera xornal, radio ou televisión, é máis probable saber da Lady Gaga na sección cultural, que a programación que de seguido adiantamos.
Talvez, deberíamos acudir ao efecto Streissand, ou simplemente con esta excusa, despois da ridícula prohibición a disfrazarse de Garda civil, homenaxear cunha escea de Berlanga, o paradigma da situación actual, en versión orixinal e sen subtítulos esperpénticos de ministro, cun cartaz, deseño de Iñaki Nóvoa, sobre unha escea de «O Verdugo» filme extraordinario, nunha España gris e mediocre, que retrataba ao españolito de a pé, desafortunado e sen blanca, empuxado por unha fatalidade, do mesmo que agora, vémonos empuxados na mesma fortuna e fatalidade… pero con extraordinarios filmes no panorama cinematográfico español máis recente.
Despois dos disfraces do entroido, comezamos.
ciclo «VO.es»
Proxéctase durante o mes de marzo do 2014 na Casa de Cultura, salón de actos da biblioteca nodal de Ourense (rúa Concello 11) nos seguintes días:
Os luns: as 20:30 e 23 h. e cota xeral de socios de 2 €.
Mércores: as 18, 20:30 e 23 h e cota xeral* de socios de 4 € …
*Se asistes o luns de filmoteca nesa semana, os socios e socias teñen reducción dun euro na cota de entrada o mércores. (horarios CUT+1)
Sesións de Filmoteca · marzo 2014
Proxéctase durante o mes de marzo do 2014 na Casa de Cultura, salón de actos da biblioteca nodal de Ourense (rúa Concello 11), os luns as 20:30 e 23 h, e cunha cota xeral de socios de 2 € os seguintes filmes …