05/10/23

Programación de outubro a decembro de 2023

VIII Ciclo Colexio de médicos

Sesións de ciclo dos mércores

Luns de Filmoteca CGAI

Sesións especiais

Cine de outono en Ribadavia


Sede benvidos/as á ultima parte de tempada do cineclube, ao cinema nun cuarto escuro que precisa acubillar espectadores/as desexosos de recibir emocións coma ti.

Pregamos atención ás últimas citas co ciclo do Colexio de Médicos, ao Ciclo de Outono en Ribadavia e as sesións especiais que se programan en días e horarios distintos aos habituais.




«out-dec 2023»· cartel realizado por Olalla Esquimal (cineclupePF)


Na canle de «You Tube» tedes o avance visual [.mp4 • 20'7 MB], que resume a programación destes dous meses e medio.

Antes do detalle da programación, lembramos que tedes á vosa disposición as follas de sala de cada proxección no seguinte enlace [Abre outra xanela].


Sesións no Teatro principal de outubro a decembro 2023

Durante os meses de outubro, novembro e decembro de 2023 proxectaremos no Teatro principal de Ourense (Rúa da Paz, 9) as seguintes sesións de ciclo lembrando, que podedes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]

Filmoteca de outubro a decembro de 2023

Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada da Filmoteca de Galicia (CGAI), proxectaremos durante os luns de outubro, novembro e decembro de 2023, os seguintes filmes na Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).

Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí
[Abre outra xanela]


XI Miradas etnográficas. Quenes somos e de onde vimos

Nalgún apartado recuncho do universo, espallado de innumerables e escintilantes sistemas solares, houbo unha vez un astro no que animais astutos inventaron o coñecer. Foi o minuto máis soberbio e máis falaz da historia universal, pero, a final de contas, só un minuto.

Tras un par de respiracións da natureza, o astro entumeceuse e os animais astutos tiveron que perecer. Alguén podería inventar unha fábula como esta e, con todo, non ilustraría suficientemente, como de lamentable, escuro, estéril e arbitrario é o aspecto que ten o intelecto humano dentro da natureza; houbo eternidades nas que non existiu, cando de novo acábese todo para el, non sucedería nada. Porque non hai para ese intelecto ningunha misión ulterior que conduza máis aló da vida humana.

Neste tempo de retos e grandes encrucilladas, onde a intelixencia artificial semella tocar o ceo e as estrelas e talvez abra paso a unha nova humanidade, debería ser oportuno resolver antes do dilema de cara a onde imos,o intempestivo saber “Quen somos? e de onde vimos?.


Entre a néboas do outono percorreremos na memoria do cotián catro camiños para escintilar a arbitrariedade do saber quenes somos e de onde vimos.