VIII Ciclo Colexio de médicos
Sesións de ciclo dos mércores
Luns de Filmoteca CGAI
Sesións especiais
Cine de outono en Ribadavia
Sede benvidos/as á ultima parte de tempada do cineclube, ao cinema nun cuarto escuro que precisa acubillar espectadores/as desexosos de recibir emocións coma ti.
Pregamos atención ás últimas citas co ciclo do Colexio de Médicos, ao Ciclo de Outono en Ribadavia e as sesións especiais que se programan en días e horarios distintos aos habituais.
Na canle de «You Tube» tedes o avance visual [.mp4 • 20'7 MB], que resume a programación destes dous meses e medio.
Antes do detalle da programación, lembramos que tedes á vosa disposición as follas de sala de cada proxección no seguinte enlace [Abre outra xanela].
VIII Ciclo do colexio de médicos
10
Out.
2023
Mar.
«Mitt liv som hund» A miña vida coma un can
Lasse Hallström · (Suecia, 1985) 101 min. Cor. Mono. RA 1.66:1 - [A] VOSE
Narra a odisea dun neno de doce anos a quen o abandono paterno e a enfermidade da súa nai conducen a un pequeno pobo do interior do país. Unha amarga crónica da infancia, baseada en feitos reais, encomiada pola crítica do mundo enteiro.
Premios
1987: Globos de Ouro: Mellor película de fala non inglesa
"Excelente"
(Luís Martínez, El País)
Sesións de ciclo dos mércores
11
Out.
2023
Mér.
«Khers Nist» Os osos non existen
Jafar Panahi · (Irán, 2022) 107 min. Cor. RA 1.85:1 - [+12] VOSE
Dúas historias de amor paralelas nas que as parellas ven frustradas por obstáculos ocultos e inevitables, a forza da superstición e a mecánica do poder.
Premios
2022: Festival de Venecia: Premio Especial do Xurado
"Rodada na clandestinidade por Jafar Panahi pouco antes de ser detido e sentenciado a unha pena de cárcere de seis anos, este filme é unha obra maior dentro da filmografía do mestre iraniano. Os osos non existen é un monumento ao compromiso do artista coa súa arte, a sociedade e a liberdade de expresión"
(CCPF)
Filmoteca CGAI
16
Out.
2023
Lun.
«Tsuki wa noborinu» A lúa levántase
Kinuyo Tanaka · (Xapón, 1955) 102 min. B&N. RA 1.37:1 - [+13] VOSG
Mokichi é viúvo e pai de tres fillas, coas que vive nas instalacións dun templo desde a guerra. As tres fillas vense envoltas en variadas e complexas relacións.
"O que é máis innegable respecto a A lúa levántase, é que hai nela a suficiente riqueza expresiva e un traballo persoal cos elementos constituíntes do drama familiar xaponés (o shomin-geki, se se prefire) como para converter a Tanaka en moito máis que unha simple musa: se a historia faille a xustiza que ata o de agora a súa escasa visibilidade como autora negoulle, poderemos falar dun gran nome do cinema nipón tamén detrás das cámaras"
(Miguel Muñoz Garnica, elantepenultimomohicano.com)
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).
Sesións de ciclo dos mércores
18
Out.
2023
Mér.
«Master gardener» O mestre xardineiro
Paul Schrader · (EUA, 2022) 111 min. Cor. Dolby dixital. RA 2.39:1 - [+12] VOSE
Joel Edgerton interpreta a un horticultor metódico que traballa coidando o xardín dunha viúva rica (Sigourney Weaver) con quen mantén unha estraña relación de servidume. Coa chegada da sobriña da muller, unha moza rebelde, o mundo ordenado do protagonista se trastorna e reábrense antigas feridas.
"Con ecos dalgúns dous seus guións máis coñecidos (Taxi Driver, American Gigolo), Schrader usa ou corpo tatuado do protagonista como alegoría letal dos extremismos dos Estados Unidos contemporáneos a través dun filme depurado onde raza, idade e xénero chocan con resultados catárticos."
(CCPF)
Sesión especial
20
Out.
2023
Ven.
«Pretérito imperfecto»
Plácido Romero (*) · (España, 2023) 65 min. Cor. RA 1.85:1 - [ND] VO/G/E
Recuperación de apuntamentos e material compilado por Xan Moreno, a quen se dedica este traballo postumamente. Seguindo as directrices de Moreno, a película convida a explorar e reflexionar acerca de por que somos como somos, do valor dos recordos, das arestas da nostalxia, de opinións contrapostas, da relación co paso do tempo, da evolución persoal e social de aqueles fillos de excombatentes da Guerra Civil, vítimas da escarlatina, do sarampelo, da varicela e de autoritarismos.
(*)
Coa presenza do director
SESIÓN:
COTA:
20:00h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde, até completar a capacidade (110 butacas)
Filmoteca CGAI
23
Out.
2023
Lun.
«Vanskabte Land» Godland
Hlynur Palmason · (Islandia, 2021) 143 min. Cor. RA 1.33:1 - [+12] VOSE
A finais do século XIX, un mozo sacerdote danés chega a Islandia coa misión de construír unha igrexa e fotografar aos seus habitantes. Pero, canto máis se interna naquela implacable paisaxe, máis se sume nas ansias da tentación e do pecado.
"Unha historia de marabillas naturais, beleza elemental e loucura humana"
(Justin Chang, Los Angeles Times)
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).
Sesión especial
26
Out.
2023
Xov.
«Aprender na lingua própia»
Semente · (España, 2023) 57 min. Cor. RA 1.85:1 - [ND] VOG
A vulneraçom sistemática dos direitos linguísticos no sistema educativo público catalisou a energia dos movimentos sociais na construçom dumha alternativa autogerida e sem fins lucrativos. A través deste projeto audiovisual pretende-se examinar a experiência histórica das Escolas de Ensino Galego e achega-se, ademais, à realidade doutros povos da Europa, como o basco, que encontrou nas Ikastolas o alicerce mais sólido para garantir o futuro da sua língua historicamente menorizada.(*)
(*)
(Respectuose o texto orixinal enviado coa sipnose)
SESIÓN:
COTA:
19:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde, até completar a capacidade (110 butacas)
Filmoteca CGAI
30
Out.
2023
Lun.
«Chibusa yo eien nare» Peitos eternos
Kinuyo Tanaka · (Xapón, 1955) 110 min. B&N. RA 1.37:1 - [ND] VOSG
Fumiko, nai de dous fillos e esposa dun home infiel que amosa unha baixa autoestima, comparte a súa vida familiar coa súa durmida vocación de poeta. O inicio da súa carreira literaria de éxito coincide co seu divorcio e o desenvolvemento dunha grave enfermidade.
"Hai unha sinceridade e unha franqueza descarnadas, especialmente arredor do desexo sexual feminino, que resultan fascinantes"
(Kieron Corless Sight & Sound)
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).
Filmoteca CGAI
6
Nov.
2023
Lun.
«Agromantes»
Cora Peña · (España, 2022) 72 min. Cor. Dolby. RA 1.85:1 - [ND] VOG
Un grupo de persoas xúntase para compartir as súas experiencias de loucura e psiquiatrización nun xogo de escenificación improvisada. Entre todas van trazando un debuxo complexo de como se vive nestas condicións de sufrimento psíquico intenso, nun ambiente de estigma, incomprensión e, se cadra, ata malos tratos frecuentes. Pero na escena tamén aparece o humor, autoconsciencia e unha gran sensibilidade que interpela directamente ao inadvertido espectador.
"Unha serie de relatos en primeira persoa de testemuñas da psiquiatrización que, xunto quizais con Estado de malestar de María Ruído ou Fóra de Pablo Cuayela e Xan Gómez Viñas, é un dos poucos exemplos do cinema galego que afonda neste tema, e máis desde a perspectiva de “dar voz ás persoas psiquiatrizadas”, respectándoas porque, tal como salienta Cora Peña, teñen moitas cousas que dicir"
(praza.gal)
VIII Ciclo do colexio de médicos
7
Nov.
2023
Mar.
«Yoidore Tenshi» O anxo bébedo
Akira Kurosawa · (Xapón, 1948) 102 min. B&N. Mono. RA 1.37:1 - [+18] VOSE
Sandada (Takashi Shimura) é un médico cun carácter moi peculiar, que vive atormentado polo que puido ser a súa vida e non foi afogando as súas penas en alcol, aínda que a pesar de todo, exerce o seu labor cunha dedicación case absoluta nun barrio periférico do Tokio de postguerra, onde a mafia impón a súa lei nas rúas. Un bo día, o doutor recibe a altas horas da noite a un home (Toshirô Mifune) enfermo de tuberculose que lle pide que lle cure unha ferida. A partir deste intre iniciarase unha estraña relación entre ambos
"Aínda que estea catalogado como unha película dramática O anxo bébedo é unha obra fóra do estereotipo de calquera xénero. Xunto ao drama podemos ver a ambientación xeral e outros elementos característicos dun film noir, notas dun intelixente humor, que non é humor negro, senón que cumpre o papel de romper coa progresión depresiva do drama. Son frecuentes na película os cambios bruscos de sucesos ou situacións pacíficas a situacións violentas e de situacións non conflitivas a outras difíciles de tratar"
(es.wikipedia.org)
Sesións de ciclo dos mércores
8
Nov.
2023
Mér.
«Yi Ru Chen Yan» O regreso das andoriñas
Li Ruijun · (China, 2022) 131 min. Cor. RA 1.55:1 [+7] VOSE
A humilde e sinxela Ma, e o tímido Cao, foron expulsados das súas respectivas familias e obrigados a contraer un matrimonio concertado. Agora terán que xuntar as súas forzas e construír un fogar onde sobrevivir. No medio da adversidade, comeza a forxarse entre eles un vínculo, xa que tanto Ma como Cao, en sintonía cos ciclos da Terra, crean un refuxio no que poden prosperar.
Premios
2022: SEMINCI: Espiga de Ouro
"Fascinante"
(Phuong Lle, The Guardian)
Filmoteca CGAI
13
Nov.
2023
Lun.
«Curtas galegas»
Proxéctanse nunha sesión, as seguintes curtametraxes:
García da Galiza. O fillo da traizón
Manel Cráneo (España,2023) 30 min.[ND] VO
O escritor francés Victor Hugo inspirouse no Rei García II para escribir a epopea Le petit roi de Galice. Que o levou a fixarse neste rei esquecido da historia de Galiza? Que hai de realidade histórica tras o relato dun clásico da literatura universal?
Un documental sobre a esencia humana da traizón e a usurpación do poder na idade media galega que convida a reflexionar sobre o país e a identidade.Con banda deseñada e ilustracións de Iván Suárez e Manel Cráneo
Neuronas a ceo aberto
Lucía Estévez (España, 2021) 6 min. [ND] VO
Videopoema, sobre texto de Estíbaliz Espinosa, realizado para a exposición “Galicia Futura”.
Anatomía dunha serea
Adriana Páramo (España, 2022) 15 min. [ND] VO
Anatomía dunha serea é unha peza de teatro documental construída sobre a memoria e a experiencia persoal da actriz Iria Pinheiro como muller, como nai e como vítima da violencia obstétrica. Trátase ademais dunha obra de teatro autobiográfica e con carácter testemuñal, pois a voz en primeira persoa da protagonista é tamén o testemuño directo de alguén que viviu os sucesos e acontecementos reais que se contan na obra.
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde, até completar a capacidade (110 butacas)
Sesións de ciclo dos mércores
15
Nov.
2023
Mér.
«Passages»
Ira Sachs · (EUA, 2023) 91 min. Cor. RA 1.66:1 [+12] VOSE
Durante o seu último día de rodaxe en París, o director de cinema Tomas déitase con Agathe, unha moza que coñece nunha discoteca. Tomas contallo orgulloso ao seu marido Martin e xorde unha relación entre os tres marcada pola paixón, os ciumes e o narcisismo.
Premios
2023: Atlántida film fest: premio do público
"Passages envolve un triángulo amoroso de tórrida carnalidade. Como no filme anterior, o director entronca coa filmografía de Éric Rohmer e con toda unha tradición de cinema francés neste retrato da natureza pasaxeira do desexo cartografada esta vez desde París ...Pero sobre todo homenaxea a Rainer Werner Fassbinder na visión tan desinhibida sexualmente como pouco compracente dun director de cinema narcisista que entende o amor de forma depredadora"
(Eulàlia Iglesias, Ara.cat)
Cine de outono en Ribadavia
18
Nov.
2023
Sáb.
«Matria»
Álvaro Gago · (España, 2023) 95 min. Cor. RA: 1,85:1 - [+12] VOG
Ramona, unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e precario nun pobo da costa galega. Fai malabarismos con múltiples traballos para manterse á boia e proporcionar un futuro mellor á súa filla Estrela. Pero cando Estrela está preparada para tomar o seu propio camiño, Ramona dáse conta de que, por primeira vez, pode facer algo por si mesma.
"Sumándose á lista cada vez máis numerosa de películas españolas que se centran en rexións concretas, abrazando as súas especificidades e linguas propias (como a gañadora da Berlinale do ano pasado, Alcarràs), Matria non ignora os problemas, pero arránxallas para atopar algo de calidez nas esquinas e as fendas. É unha visión agradable do cinema social, unha que non se limita a destruír aos espectadores, senón que segue o inestimable consello de Dolly Parton: "Déixanche soñar, Só para ver como os teus soños fanse cachizas, Non es máis que un banzo na escaleira do xefe, Pero tes soños que nunca poderán arrebatarche"
(Marta Balaga, Cineuropa)
19
Nov.
2023
Dom.
«Hostal España»
Todas as habitacións do Hostal España, un modesto e céntrico establecemento situado na cidade de León, están ocupadas por persoas maiores, moitas delas procedentes da abandonada contorna rural. Nas súas estancias sucédense sen pausa a súa cotiandade e participar así, na creación dunha película que dea conta doutra posible forma de vida na chamada terceira idade.
“Neste documental coinciden dúas situacións complicadas; o despoboamento e os anciáns nunha residencia. Por si mesma, este segundo caso xa ten suficiente forza para que Hostal España teña unha profunda carga emotiva”
(Álvaro González, valenciaplaza.com)
Filmoteca CGAI
20
Nov.
2023
Lun.
«Where Is Anne Frank» Onde está Anne Frank
Ari Folman · (Bélxica, 2021) 99 min. Cor. RA 1.85:1 [A] VOSE
Segue as pisadas de Kitty, a amiga imaxinaria de Anne Frank á que adicou o seu diario. Como unha decidida adolescente, Kitty esperta no futuro, dentro da casa de Frank en Amsterdam, e se embarca nunha aventura para atopar á súa mellor amiga convencida de que continúa viva en algún lugar de Europa. Aínda que a moza queda impresionada ante os avatares do mundo moderno, tamén leva sorpresa polo legado que deixou Anne.
"Folman creou un relato moi imaxinativo que de maneira desenfadada mestura o histórico, o contemporáneo e o sobrenatural"
(Peter Bradshaw, The Guardian)
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).
Sesións de ciclo dos mércores
22
Nov.
2023
Mér.
«Il sol dell'avvenire» O sol do futuro
Nanni Moretti · (Italia, 2023) 95 min. Cor. RA 1.85:1 [+7] VOSE
Giovanni (Nanni Moretti), un coñecido cineasta italiano, prepárase para rodar o seu novo filme. Pero entre a súa parella en crise, o seu produtor francés ao borde da quebra e a súa filla que non lle fai caso, todo se pon na súa contra! Sempre no límite, Giovanni vai ter que considerar a súa maneira de facer as cousas, se quere conducir a todo o seu pequeno mundo cara a un futuro brillante.
"'O sol do futuro' é musical e divertida. Nun país onde goberna a ultradereita, saca en procesión o seu vello trotskismo cun vigor político emocionante"
(Elsa Fdez.-Santos, El País)
Cine de outono en Ribadavia
25
Nov.
2023
Sáb.
«Boi neon»
Gabriel Mascaro · (Brasil-Uruguai-Países Baixos, 2015) 101 min. Cor. Dolby dixital. RA: 2,35:1 - [+16] VOSE
Nunha zona rural ao norte de Brasil celébranse as vaqueiradas, tradicionais competicións de rodeo ao redor das cales vira a vida dos protagonistas. Iremar, un personaxe en aparencia rudo, está encargado de coidar do gando pero a súa forza no traballo contrasta coa delicadeza que pon no seu labor de costureiro, profesión á que realmente quere dedicarse. Ao redor del orbitan Galega, unha bailarina que traballa de camioneira, e a súa filla, formando os tres unha improvisada familia que se afasta de todo tipo de etiquetas.
“Neon Bull, estreouse mundialmente no 72º Festival Internacional de Cinema de Venecia, onde se fixo co premio especial do xurado da sección "Orizzonti".
Superando a reflexión convencional sobre identidade e xénero...Boi Neon captura a vida cotiá dos vaqueiros mediante unha investigación antropolóxica do masculino na América Latina da actualidade. Este apaixonante retrato dunha sociedade ofrécenos unha alegoría oportuna dos cambios socio-económicos e culturais polos que pasou Brasil recentemente”
(Samuel Antichi, Cineuropa)
26
Nov.
2023
Dom.
«Curtas de Sara Traba»
Proxéctanse nunha sesión, as seguintes curtametraxes:
As vacas de Wisconsin
Sara Traba (España, 2016) 16 min. [ND] VOG
Unha avoa vive nunha parroquia galega coa súa vaca, que xa non lle dá leite. Un día, na tenda do pobo, escoita na TV que a Universidade de Wisconsin descubriu que as vacas dan máis leite se escoitan música sinfónica. A partir de aquí comeza a aventura da avoa e a súa procura de música clásica para a súa vaca.
Premios
2017: Festival ibérico de cine - FIC; premio á mellor dirección
A festa do emigrante
Sara Traba (España, 2022) 32 min. [ND] VOSE
O adro da igrexa da freguesia do Extremo (Arcos de Valdevez, Portugal) convértese cada agosto nunha celebración que funde música, comida, ritos e as saudades dos emigrantes que volven no verán á terra. É a festa do emigrante, unha xuntanza que vai máis aló dunha simple celebración, xa que supón un vínculo entre a xente e o seu territorio.
O documental é un dos resultados do proxecto 'Arquitecturas da Paisaxe e do Cambio' realizado na Universidade de Santiago de Compostela, dentro dun proxecto de colaboración coa Universidade do Minho.
Filmoteca CGAI
27
Nov.
2023
Lun.
«Pacifiction»
Albert Serra · (Fracia, 2022) 165 min. Cor. RA 2.39:1 - [+12] VOSE
Na illa de Tahití, na Polinesia Francesa, o Alto Comisario da República, De Roller, representante do Estado francés, é un home calculador de maneiras impecables. Tanto nas recepcións oficiais como nos establecementos ilegais, non deixa de tomar o pulso a unha poboación local cuxa ira pode despertarse en calquera momento. E máis aínda cando un rumor se instala: parece avistarse un submarino, cuxa presencia fantasmal podería anunciar que se retomaron os ensaios nucleares franceses.
"É unha abraiante inmersión nun paraíso decadente e crepuscular (...) dunha fermosura nocturna e arrebatada (...) A riqueza expresiva de Serra, a súa potencia estética, non para de medrar (...) un filme tan extraterreste coma humano.”
(Elsa Fernández-Santos El País)
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).
Sesións de ciclo dos mércores
29
Nov.
2023
Mér.
«Je verrai toujours vos visages» As dúas caras da xustiza
Jeanne Herry · (Francia, 2023) 118 min. Cor. RA 2.39:1 - [+16] VOSE
A xustiza restaurativa ofrece a vítimas e agresores a oportunidade de dialogar nunha contorna segura, baixo a supervisión de profesionais e voluntarios. Nassim, Thomas e Issa, sentenciados por roubos con violencia, ven as caras con Grégoire, Nawelle e Sabine, vítimas dese mesmo delito. Namentres, a moza Chloé, vítima de violación, debe reencontrarse co seu pasado. Polo camiño, todos eles experimentan a carraxe e a esperanza, o silencio e a palabra, as alianzas e as rupturas. A confianza recobrada. E, ao final do camiño, quizais, a reparación da alma.
"Un drama implacable,impregnado do humanismo de Doce homes sen piedade"
(Paris Match)
Filmoteca CGAI
11
Dec.
2023
Lun.
«Orlando, ma biographie politique» Orlando, a miña biografía política
Paul B. Preciado · (España, 2023) 98 min. Cor. RA 1.85:1 - [+12] VOSG
En 1928, Virginia Woolf publica Orlando, a primeira novela na que o personaxe principal cambia de sexo no medio da historia. Un século máis tarde, o filósofo Paul B. Preciado decide escribirlle unha carta a Virginia Woolf: o seu Orlando saíu da ficción e leva unha vida que endexamais tería imaxinado.
Filme especialmente recomendado polo ICAA para o fomento da igualdade de xénero.
Premios
2023: Festival de Berlín: Premio Especial do Xurado
"Un ensaio fílmico vibrante, intelixente e emotivo, que xoga coa facilidade do cinema para facer saltar xéneros e formatos. Ferramenta para reflexionar sobre a transexualidade hoxe en día, e os ecos que chegan de séculos anteriores”
(Gregorio Belinchón, El País)
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).
VIII Ciclo do colexio de médicos
12
Dec.
2023
Mar.
«Michel Petrucciani»
Michael Radford · (Francia-Alemaña-Italia, 2011) 102 min. B&N-Cor. RA 1.85:1 - [A] VOSE
Documental biográfico sobre o pianista francés Michel Petrucciani (1962-1999). Afectado por unha osteoxénese imperfecta, Petrucciani supera a súa discapacidade física para converterse nun artista de talento e fama internacional. Neste documental que retrata ao músico a través de entrevistas e imaxes de arquivo, Michael Radford busca comprender a natureza da creatividade.
"É marabilloso este calidoscópico retrato onde vemos como o personaxe chega a ver a luz da súa profesión, a saber o que é realmente o jazz. De como superou as súas deficiencias físicas para converterse nun instrumentista de formación clásica e de extraordinaria técnica que chegou a crear un estilo propio que bebía da música brasileira mesturada con Duke Ellington, a súa principal fonte de inspiración. "
(Alfredo Manteca, videodromo.es)
Sesións de ciclo dos mércores
13
Dec.
2023
Mér.
«Interdit aux chiens et aux italiens» Phohibido cans e italianos
Alain Ughetto · (Francia, 2022) 70 min. Cor. RA 1.85:1 - [+7] VOSE
Principios do século XX, no pobo natal da familia Ughetto, Ughettera, norte de Italia. A vida na rexión volveuse moi difícil e os Ughettos soñaban cunha vida mellor no estranxeiro. Conta a lenda que Luigi Ughetto cruzou os Alpes e comezou unha nova vida en Francia, cambiando así o destino da súa amada familia para sempre. O seu neto volve sobre a súa historia.
Premios
2022: Cine Europeo: Mellor película de animación
2022: Festival de Annecy: Premio especial do xurado
"Un testemuño moi entrañable sobre a emigración (...) É unha película tenra e áspera á vez, íntima e histórica, poética e realista"
(Cineuropa)
Filmoteca CGAI
18
Dec.
2023
Lun.
«O Sangue»
Pedro Costa · (Portugal, 1989) 99 min. Cor. RA 1.66:1 - [+12] VOSG
É Nadal, noite de ano novo. Dous irmáns, de 18 anos e 10 anos, prometen gardar un segredo: esta vez, o seu pai marchou para sempre. Mentres tratan de manter a promesa, os irmáns sepáranse. Segredos, xuramentos e separacións: a noite da infancia.
"Lírica e vertixinosa”
(Philippe Azoury, Libération)
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (2,5 euros non asociados/as; consultar cotas).
As sesións de ciclo dos mércores son no Teatro principal de Ourense (Rúa da Paz, 9). A capacidade disponible con boa visión do local é de 245 persoas por sesión.
O cine de outono, (XI Miradas etnográficas) é no Museo etnolóxico de Ribadavia (Rúa Santiago, 16 - Ribadavia). A capacidade do local é de 25 persoas por sesión (única).
Pregamos puntualidade.
Dada a situación habitual desta época do ano, lembramos usar a máscara de protección dentro da sala para así previr o contaxio de catarros ou de COVID...que aínda sigue!.
Os símbolos desta web son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.
A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.
Tamén podes consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.
ADVERTENZAS:
Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección * sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Horarios CUT+1
Ningún comentario:
Publicar un comentario