26/11/10
II Semana do Cinema Documental
SEGUNDA «SEMANA DO CINEMA DOCUMENTAL» NO CINECLUBE
O Cineclube Padre Feijoo, coa colaboración de Cinebox Ourense, organiza a II Semana do Cinema Documental. Este ano, a actividade consistirá na proxección de dous documentais de temática diversa, seguindo o camiño iniciado na edición do ano pasado. As sesión serán o martes 30 de novembro e mais o mércores 1 de decembro ás 20:30 e 23 h, no Cinebox Ourense (Centro Comercial Ponte Vella), cos prezos habituais de entrada de 4 euros (3 euros con carné universitario).
Para esta actividade cóntase co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, así como da Federación de Cineclubes de Galicia, da Xunta de Galicia co Consorcio Audiovisual de Galicia e da Vicerreitoría do Campus de Ourense.
Deste xeito, o vindeiro martes, 30 de novembro, proxectarase Che, un hombre nuevo, filme dirixido polo arxentino Tristán Bauer (realizador da multipremiada Iluminados por el fuego), que investiga a figura dun mito como o do Che na súa intimidade. A película fai, en palabras do director, «unha viaxe a través da memoria histórica, o pensamento e a poesía de Ernesto Guevara».
O mércores, 1 de decembro, exhibirase La doctrina del shock. Este documental, codirixido polos británicos Michael Winterbottom (Wonderland, Código 46, In This World) e Mat Whitecross (que xa codirixira con Winterbottom Camino a Guantánamo), baséase no libro homónimo de Naomi Klein (a famosa autora de No Logo) sobre o auxe do chamado «capitalismo do desastre», que insta os gobernos a aproveitar períodos de crise para levar a cabo todo tipo de reformas a favor do libre mercado.
En ambos os casos, trátase de películas en estrea en Ourense.
II Semana do Cinema Documental
Cinebox Ourense
Entrada: 4 euros (3 euros con carné universitario)
Versión Orixinal Subtitulada
• Martes 30 de novembro de 2010 • Cinebox Ourense, 20.30 e 23 h
Che, un hombre nuevo
Che, un hombre nuevo. Arxentina/Cuba/España, 2009. Cor, 129 min • Dirección: Tristán Bauer • Produción: Carlos Ruta, Otilio García, Josetxo Moreno, Camilo Vives (UNSAM, Golem, ICAIC) • Guión: Tristán Bauer, Carolina Scaglione, coa colaboración de Alfredo Guevara • Fotografía: Javier Julià • Montaxe: José María del Peón, Gabriel Golzman, Carolina Scaglione • Música: Federico Jusid, Jean-Jacques Lemêtre • Estrea en España: 29/10/2010 • Versión orixinal en español.
• Festival dos Filmes do Mundo de Montreal 2010: Mellor documental
Web oficial (español): http://www.golem.es/che
Ernesto Guevara, o Che, asasinado aos 39 anos, converteuse nun verdadeiro ícono dos nosos tempos. A súa imaxe, a súa obra e o seu pensamento teñen hoxe unha forza irresistíbel. A clave que haberá de desentrañar este documental é a súa intimidade, a súa continua formación, a súa coherencia, a súa particular ollada poética sobre a realidade. Novo filme do director de ‘Después de la tormenta’ e ‘Iluminados por el fuego’.
• Mércores 1 de decembro de 2010 • Cinebox Ourense, 20.30 e 23 h
La doctrina del shock
The Shock Doctrine. Reino Unido, 2009. Cor, 80 min • Dirección: Michael Winterbottom, Mat Whitecross • Produción: Andrew Eaton, Alex Cooke, Avi Lewis (Renegade Pictures, Revolution Films) • Guión: Naomi Klein, segundo o seu libro ‘The Shock Doctrine: The Rise of Disaster Capitalism’ • Fotografía: Ronald Plante, Rich Ball • Montaxe: Paul Monaghan • Estrea en España: 6/8/2010 • Versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán.
• Festival de Sundance 2009
• Festival de Berlín 2009
• Festival de San Sebastián 2009
Web oficial (español): http://www.isaanent.com/ficha.php?idpelicula=43
Baseada no libro de Naomi Klein, o filme trata do auxe do chamado «capitalismo do desastre», que insta os gobernos a aproveitar períodos de crises económicas, guerras, desastres naturais, ataques terroristas e epidemias para saquear os intereses públicos e levar a cabo todo tipo de reformas a favor do libre mercado. Medidas tan desapiadadas que só puideron imporse mediante o medo, a forza e a represión. Rastrexa as orixes deste capitalismo salvaxe nas teorías radicais do premio nobel de economía Milton Friedman e a súa posterior aplicación en todo o mundo, desde as ditaduras dos anos 70 en Chile ou Arxentina, á Gran Bretaña de Margaret Thatcher, a Rusia de Ieltsin, ou as non tan afastadas invasións neoconservadoras no Afganistán e no Iraq.
23/11/10
‘An Education’
‘AN EDUCATION’ PECHA O CICLO «ENSINO E SOCIEDADE»
O Cineclube Padre Feijoo e Cinebox Ourense presentan mañá, mércores 24 de novembro, dentro do seu ciclo «Estreas en Versión Orixinal 11: Ensino e sociedade», o filme británico An Education, da directora Lone Scherfig. As proxeccións serán ás 20:30 e 23:00 h, no Cinebox Ourense (Centro Comercial Ponte Vella). As entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros no caso de estudantes con carné universitario).
Para o ciclo cóntase co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, así como da Federación de Cineclubes de Galicia, da Xunta de Galicia co Consorcio Audiovisual de Galicia e da Vicerreitoría do Campus de Ourense.
An Education baséase nos textos autobiográficos da xornalista Lynn Barber, e conta a historia dunha moza de 17 anos que reside nos tranquilos suburbios de Londres. Coincidindo co xurdimento da cultura dos 60, a súa vida vira completamente cando coñece un home de 35 anos que a cortexa con elegantes ceas, clubs e viaxes, e pon en perigo o seu futuro na Universidade de Oxford.
Gañadora do Premio do Público no Festival de Sundance, An Education ten suposto ademais unha morea de premios e eloxios para a súa actriz protagonista, Carey Mulligan.
16/11/10
‘La cinta blanca’
‘LA CINTA BLANCA’, ESTREA EN OURENSE DO NOVO FILME DE HANEKE
O Cineclube Padre Feijoo e Cinebox Ourense presentan mañá, mércores 17 de novembro, dentro do seu novo ciclo «Estreas en Versión Orixinal 11: Ensino e sociedade», o filme La cinta blanca (Das weisse Band), do austríaco Michael Haneke. As proxeccións serán ás 20:30 e 23:00 h, no Cinebox Ourense (Centro Comercial Ponte Vella). As entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros no caso de estudantes con carné universitario).
Para o ciclo cóntase co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, así como da Federación de Cineclubes de Galicia, da Xunta de Galicia co Consorcio Audiovisual de Galicia e da Vicerreitoría do Campus de Ourense.
La cinta blanca, a aclamada película de Michael Haneke, reflexiona, cos sucesos dunha pequena vila do norte de Alemaña nas vésperas da I Guerra Mundial, sobre as orixes da ideoloxía nazi. O filme recibiu a Palma de Ouro en Cannes 2009, tres dos máis relevantes Premios do Cinema Europeo na edición de 2009 (Mellor director, Mellor filme e Mellor guión), o Premio Fipresci ao Filme do Ano en San Sebastián 2009, e o Globo de Ouro 2010 ao Mellor filme en lingua non inglesa. Ademais, estivo nomeado como Mellor filme de fala non inglesa e como Mellor fotografía na última edición dos Oscars.
Haneke, director de películas como Funny Games (tanto na súa versión orixinal en 1997 como no remake americano de 2007), Caché, Código desconocido ou La pianista, é un realizador que non deixa ninguén indiferente, e o caso de La cinta blanca non é ningunha excepción.
10/11/10
Ciclo «Ensino e sociedade»
O NOVO CICLO SOBRE ENSINO E SOCIEDADE
ABRE A TEMPORADA DO CINECLUBE
Nas dúas últimas semanas do mes de novembro, o Cineclube Padre Feijoo e Cinebox Ourense proxectarán dous filmes dentro do seu novo ciclo «Estreas en Versión Orixinal 11: Ensino e sociedade». Como o propio nome do ciclo indica, son películas proxectadas en versión orixinal con subtítulos en castelán. Para o ciclo cóntase co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, así como da Federación de Cineclubes de Galicia, da Xunta de Galicia co Consorcio Audiovisual de Galicia e da Vicerreitoría do Campus de Ourense.
As proxeccións serán os mércores 17 e 24 de novembro, ás 20:30 e 23 h, no Cinebox Ourense (Centro Comercial Ponte Vella).
Os dous títulos que compoñen o ciclo «Ensino e sociedade» analizan, con historias situadas en momentos moi diferentes do século XX en Europa, a relación da educación cos sistemas políticos e sociais da súa época. Así, o próximo mércores, 17 de novembro, proxectarase La cinta blanca, a aclamada película do austríaco Michael Haneke que reflexiona, cos sucesos dunha pequena vila do norte de Alemaña nas vésperas da I Guerra Mundial, sobre as orixes da ideoloxía nazi.
O mércores 24, en troques, An Education, da directora danesa Lone Scherfig, levaranos ao Londres dos anos 60 e o contraste que supón para unha rapaza educada na férrea disciplina educativa británica coñecer a vida de fóra do seu colexio nun momento de cambios culturais profundos.
Ciclo Estreas en Versión Orixinal 11
Ensino e sociedade
Novembro 2010
17/11/2010 La cinta blanca
24/11/2010 An Education
Cinebox Ourense
Entrada: 4 euros (3 euros con carné universitario)
Versión Orixinal Subtitulada
Co apoio de:
Concellería de Cultura – Concello de Ourense
Federación de Cineclubes de Galicia
Xunta de Galicia / Consorcio Audiovisual de Galicia
Vicerreitoría do Campus de Ourense
• Mércores 17 de novembro de 2010 • Cinebox Ourense, 20.30 e 23 h
La cinta blanca
Das weisse Band. Eine deutsche Kindergeschichte. Alemaña/Austria/Francia/Italia, 2009. Branco e negro, 144 min • Dirección e guión: Michael Haneke • Produción: Stefan Arndt, Veit Heiduschka, Margaret Menegoz, Andrea Occhipinti (X Filme Creative Pool, Wega Film, Les Films du Losange, Lucky Red) • Fotografía: Christian Berger • Montaxe: Monika Willi • Intérpretes: Leonie Benesch (Eva), Josef Bierbichler (encargado), Rainer Bock (doutor), Christian Friedel (mestre), Burghart Klaussner (pastor), Steffi Kühnert (Anna), Ursina Lardi (Marie Louise), Susanne Lothar (comadroa), Gabriela-Maria Schmeide (Emma), Ulrich Tukur (o barón) • Estrea en Alemaña: 15/10/2009 • Estrea en España: 15/1/2010. Versión orixinal en alemán con subtítulos en castelán.
• Festival de Cannes 2009: Palma de Ouro, Premio Fipresci, Premio Cinematográfico do Sistema Nacional Francés de Educación
• Premios do Cinema Europeo 2009: Mellor director, Mellor filme, Mellor guión
• Festival de San Sebastián 2009: Premio Fipresci ao Filme do Ano
• Globos de Ouro 2010: Mellor filme en lingua non inglesa
• Oscars 2010: nomeado como Mellor filme de fala non inglesa e á Mellor fotografía
• Web oficial (alemán): http://dasweisseband.x-verleih.de
• Web oficial (español): http://www.golem.es/lacintablanca
1913-1914. Estraños acontecementos, que aos poucos toman carácter de castigo ritual, ocorren nunha pequena vila protestante do norte de Alemaña. Quen está detrás de todo isto? Os nenos e adolescentes do coro do colexio e da igrexa e as súas familias conforman unha historia que reflexiona sobre as orixes do nazismo en vésperas da I Guerra Mundial.
• Mércores 24 de novembro de 2010 • Cinebox Ourense, 20.30 e 23 h
An Education
An Education. Reino Unido/EE. UU., 2009. Cor, 102 min • Dirección: Lone Scherfig • Produción: Finola Dwyer, Amanda Posey (BBC Films, Wildgaze Films, Finola Dwyer Productions, Endgame Entertainment) • Guión: Nick Hornby, baseado nas memorias de Lynn Barber • Fotografía: John de Borman • Montaxe: Barney Pilling • Música: Paul Englishby • Intérpretes: Peter Sarsgaard (David), Carey Mulligan (Jenny), Alfred Molina (Jack), Rosamund Pike (Helen), Dominic Cooper (Danny), Olivia Williams (Srta. Stubbs), Emma Thompson (directora), Cara Seymour (Marjorie), Matthew Beard (Graham), Sally Hawkins (Sarah) • Estrea no Reino Unido: 30/10/2009 • Estrea en España: 26/2/2010.
• Festival de Sundance 2009: Premio do Público e Premio á mellor fotografía
• Globos de Ouro 2010: nomeada como Mellor actriz dramática (Carey Mulligan)
• Oscars 2010: nomeada como Mellor filme, Mellor actriz (Carey Mulligan) e Mellor guión adaptado
• Premios Independent Spirit 2010: Mellor filme estranxeiro
• Premios BAFTA 2010: Mellor actriz principal (Carey Mulligan)
• Premios do Cinema Independente Británico 2009: Mellor actriz (Carey Mulligan)
• Web oficial (inglés): http://www.sonyclassics.com/aneducation
Baseándose nos textos de Lynn Barber, o filme xira en torno a unha moza de 17 anos que reside nos tranquilos suburbios de Londres. Coincidindo co xurdimento da cultura dos 60, a súa vida vira completamente cando coñece un home de 35 anos que a cortexa con elegantes ceas, clubs e viaxes, e pon en perigo o seu futuro na Universidade de Oxford.
26/10/10
Charla sobre cinema con Pepe Coira
CHARLA SOBRE CINEMA CON PEPE COIRA
Este xoves, 28 de outubro, ás 20:15 h, o Cineclube Padre Feijoo, en colaboración coa Federación de Cineclubes de Galicia, desenvolverá unha charla aberta con baixo o título de Pepe Coira«As catro vidas dunha película». A súa charla tratará sobre a produción e a distribución cinematográfica. O acto será no café Grândola (praza de San Marcial, esquina coa rúa Liberdade, no casco histórico de Ourense). A entrada é libre e gratuíta.
As catro vidas dunha película é o libro escrito por Pepe Coira, produtor, crítico e xornalista cinematográfico. Foi vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual, e director do CGAI desde 1990 até 1997. Profesor da entre 1997 e 2000, dirixiu a área de desenvolvemento de proxectos na Escola de Imaxe e Son da CoruñaProdutora NTR (Video Voz) entre 2001 e 2006. Foi produtor executivo e editor de guión en series como Mareas vivas, Terra de Miranda ou As leis de Celavella. É autor dos libros As catro vidas dunha película (1995) e Antonio Román. Director de cine (1999). Realizou a tradución ao galego do libro de Robert Bresson Notas sobre o cinematógrafo. Foi un dos coordinadores do Diccionario do cine en Galicia 1896-2000 (2002) e colaborou no Libro branco da Cinematografía e Artes Visuais en Galicia (2004). Na actualidade traballa para a produtora Filmax como responsábel de desenvolvemento, e é profesor de Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo.
12/10/10
Cinema e Banda Deseñada
«Cinema e BD»
Sección dedicada á proxección en pantalla grande de filmes relacionados coa banda deseñada internacional, en estrea na cidade. No Cinebox Ourense (Centro Comercial Ponte Vella), en colaboración entre as Xornadas de Banda Deseñada de Ourense e mais o Cineclube Padre Feijoo e a Federación de Cineclubes de Galicia. Prezo de entrada: 3 euros. Proxeccións en versión orixinal subtitulada.
• Mércores 13 de outubro, 20:30 e 23 h. Cinebox Ourense
Gainsbourg (Vie héroïque). Francia, 2009. Cor, 130 min • Dirección e guión: Joann Sfar • Produción: Marc du Pontavice, Didier Lupfer • Fotografía: Guillaume Schiffman • Montaxe: Maryline Monthieux • Música: Olivier Daviaud • Interpretación: Éric Elmosnino (Serge Gainsbourg), Laetitia Casta (Brigitte Bardot), Lucy Gordon (Jane Birkin), Anna Mouglalis (Juliette Gréco) • Estrea en Francia: 20 /1/2010 • Estrea en España: 8/7/2010 • Formato de proxección: 35mm • Versión orixinal con subtítulos en castelán • Non recomendada para menores de 13 anos.
• Festival de Cine Tribeca 2010 (Nova York)
• Festival Internacional de Cine de San Francisco 2010
• Festival Internacional de Cine de Istambul 2010
• Festival Cinema Jove 2010
Lucien, fillo de pais ruso-xudeus, anda a brincar polas rúas de París lucindo orgulloso unha abominable estrela amarela na solapa da súa chaqueta. Estamos en 1941, en plena época de conflito bélico europeo, nun París baixo a ocupación alemá. Malia que aínda non o sabe, o pequeno Lucien terminará converténdose en Serge Gainsbourg, todo un mito e unha lenda universal. Primeira longametraxe como director do aclamado Joann Sfar, autor de obras de BD como ‘La mazmorra’, ‘El gato del rabino’ ou ‘Gran Vampir’.
• Xoves 14 de outubro, 20:30 e 23 h. Cinebox Ourense
María y yo. España, 2010. Cor, 80 min • Dirección: Félix Fernández de Castro • Produción: Loris Omedes • Guión: Félix Fernández de Castro e Ibon Olaskoaga, baseado no cómic de Miguel Gallardo • Fotografía: Sergi Volanova • Montaxe: Ibon Olaskoaga • Música: Pascal Comelade, Vetusta Morla, Kevin Johansen, Antonia Font • Intervencións: Miguel Gallardo, María Gallardo, May Suárez • Estrea en España: 16/7/2010 • Formato de proxección: dixital • Versión orixinal en castelán e catalán • Apta para todos os públicos.
• Festival de Málaga 2010, sección competitiva documentais
• Festival de Cinema de Tarragona, REC10, 2010: Premio ao Mellor Primeiro Filme
Documental que adapta ao cinema a novela gráfica de Miguel Gallardo (Premio Nacional de Cómic de Cataluña 2008). É a historia da viaxe que fan o propio Miguel e a súa filla María a Canarias para pasar unhas vacacións xuntos nun ‘resort’, un escenario que non adoita acoller entre os seus hóspedes un pai só cunha nena que padece autismo. Esta estadía estival explica o día a día dunha relación que mostra, ademais, todo o amplo abano do chamado «espectro autista».
21/05/10
‘Vicente Risco na República de Weimar’
Axuntamos a nota de prensa da propia fundación.
Encetamos unha actividade que pretendemos continuar os vindeiros anos baixo o título xenérico de OS MUNDOS DE VICENTE RISCO.
Co gallo do 80 cabo de ano da viaxe de don Vicente a Alemaña para estudar folclore, estará centrado na República de Weimar.
Colaboran: Cine Clube Padre Feijoo, Festival de Cine de Ourense, Centro Galego de Arte Contemporánea e Instituto Goethe.
EXPOSICIÓN
O mércores 26 de maio, ás 20,00 horas na sede da Fundación Vicente Risco (Rúa San Lorenzo 3, Allariz) terá lugar a inauguración da exposición FOTOGRAFÍAS DA UFA (CINEMA ALEMÁ DE ENTREGUERRAS) que estará aberta ao público até o 30 de agosto.
Na primeira semana de setembro, a exposición poderá ser visitada na Casa da Cultura de Monforte de Lemos.
PROXECCIÓNS
OURENSE: CINEBOX, ÁS 20.30 H
27-V-2010 O anxo azul. Presentación a cargo de Katherine Diestelmeier.
3-VI-2010 Berlín, sinfonía dunha gran cidade. Presentación a cargo de Miguel Anxo Fernández.
10-VI-2010 Emilio e os detectives. Presentación a cargo de Xosé Manuel Rodríguez.
17-VI-2010 Cabaret. Presentación a cargo de Arturo Lezcano.
ALLARIZ: CAFÉ CULTURAL ROI XORDO, ÁS 20.30 H
16-VI-2010 O anxo azul. Presentación a cargo de Katherine Diestelmeier.
23-VI-2010 Berlín sinfonía dunha gran cidade. Presentación a cargo de Miguel Anxo Fernández.
30-VI-2010 Emilio e os detectives. Presentación a cargo de Xosé Manuel Rodríguez.
7-VII-2010 Cabaret. Presentación a cargo de Arturo Lezcano.
SANTIAGO DE COMPOSTELA: CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA. MES DE AGOSTO.
(CONSULTAR CO CGAC)
MONFORTE DE LEMOS: CASA DA CULTURA. PRIMEIRA QUINCENA DE SETEMBRO.
(CONSULTAR COA CASA DA CULTURA)
11/05/10
‘O labirinto ario’ e ‘Entre línguas’
‘O LABIRINTO ARIO’ E ‘ENTRE LÍNGUAS’,
PRODUCIÓNS GALEGAS NO CINECLUBE
O Cineclube Padre Feijoo proxecta mañá, mércores 12 de maio, as producións galegas O labirinto ario e Entre línguas. A sesión, ás 20.30 h, con entrada gratuíta, será no Auditorio Municipal de Ourense. Cóntase co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, Federación de Cineclubes de Galicia, a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e as produtoras Amén Cinema e Chantada Films.
O labirinto ario é unha curtametraxe de ficción, en ton de comedia aloucada, que, como din os seus promotores «mestura o esoterismo nazi, os alieníxenas e o caso dunha man cortada». A trama conta como, ao morrer Hitler en 1946, é soterrado na parroquia de Nogueira. Os seus lugartenentes, o doutor Manfred e Helmuth, reciben o apoio do Xeneralísimo Franco, quen intercede diante da Marquesa de Tor a prol do advento dunha raza aria, o rexurdir do IV Reich e o espertar dun novo Mesías. A todo isto únese a procura do Santo Graal no Monte do Faro, experimentos nas bases subterráneas nazis de Belesar, rituais satánicos na cripta romana de Santa Eulalia de Bóveda e contactos co planeta Ummo. Unha divertida historia de 25 minutos que foi candidata na categoría de Mellor curtametraxe de ficción na última edición dos Premios Mestre Mateo, e que nesta proxección estará presentada polo seu director, Alfredo Pardo.
A continuación proxectarase Entre línguas, un documental que parte do caso do ‘galego de Cáceres’ (a zona do val do Elas) para estudar os outros territorios que, ao longo da fronteira con Portugal —desde a provincia de Zamora até a de Badaxoz—, por diferentes vicisitudes históricas, posúen actualmente soberanía española e conservan uns dialectos moi semellantes ao galego. No transcurso deste documental, os veciños e veciñas destas case sempre pequenas vilas cóntannos como viven a súa máis forte peculiaridade e conversan sobre os motivos para continuaren a falar como aínda falan e cantan, ou todo o contrario. O filme, de 30 minutos, está dirixido por Vanessa Vila Verde, João José Varela e Eduardo Sanches.
30/04/10
Producións galegas en maio
PROXECCIÓN DE PRODUCIÓNS GALEGAS
NAS PRIMEIRAS SESIÓNS DE MAIO
Coincidindo co mes das Letras Galegas, o Cineclube Padre Feijoo programou dúas sesións dedicadas a producións galegas. Así, o día 5 proxectaranse os documentais Lobos sucios e Bandoleiros ou guerrilleiros?, e o día 12, a curtametraxe de ficción O labirinto ario e o documental Entre línguas.
As proxeccións, que terán entrada gratuíta, serán (en sesión única, ás 20.30 h) no Auditorio Municipal de Ourense. Cóntase co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, Federación de Cineclubes de Galicia, a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia, a Axencia Audiovisual Galega e as produtoras Amén Cinema e Chantada Films.
• Mércores 5 de maio de 2010 • Auditorio Municipal de Ourense, 20.30 h (sesión única)
‘Lobos sucios’ e ‘Bandoleiros ou guerrilleiros?’
(Cinemas Dixitais)
Lobos sucios. Galicia, 2006. Cor, 32 min. Dirección e guión: Felipe Rodríguez Lameiro • Produción: Felipe Rodríguez Lameiro • Fotografía: Victorino Lourido García, Sergio Moreno Blanco • Montaxe: Felipe Rodríguez Lameiro • Música: Belén González Blanco • Intervencións: Manuel Rivas. Versión orixinal en galego.
• Tribeca Film Festival 2008: Sección oficial
• Web oficial: http://www.lobossucios.com
Este documental trata de sacar á luz os pormenores da revolución mineira do volframio (wolf = lobo, ram = sucio) en Galicia durante a posguerra civil española, a partir do desenterramento dun corpo, da memoria e dunha lenda. O filme flúe a través de tres liñas narrativas que se entrelazan e relacionan co fin de obter unha metáfora fílmica a partir da mirada persoal do autor sobre a memoria ou testemuña dos protagonistas da historia.
Bandoleiros ou guerrilleiros? Galicia, 2006. Cor, 50 min. Dirección: José A. Sanmartín, Alfredo García Pinal • Produción: María Luisa Padrón Lorenzo (Produccións SP) • Guión: José A. Sanmartín, Antón Grande Penela • Fotografía: Xacobe García Vidal • Montaxe: Alfredo García Pinal • Música: Gonzalo Vázquez. Versión orixinal en galego.
Documental histórico ficcionado, trata as vivencias, durante a guerra civil e os anos que seguen, dos chamados «fuxidos», «maquis», «bandoleiros» ou «guerrilleiros» en Galicia. As ficcións recréanse nos lugares reais dos feitos e son narradas por guerrilleiros aínda vivos, como Camilo de Dios, Kiko e unha guerrilleira ourensá residente en Francia, que por primeira vez dá a coñecer a súa historia diante dunha cámara. Historiadores, investigadores, testemuñas vivas dos feitos e outros personaxes van narrando a historia da guerrilla en Galicia. Persoeiros como Eimun Heinen, Carlos G. Reigosa, Carlos Fernández ou Xesús Alonso Montero alumean a trama cos seus comentarios.
• Mércores 12 de maio de 2010 • Auditorio Municipal de Ourense, 20.30 h (única sesión)
‘O labirinto ario’ e ‘Entre linguas’
O labirinto ario. Galicia, 2009. Cor, 25 min. Dirección: Alfredo Pardo • Produción: Chantada Films, Chantada Comunicación • Guión: Ana Belén Diz • Fotografía: David Vázquez • Montaxe: Alfredo Pardo • Música: Sergio Pena • Intérpretes: Alejandro Carro, Mela Casal, Julio Cela, Ramón Pérez, Beatriz Serén. Versión orixinal en galego.
• Premios Mestre Mateo 2010: nomeada como mellor curtametraxe de ficción
• Web oficial: http://www.chantadafilms.com
Curtametraxe de ficción cuxa trama mestura o esoterismo nazi, os alieníxenas e o caso dunha man cortada. Ao morrer Hitler en 1946 é soterrado na parroquia de Nogueira. Os seus lugartenentes, o doutor Manfred e Helmuth, reciben o apoio do Xeneralísimo Franco, quen intercede diante da Marquesa de Tor a prol do advento dunha raza aria, o rexurdir do IV Reich e o espertar dun novo Mesías. Ademais: a procura do Santo Graal no Monte do Faro, experimentos nas bases subterráneas nazis de Belesar, rituais satánicos na cripta romana de Santa Eulalia de Bóveda e os contactos co planeta Ummo.
Entre línguas. Galicia, 2009. Cor, 30 min. Dirección e guión: Vanessa Vila Verde Lamas, João José Varela Aveledo, Eduardo Sanches Maragoto • Produción: Producción: Vanessa Vila Verde Lamas, João José Varela Aveledo, Eduardo Sanches Maragoto (Colectivo Glu-Glu, Amén Cinema) • Fotografía: Vanessa Vila Verde Lamas, João José Varela Aveledo, Eduardo Sanches Maragoto • Montaxe: Ramiro Ledo • Música: Ramón Lluís Bande, Nacho Vegas. Versión orixinal en galego.
• Web oficial: http://entrelinguas.agal-gz.org
O caso do ‘galego de Cáceres’ tornouse coñecido en Galicia hai case dúas décadas. Porén, ao longo da fronteira con Portugal, desde a provincia de Zamora até a de Badaxoz, existen outros catro territorios que, por diferentes vicisitudes históricas, posúen actualmente soberanía española e conservan uns dialectos moi semellantes ao galego. No transcurso deste documental, os veciños e veciñas destas case sempre pequenas vilas cóntannos como viven a súa máis forte peculiaridade e conversan sobre os motivos para continuaren a falar como aínda falan e cantan, ou todo o contrario.
Convite para ‘En tierra hostil’
13/04/10
‘Màscares’ e ‘La vida loca’
Esta é a nota de prensa enviada hoxe aos medios (se queres recibir información sobre as actividades do Cineclube, únete ao grupo de correo en http://groups.google.es/group/cineclubepf ou a través de Facebook)
O CINECLUBE COLABORA COA MITEU
COA PROXECCIÓN DE ‘MÀSCARES’ E ‘LA VIDA LOCA’
Mañá, mércores 14, e mais o vindeiro luns 19 de abril, o Cineclube Padre Feijoo fará proxeccións, no Auditorio Municipal de Ourense, dentro do programa da Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU). As entradas custarán, ao igual que as outras actividades da mostra, 2 euros.
O mércores 14, proxectarase, cun único pase ás 20.30 h, o filme Màscares, documental sobre a preparación dun personaxe teatral —nunha obra en que interpreta a Orson Welles— por parte de Josep Maria Pou, veterano e moi respectado actor de teatro, cinema e televisión. A película permite así ver o seu traballo entre bambolinas, un espazo normalmente oculto á ollada do público. Os directores do filme son Elisabet Cabeza e Esteve Riambau, que codirixiran antes tamén o documental La doble vida del faquir, en 2005. Màscares foi presentado na sección oficial do Festival de San Sebastián.
O luns 19, tamén cun pase único, pero ás 23.00 h, será La vida loca, documental acerca das chamadas ‘maras’, bandas de rapaces que causan o terror en países como O Salvador. Abandonados polo contorno social, os adolescentes encontran nesas bandas un lugar no mundo, un sentimento de seguridade, unha comunidade que os ampara. Durante un ano enteiro, a cámara de La vida loca detense no cotián dunha célula dunha desas xigantescas maras. Christian Poveda, o director, foi asasinado no Salvador o 2 de setembro de 2009.
06/04/10
Programación de abril
A PROGRAMACIÓN DE ABRIL ÁBRESE
COA PROXECCIÓN DE DÚAS PRODUCIÓNS GALEGAS
O CINECLUBE EXHIBIRÁ TAMÉN
DOUS FILMES EN COLABORACIÓN COA MITEU
Mañá, mércores 7 de abril, o Cineclube Padre Feijoo proxectará, no Auditorio Municipal de Ourense, os filmes galegos Nouturnio de Celanova e Señora de. As sesións serán ás 20.30 e 23 h, e estarán enmarcadas nos actos que organiza a Academia Galega do Audiovisual como previos á sétima edición dos Premios Mestre Mateo, baixo o título de Semana do Audiovisual Galego. Contan co patrocinio da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia. A entrada será libre e gratuíta.
Nouturnio de Celanova, de Raúl García Pérez, é unha curtametraxe baseada no poema homónimo de Curros Enríquez, e conta coa música de Luís Emilio Batallán. A fita está nomeada na categoría de Mellor curtametraxe de animación aos Premios Mestre Mateo 2009.
Pola súa parte, Señora de é un filme de Patricia Ferreira (directora de títulos como Sei quen es, El alquimista impaciente e Para que no me olvides) que está nomeado na categoría de Mellor longametraxe documental. Conta a historia de trece mulleres na España franquista, un tempo en que as súas voces, os seus desexos e os seus pensamentos foron silenciados. Para esta produción realizáronse máis de 300 entrevistas, no contexto dun labor de investigación no cal colaborou o departamento de Historia Contemporánea e América da Facultade de Historia da Universidade de Santiago.
Os días 14 e 19 de abril, proxectaranse, tamén no Auditorio Municipal de Ourense pero xa no marco da Miteu (Mostra Internacional de Teatro Universitario) dous filmes: o día 14, Màscares, documental sobre a preparación dun personaxe teatral por parte do actor Josep Maria Pou; e o 19, La vida loca, outro documental, neste caso, sobre as «maras» ou bandas marxinais do Salvador. As entradas, nestes casos, custarán, ao igual que as outras actividades da Miteu, 2 euros.
• Mércores 7 de abril de 2010 • Auditorio Municipal de Ourense, 20.30 e 23 h
Nouturnio de Celanova / Señora de
Dentro da Semana do Audiovisual Galego da Academia Galega do Audiovisual
Nouturnio de Celanova. Galicia, 2009. Cor, 7 min • Dirección: Raúl García Pérez • Produción: Raúl García Pérez (Bola Films) • Guión: Raúl García Pérez, segundo o poema de Manuel Curros Enríquez • Fotografía: Raúl García Pérez • Montaxe: Raúl García Pérez • Música: Luís Emilio Batallán • Estrea: 27/12/2009 • Versión orixinal en galego.
• Premios Mestre Mateo 2009: nomeada a Mellor curtametraxe de animación
Web oficial (galego/castelán): http://www.facebook.com/pages/Nouturnio-de-Celanova/139753133473
Un vello vese condenado a abandonar o seu lar para afrontar o «nouturnio» da súa vida.
Señora de. Galicia, 2009. Cor, 80 min • Dirección: Patricia Ferreira • Produción: Carmen I. Rábade (O Raio Verde-Medios Dixitais, Televisión de Galicia) • Guión: Patricia Ferreira, Carmen I. Rábade, María Salgueiro • Fotografía: Antón Bugallo • Montaxe: Rita Romero • Música: Arturo Kress • Estrea: 15/9/2006 • Versión orixinal en galego.
• Seminci Valladolid 2009: terceiro premio da Sección ‘Tiempo de Historia’
• Premios Mestre Mateo 2009: nomeada a Mellor longametraxe documental
Trece mulleres contan as súas vidas na España franquista, un tempo en que as súas voces, os seus desexos e os seus pensamentos foron silenciados. Para esta produción realizáronse máis de 300 entrevistas, no contexto dun labor de investigación no cal colaborou o departamento de Historia Contemporánea e América da Facultade de Historia da Universidade de Santiago e, de xeito especial, a profesora Isaura Varela.
• Mércores 14 de abril de 2010 • Auditorio Municipal de Ourense, 20.30 h (única sesión)
Màscares
Dentro do programa da Miteu
Màscares. Cataluña, 2009. Cor, 90 min • Dirección e guión: Elisabet Cabeza, Esteve Riambau • Produción: Antonio Chavarrías (Oberon Cinematográfica) • Fotografía: David Valldepérez • Montaxe: Ernest Blasi • Música: Eduardo Arbide • Intervencións: Josep Maria Pou, Calixto Bieito, Richard France, Jaume Ulled • Estrea en España: 2/10/2009. Versión orixinal en castelán e catalán.
• Festival de San Sebastián 2009: Sección oficial
Os actores, como os magos, non revelan os seus trucos. Josep Maria Pou fixo unha excepción ao permitir que unha cámara filmase o proceso de preparación dunha obra en que interpreta a Orson Welles. A acción de ‘Màscares’ transcorre entre bambalinas, un espaczo oculto á ollada do público, no cal o actor muda de pel para invocar o seu personaxe. Maxia, con truco, mais maxia á fin e ao cabo.
• Luns 19 de abril de 2010 • Auditorio Municipal de Ourense, 23 h (única sesión)
La vida loca
Dentro do programa da Miteu
La vida loca. España/Francia/México, 2008. Cor, 91 min • Dirección e guión: Christian Poveda • Produción: Luis Ángel Bellaba, Gustavo Ángel, Emilio Maillé • Fotografía: Christian Poveda • Montaxe: Mercedes Alted • Música: Sebastian Rocca • Estrea en España: 30/10/2009. Versión orixinal en español.
Web oficial (francés/inglés/español): http://www.lavidaloca-lefilm.fr/
En América Central son chamadas ‘Maras’. Creadas sobre o modelo das bandas dos Ánxeles, estes grupos de rapaces causan o terror en países como O Salvador. Abandonados polo contorno social, os adolescentes encontran nesas bandas un lugar no mundo, un sentimento de seguridade, unha comunidade que os ampara. Durante un ano enteiro, a cámara detense no cotián dunha célula dunha desas xigantescas maras, a Clica 18 da Campanera, composta por uns cincuenta adolescentes e mozos adultos, cunha media de 16-18 anos. Esa banda é unha sorte de comuna igualitaria, unha especie de confraría autoproclamada de marxinados, metade nenos da rúa, metade nenos soldados. Christian Poveda, o director, foi asasinado no Salvador o 2 de setembro de 2009.
24/03/10
Nova camiseta do Cineclube
De momento, a única maneira de comprar estas camisetas (en modelos para muller e home, e diferentes talles, todos eles a un prezo de 12 euros) é nas nosas sesións cinematográficas, aínda que tamén poderedes encargalas previamente a través do noso enderezo de email ou mediante Facebook.
Unha curiosidade: a última vez que se proxectou Nosferatu no Cineclube Padre Feijoo foi hai catorce anos, en marzo de 1996 (o 21/3/1996, nunha sesión dobre co título de «Noite do terror» en parella con El conde Drácula [1969], de Jess Franco).
23/03/10
‘Home, ¿dulce hogar?’
CON ‘HOME, ¿DULCE HOGAR?’
ACABA O CICLO «CATRO MIRADAS DO MUNDO»
Mañá, mércores 24 de marzo, o Cineclube Padre Feijoo e Cinebox Ourense presentan a película Home, ¿dulce hogar? (Home), dirixida pola suíza Ursula Meier. O filme enmárcase no ciclo «Estreas en Versión Orixinal 10: Catro miradas do mundo». Formou parte da Semana da Crítica do Festival de Cannes de 2008, e entre os moitos galardóns con que conta está o Premio do Público na Mostra Internacional de Filmes de Mulleres de Barcelona 2009.
Os pases serán ás 20.30 e 23.00 horas, no Cinebox Ourense (Centro Comercial Ponte Vella); as entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros no caso de estudantes con carné universitario).
O presente ciclo conta co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ourense, así como da Federación de Cineclubes de Galicia, da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e da Vicerreitoría do Campus de Ourense.
Home, ¿dulce hogar? conta a historia dunha familia que vive nunha casa de campo en medio da nada. Illados do mundo, lograron o equilibrio creando un ambiente en que reina a alegría e a harmonía familiar. Mais a apertura dunha autoestrada abandonada que pasa a poucos metros da súa casa converterá a súa existencia nunha carreira por adaptarse ao mundo exterior. Aínda que ao principio eles seguen a súa despreocupada rutina, un inquietante mundo de centos de coches que pasan rápidos e ruidosos irromperá nas súas vidas poñendo a proba o seu enxeño, a súa forza e a súa vontade para se manteren na súa casa ideal e protexeren a súa particular forma de vida.
O crítico Jordi Costa escribía sobre Home na revista Fotogramas: «hai neste traballo unha poderosa enerxía perturbadora e un saudábel rexeitamento á obviedade».
16/03/10
‘Frozen River’
‘FROZEN RIVER’: CINEMA COMPROMETIDO NO CICLO «CATRO MIRADAS DO MUNDO»
Mañá, mércores 17 de marzo, o Cineclube Padre Feijoo e Cinebox Ourense presentan a película Frozen River (Río helado), dirixida pola estadounidense Courtney Hunt. O filme enmárcase no ciclo «Estreas en Versión Orixinal 10: Catro miradas do mundo», que para esta ocasión conta coa colaboración do Grupo Local de Amnistía Internacional en Ourense. O filme obtivo o Gran Premio do Xurado no Festival de Sundance de 2008, así como tres premios (entre eles, a Cuncha de Prata á Mellor Actriz) no Festival de San Sebastián 2008. Os pases serán ás 20.30 e 23.00 horas, no Cinebox Ourense (Centro Comercial Ponte Vella); as entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros no caso de estudantes con carné universitario).
O presente ciclo conta co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ourense, así como da Federación de Cineclubes de Galicia, da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e da Vicerreitoría do Campus de Ourense.
Frozen River conta a historia dunha muller, Ray, a punto de comprar a casa dos seus soños para a súa pequena familia. Porén, o seu marido, grande afeccionado ás apostas, foxe co diñeiro e déixaa arruinada e soa cos nenos. Mentres trata de encontrar o seu marido, Ray coñece a Lila Littlewolf, unha rapaza mohawk que lle propón un xeito de gañar diñeiro fácil. O plan é arriscado: pasar inmigrantes ilegalmente polo xeado río Saint Lawrence, con patrullas fronteirizas nas dúas beiras. A desesperación por gañar diñeiro empurra a Ray a aceptar a oferta. Ray conducirá o coche e repartiranse as ganancias. Ao principio, a capa de xeo é grosa, mais a medida que seguen co seu negocio e o xeo se fai máis delgado, Ray e Lila descubrirán que trasladar inmigrantes ten un prezo.
A directora Courtney Hunt, como afirmaba o diario Le Monde, «encontra o equilibrio perfecto entre o suspense, a crónica social e a relación entre as protagonistas». Pola súa parte, o cineasta Quentin Tarantino, membro do xurado da edición 2008 do Festival de Sundance, dixo do filme: «Un dos thrillers máis inquietantes que teño visto: desde a primeira media hora até o derradeiro fotograma estiven co corazón encollido».
09/03/10
‘Cómo celebré el fin del mundo’
‘CÓMO CELEBRÉ EL FIN DEL MUNDO’, NO CICLO «CATRO MIRADAS DO MUNDO»
Mañá, mércores 10 de marzo, o Cineclube Padre Feijoo e Cinebox Ourense presentan a película romanesa Cómo celebré el fin del mundo (Cum mi-am petrecut sfarsitul lumii), dirixida por Catalin Mitulescu, dentro do ciclo «Estreas en Versión Orixinal 10: Catro miradas do mundo». O filme obtivo o Premio á Mellor Actriz na prestixiosa sección «Unha certa ollada» do Festival de Cannes de 2006, e o Premio da Xuventude da Seminci de Valladolid dese mesmo ano. Os pases serán ás 20.30 e 23.00 horas, no Cinebox Ourense (Centro Comercial Ponte Vella); as entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros no caso de estudantes con carné universitario).
O presente ciclo conta co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ourense, así como da Federación de Cineclubes de Galicia, da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e da Vicerreitoría do Campus de Ourense.
Cómo celebré el fin del mundo sitúanos en Bucarest, en 1989, derradeiro ano da ditadura de Ceausescu. Eva, de 17 anos, vive cos seus pais e co seu irmán de 7, Lalalilu. Un día na escola, Eva e o seu mozo Alex —fillo dun odiado oficial do partido comunista— rompen accidentalmente un busto de Ceausescu. Alex confesa a súa culpa perante toda a clase e un comité disciplinario do partido; Eva négase e é trasladada a un reformatorio. Alí coñece a Andrei, que se está a preparar para escapar do país cruzando a nado o Danubio. Eva decide escapar con el. Lalalilu, desolado pola fuga da súa irmá, chega á conclusión de que Ceausescu é o culpábel de toda a súa dor e a razón principal da decisión de Eva. Entón, cos seus amigos da escola, traza un plan para lograr que Eva regrese e comezar unha nova vida nunha Romanía libre.
Deborah Young, na revista Variety, comentaba sobre Cómo celebré el fin del mundo: «Mitulescu logra harmonizar os difíciles camiños do ton traxicómico da película, ofrecendo ao espectador o sentimento daquela época tal como foi sentido pola xente corrente que quedou na sombra até que de repente a revolución puxo o seu mundo do revés».
02/03/10
‘Tres monos’
INICIO DO CICLO «CATRO MIRADAS DO MUNDO»
COA PELÍCULA ‘TRES MONOS’
Mañá, mércores 3 de marzo, o Cineclube Padre Feijoo e Cinebox Ourense presentan a película turca Tres monos (Üç maymun), dirixida por Nuri Bilge Ceylan —o realizador das aclamadas Lejano (Uzak) e Los climas—, dentro do ciclo «Estreas en Versión Orixinal 10: Catro miradas do mundo». O filme obtivo o Premio ao Mellor Director no Festival de Cannes de 2008. Os pases serán ás 20.30 e 23.00 horas, no Cinebox Ourense (Centro Comercial Ponte Vella); as entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros no caso de estudantes con carné universitario).
O presente ciclo conta co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ourense, así como da Federación de Cineclubes de Galicia, da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e da Vicerreitoría do Campus de Ourense.
No filme Tres monos cóntase como Servet, un político, tras quedar durmido ao volante do seu vehículo, atropela mortalmente un peón. Horrorizado ante a posibilidade de que ese suceso inflúa na súa carreira electoral, decide agachar o seu delito, polo que recorre a Eyüp, o seu chofer de toda a vida. Este acepta ir a prisión a cambio da seguridade financeira da súa familia. Mentres Eyüp está no cárcere, a vida de Ismai, o seu fillo adolescente, comeza a tomar camiños problemáticos. Hacer, a fermosa muller de Eyüp, recorre a Servet en busca de axuda, mais a relación entre ambos parece ir más alá do aceptábel. Unha intricada rede de mentiras unirá as vidas destas catro persoas, creando un difícil equilibrio que ameaza con se esborrallar en calquera momento.
A prensa internacional tense desfeito en eloxios cara a este filme. En Francia, por exemplo, o diario Le Monde aseguraba: «a atmosfera abafante pálpase no ton existencialista da película e no seu tratamento estético», e cualificábao como «cinema do grande»; Libération, pola súa parte, definíao como «un filme cativador acerca dos celos, a arrogancia do poder, a violencia e, sobre todo, a mentira».
26/02/10
Ciclo «Catro miradas do mundo»
O CICLO DE ESTREAS DE MARZO
TRAE Á CIDADE CATRO FILMES
DE DIVERSAS PARTES DO MUNDO
O mércores 3 de marzo comeza o novo ciclo da programación mantida polo Cineclube Padre Feijoo, en colaboración con Cinebox Ourense. Chégase así ao décimo da serie «Estreas en Versión Orixinal», co título de «Catro miradas do mundo». Os pases, como vén sendo habitual, serán ás 20.30 e ás 23.00 horas, no Cinebox Ourense (Centro Comercial Ponte Vella), e as entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros no caso de estudantes con carné universitario).
Para o ciclo cóntase co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ourense, así como da Federación de Cineclubes de Galicia, da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e da Vicerreitoría do Campus de Ourense.
O ciclo «Estreas en Versión Orixinal 10: Catro miradas do mundo» traerá a Ourense os filmes Tres monos, Cómo celebré el fin del mundo, Frozen River e Home, ¿Dulce hogar? O 3 de marzo proxectarase Tres monos, película turca dirixida por Nuri Bilge Ceylan, que gañou o Premio ao Mellor director no Festival de Cannes de 2008. O 10 de marzo será exhibida a fita de orixe romanesa Cómo celebré el fin del mundo, de Catalin Mitulescu, que obtivo o Premio da Xuventude na Seminci de Valladolid 2006, e mais o Premio á Mellor actriz na prestixiosa sección «Unha Certa Ollada» do Festival de Cannes 2006. O 17 de marzo, Frozen River (Río helado) será a película que reciba proxección; está dirixida pola estadounidense Courtney Hunt, e obtivo o Gran Premio do Xurado Festival de Sundance 2008, así como a Cuncha de Prata á Mellor Actriz e outros dous premios no Festival de San Sebastián 2008. Por último, o 24 de marzo pechará o ciclo o filme suízo Home, ¿Dulce hogar?, protagonizado por Isabelle Huppert e dirixido por Ursula Meier. A película estivo na sección oficial da Semana da Crítica do Festival de Cannes 2008.
Ciclo Estreas en Versión Orixinal 10: Catro miradas do mundo
Marzo 2010
• Mércores 3 de marzo de 2010 • Cinebox Ourense, 20.30 e 23 h
Tres monos
Üç maymun. Turquía/Francia/Italia, 2008. Cor, 109 min • Dirección: Nuri Bilge Ceylan • Produción: Zeynep Özbatur (Zeynofilm, NBC Film, Pyramide Productions, BIM Distribuzione) • Guión: Ebru Ceylan, Ercan Kesal, Nuri Bilge Ceylan • Fotografía: Gökhan Tiryaki • Montaxe: Ayhan Ergürsel, Bora Göksingöl, Nuri Bilge Ceylan • Intérpretes: Yavuz Bingöl (Eyüp), Hatice Aslan (Hacer), Ahmet Rifat Şungar (Ismail), Ercan Kesal (Servet), Cafer Köse (Bayram), Gürkan Aydin (neno) • Estrea en Turquía: 24/10/2008 • Estrea en España: 19/6/2009 • Versión orixinal en turco con subtítulos en castelán.
• Festival de Cannes 2008: Mellor director
Web oficial (inglés): http://www.3monkeysmovie.com/
Web oficial (español): http://www.golem.es/tresmonos/
Servet é un político que, tras quedar durmido ao volante do seu vehículo, atropela mortalmente un peón. Horrorizado ante a posibilidade de que ese suceso inflúa na súa carreira electoral, decide agachar o seu delito, polo que recorre a Eyüp, o seu chofer de toda a vida. Este acepta ir a prisión a cambio da seguridade financeira da súa familia. Mentres Eyüp está no cárcere, a vida de Ismai, o seu fillo adolescente, comeza a tomar camiños problemáticos. Hacer, a fermosa muller de Eyüp, recorre a Servet en busca de axuda, mais a relación entre ambos parece ir más alá do aceptábel. Unha intricada rede de mentiras unirá as vidas destas catro persoas, creando un difícil equilibrio que ameaza con se esborrallar en calquera momento.
• Mércores 10 de marzo de 2010 • Cinebox Ourense, 20.30 e 23 h
Cómo celebré el fin del mundo
Cum mi-am petrecut sfarsitul lumii. Romanía/Francia, 2006. Cor, 106 min • Dirección: Catalin Mitulescu • Produción: Catalin Mitulescu, Daniel Mitulescu, David Thion, Lee In-ah, Philippe Martin (Strada Film, Les Films Pelléas) • Guión: Andreea Valean, Catalin Mitulescu • Fotografía: Marius Panduru • Montaxe: Cristina Ionescu • Música: Alexander Balanescu • Interprétes: Dorotheea Petre (Eva), Timotei Duma (Lalalilu), Ionut Becheru (Vomica), Cristian Vararu (Andrei), Valentino Marius Stan (Tarzan), Marian Stoica (Silvica), Mircea Diaconu (padre de Eva), Carmen Ungureanu (madre de Eva), Grigore Gonta (pai de Vomica), Nicolae Praida (Titi), Jean Constantin (Florica) • Estrea en Romanía: 15/9/2006 • Estrea en España: 22/5/2009 • Versión orixinal en romanés con subtítulos en castelán.
• Festival de Cannes 2006 (Sección Unha Certa Ollada): Mellor actriz
• Seminci Valladolid 2006: Premio da Xuventude
• Web oficial (romanés): http://www.sfarsitullumii.ro/
• Web oficial (español): http://www.piramide-films.com/dia-fin-mundo.html
Bucarest, 1989, derradeiro ano da ditadura de Ceaucescu. Eva, de 17 anos, vive cos seus pais e co seu irmán de 7, Lalalilu. Un día na escola, Eva e o seu mozo Alex —fillo dun odiado oficial do partido comunista— rompen accidentalmente un busto de Ceaucescu. Alex confesa a súa culpa perante toda a clase e un comité disciplinario do partido; Eva négase e é trasladada a un reformatorio. Alí coñece a Andrei, que se está a preparar para escapar do país cruzando a nado o Danubio. Eva decide escapar con el. Lalalilu, desolado pola fuga da súa irmá, chega á conclusión de que Ceaucescu é o culpábel de toda a súa dor e a razón principal da decisión de Eva. Entón, cos seus amigos da escola, traza un plan para lograr que Eva regrese e comezar unha nova vida nunha Romanía libre.
• Mércores 17 de marzo de 2010 • Cinebox Ourense, 20.30 e 23 h
Frozen River (Río helado)
Frozen River. EE UU, 2008. Cor, 97 min • Dirección e guión: Courtney Hunt • Produción: Heather Rae, Chip Hourihan (Harwood Hunt Productions, Cohen Media Group, OffHollywood Pictures) • Fotografía: Reed Morano • Montaxe: Kate Williams • Música: Peter Golub, Shahzad Ali Ismaily • Intérpretes: Melissa Leo (Ray Eddy), Misty Upham (Lila), Charlie McDermott (T.J.), Mark Boone Junior (Jacques Bruno), Michael O’Keefe (Trooper Finnerty), Jay Klaitz (Guy Versailles), John Canoe (Bernie), Dylan Carusona (Jimmy), Michael Sky (Billy), Nancy Wu (Chen Li) • Estrea en EE UU: 1/8/2008 • Estrea en España: 4/9/2009. Versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán.
• Festival de Sundance 2008: Gran Premio do Xurado
• Festival de San Sebastián 2008: Cuncha de Prata á Mellor Actriz, Premio TVE ‘La Otra Mirada’, Premio Signis
• Premios Independent Spirit 2009: Mellor actriz (Melissa Leo), Mellor produción
• Oscars 2009: nomeada á Mellor actriz (Melissa Leo) e ao Mellor guión orixinal
Web oficial (inglés): http://www.sonyclassics.com/frozenriver/
Web oficial (español): http://www.sagrera.eu/frozenriver/
Ray Eddy está a punto de comprar a casa dos seus soños para a súa pequena familia. Mais o seu marido, grande afeccionado ás apostas, foxe co diñeiro déixaa arruinada e soa cos nenos. Mentres trata de encontrar o seu marido, Ray coñece a Lila Littlewolf, unha rapaza mohawk que lle propón un xeito de gañar diñeiro fácil. O plan é arriscado: pasar inmigrantes ilegalmente polo xeado río Saint Lawrence, con patrullas fronteirizas nas dúas beiras. A desesperación por gañar diñeiro empurra a Ray a aceptar a oferta. Ray conducirá o coche e repartiranse as ganancias. Ao principio, a capa de xeo é grosa, mais a medida que seguen co seu negocio e o xeo se fai máis delgado, Ray e Lila descubrirán que trasladar inmigrantes ten un prezo.
• Mércores 24 de marzo de 2010 • Cinebox Ourense, 20.30 e 23 h
Home, ¿Dulce hogar?
Home. Suíza/Francia/Bélxica, 2008. Cor, 98 min • Dirección: Ursula Meier • Produción: Elena Tatti, Thierry Spicher, Denis Freyd, Denis Delcampe (Box Productions, Archipel 35, Need Productions) • Guión: Ursula Meier, Antoine Jaccoud, Raphaëlle Valbrune, Gilles Taurand, Olivier Lorelle y Alice Winocour • Fotografía: Agnès Godard • Montaxe: Susana Rossberg, Nelly Quettier • Intérpretes: Isabelle Huppert (Marthe), Olivier Gourmet (Michel), Adélaïde Leroux (Judith), Madeleine Budd (Marion), Kacey Mottet Klein (Julien) • Estrea en Francia: 29/10/2008 • Estrea en España: 30/10/2009. Versión orixinal en francés con subtítulos en castelán.
• Oscars 2010: candidata por Suíza
• Festival de Cannes 2008: Semana da Crítica
• Festival de Mar del Plata 2008: Mellor actriz (Isabelle Hupert), Premio ADF de Fotografía
• Premios Lumière 2008: Premio ao logro técnico
• Festival de Bratislava 2008: sección oficial
• Festival de Monterrey (México) 2009: Mellor fotografía, Mellor son
• Mostra Internacional de Filmes de Mulleres de Barcelona 2009: Premio do Público
• Premios do Cinema Suízo 2009: Mellor Filme, Mellor guión, Mellor actuación novel (Kacey Klein Mottet)
• Festival de Reiquiavik 2009: Premio Fipresci
Web oficial (francés): http://home-lefilm.com/site/
Unha familia vive nunha casa de campo en medio da nada. Illados do mundo lograron o equilibrio creando un ambiente en que reina a alegría e a harmonía familiar. Mais a apertura dunha autoestrada abandonada que pasa a poucos metros da súa casa converterá a súa existencia nunha carreira por adaptarse ao mundo exterior. Aínda que ao principio eles seguen a súa despreocupada rutina, un inquietante mundo de centos de coches que pasan rápidos e ruidosos irromperá nas súas vidas poñendo a proba o seu enxeño, a súa forza e a súa vontade para se manteren na súa casa ideal e protexeren a súa particular forma de vida.