O CINECLUBE PRESENTA TRES CICLOS DE CINEMA GALEGO AO AIRE LIBRE
O Cineclube Padre Feijoo programou para este verán tres ciclos de cinema galego, achegados pola Axencia Audiovisual Galega, dentro do seu programa «Cinemas Dixitais».
Os filmes serán proxectados ao aire libre, na praza de San Marcial (detrás do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense). En caso de existiren problemas climatolóxicos ou técnicos, as proxeccións realizaranse na Tetería-Bar Grándola, sita na mesma praza.
Os ciclos están organizados do seguinte xeito: a semana do 11 ao 14 de agosto, «Danza e vídeo experimental galego»; a semana do 18 ao 20 de agosto, «A guerra civil en Galicia»; e, por último, a semana do 25 ao 28 de agosto, «Curtas galegas en dúas dimensións».
Este é o calendario de proxeccións previstas:
11.08.2009 — Batea (1999), 22:00 h
12.08.2009 — Código (1988), 22:00 h
13.08.2009 — Danza na terra (2006), 22:00 h
14.08.2009 — Dous (2001), 22:00 h
14.08.2009 — Estiven en Galicia e lembreime de ti (2006), 20:00 h e 21:00
14.08.2009 — Katiuska (Os Corpos Agrícolas) (2006), 22:10 h
14.08.2009 — Tirapuxa (1996), 20:30 e 21:30 h
18.08.2009 — Alma esquecida (2006), 22:00 h
19.08.2009 — Cores (2007), 22:00 h
19.08.2009 — Ribadeo. 1936 (2007), 22:00 h
20.08.2009 — Minas (2003), 22:00 h
25.08.2009 — A flor máis grande do mundo (2006), 21:30 h
26.08.2009 — Alegrías de Puerta Tierra (1994), 21:30 h
26.08.2009 — Cuaderno de bitácora (1997), 21:34 h
27.08.2009 — Leo (2007), 21:30 h
28.08.2009 — Minotauromaquia (2004), 21:30 h
Para o mes de setembro, o Cineclube está a preparar unha semana sobre cinema documental.
10/08/09
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)