A nivel local, tampouco soplan ventos ilusionantes, coa desaparición do consorcio do OUFF, e -sobre todo- dos traballadores do Festival internacional de cine, aos cales queremos darlle un GRAZAS moi grande, polo seu esforzo de profesionalidade, no máis adverso dos panoramas. (Nin que dicir ten, que no mesmo saco, metemos á oposición, pouco preocupada da política cultural da cidade)
Así pois, vitaminados da comedia, necesitamos reconstituíntes de carácter, para equilibrar a dose exacta de emocións que nos "iluminen" a realidade sucia que nos axexa.
Este é o noso repaso primaveral aos directores consagrados, xunto con autores novos nas pantallas do cineclube. Con eles, rematamos a primeira parte da témpada 2013 co ciclo denominado “CINE DE AUTOR”.
As proxeccións, serán no Cinebox Ourense; Centro C. Pontevella, ás 18, 20:30 e 23 horas. (As cotas de entrada, de momento permanecen invariables, incluso para os descontos habituais)
Este é con detalle a programación de abril: