20/09/18

Outubro de 2018

Comedias de outuno

Filmoteca CGAI


Do mesmo xeito que a Traxedia, a Comedia persegue provocar emoción no espectador. Pero mentres que na primeira -dito en palabras de Valle Inclán- o autor contempla aos seus personaxes como forzas superiores gobernadas polo destino, no espazo da comedia "autor e personaxes conviven, o primeiro como titiriteiro e os segundos como marionetas", que ata podendo chegar a situacións esperpénticas, móstranse como seres libres, donos do seu propio destino e xa que logo, capaces de conducir o fío da trama (ás veces moi enmarañado) cara a un desenlace feliz.

Esa liberdade esencial que impregna o xénero fai da comedia o paraíso da versatilidade, a sorpresa, a xenialidade, os cambios de ritmo e o disparate.





«Comedias de outono» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Así, veremos un rei sen reino, os desvaríos do amor, a loita de egos,e as inseguridades das relacións nunha sociedade no abismo da inmadurez. De seguido o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] da programación que vos presentamos, ambientado coa música de Ramón Mirabet "Happy days", do que esperamos o mesmo... días felices para este outono.


(Atentos, ao horario do 15 de outubro)

Comedias de outono


Proxéctanse os mércores de outubro de 2018, no salón de actos da Biblioteca pública de Ourense #CasaDaCultura (rúa Concello núm. 11) os seguintes filmes:


Sesións de filmoteca de outubro 2018


Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctase durante o mes de outubro na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …


(Atentos, ao horario único do 15 de outubro)

15/09/18

Cine en setembro

Semana da mobilidade


Antes do comezo da programación regular que reiniciaremos en outubro, presentamos unha sesión especial dentro da Semana da mobilidade que organizan "Masa crítica", "Amigos da terra" e "Mobi-liza" de Ourense en colaboración co propio cineclube, na Biblioteca pública.

Agardámosvos.