Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctase durante o mes de outubro na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …
(Atentos, ao horario único do 15 de outubro)
1
Out.
2018
Lun.
«Escoréu, 24 D´avientu de 1937» Escoréu, 24 de decembro de 1937
Dirección de Ramón Lluís Bande · (2017)
Tres testemuñas de tres persoas vítimas dos crimes franquistas da Guerra Civil no lugar dos feitos, en paralelo aos traballos de procura de fosas comúns nos bosques asturianos.
Comparte o evento ❯❯
8
Out.
2018
Lun.
«Visages, Villages» Caras e lugares
Colaboración entre a veterana directora Agnès Varda e o artista gráfico urbano e fotógrafo JR (Jean René), un mozo francés coñecido polas súas impactantes obras visuais que consisten en enormes intervencións gráficas en rúas e tellados de diversas cidades de todo o mundo.
Premios
2017: Festival de Toronto: Mellor documental
2017: Premios Oscar: Nomeado a mellor documental
Premios
2017: Festival de Toronto: Mellor documental
2017: Premios Oscar: Nomeado a mellor documental
Comparte o evento ❯❯
15
Out.
2018
Lun.
«A fábrica de nada»
Dirección de Pedro Pinho · (2017)
Unha noite, un grupo de traballadores dáse conta de que a administración está roubando maquinaria e materiais da súa propia fábrica. Cando se preparan para organizar o equipo e a produción, obrígaselles a non facer nada, como represalia, mentres as negociacións para o seu despedimento están en marcha. A presión desencadea unha revolta entre os traballadores, o que afectará a todo o que lles rodea.
Premios
2017: Festival de Cannes: Premio FIPRESCI - Quincena dos realizadores
2017: Premios Fénix: Mellor montaxe
2017: Festival de Sevilla: Xiraldillo de Ouro (Mellor película)
Premios
2017: Festival de Cannes: Premio FIPRESCI - Quincena dos realizadores
2017: Premios Fénix: Mellor montaxe
2017: Festival de Sevilla: Xiraldillo de Ouro (Mellor película)
Comparte o evento ❯❯
22
Out.
2018
Lun.
«Le lion est mort ce soir» O león dorme esta noite
Dirección de Nobuhiro Suwa · VOSG ·(2017)
Sur de Francia. Na actualidade. Jean, un actor veterano atrapado polo pasado, instálase en segredo nunha casa abandonada onde fai tempo viviu Juliette, o gran amor da súa vida. Un grupo de amigos descobre a mesma casa, a localización perfecta para rodar a súa seguinte película de terror. Jean e os nenos terminarán atopándose cara a cara finalmente.
Premios
2017: Festival de San Sebastián: Sección oficial
Premios
2017: Festival de San Sebastián: Sección oficial
Comparte o evento ❯❯
29
Out.
2018
Lun.
«Park»
Dirección de Sofia Exarchou · (2016)
Vila Olímpica de Atenas, dez anos logo dos Xogos de 2004. Un grupo de mozos deambula entre as ruínas interpretando versións distorsionadas dos Xogos Olímpicos e organizando apareamentos de cans por diñeiro.
Premios
2016: Festival de San Sebastián: Premio Novos Directores
Premios
2016: Festival de San Sebastián: Premio Novos Directores
Comparte o evento ❯❯
ADVERTENZA: Non se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
Horarios CUT+1
Ningún comentario:
Publicar un comentario