Como todo os anos, polo verán, organizamos o noso habitual retiro de lecer cinematográfico na sala, para ser acollidos no patio do
Museo Etnolóxico de Ribadavia durante os días previos á
Mostra Internacional de Teatro.
Finlandia é o país que tratamos nestas
Marxes, para ollar filmes que doutro xeito serían imposibles polo acontecer da distribución convencional, que nesta ocasión agradecemos, ao
Instituto Iberoamericano de Finlandia, pola súa imprescindible colaboración.
As proxeccións serán o 16,17 e 18 de xullo, ás 20:30 horas, en VOSe (Versión orixinal subtítulada ao castelán), no patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia[
?]
A entrada é gratuíta, e a continuación os detallamos a programación:
• mércores 16 de xullo de 2014
A TEORÍA DE KORSO (KORSOTEORIA)
(2012, Finlandia) 30 min.
Dirección: Antti Heikki Pesonen
Guión: Antti Heikki Pesonen | Cámara: Aarne Tapola | Montaxe: Hanna Kuirinlahti | Escenografía: Maura Pusa | Música: Antti Pouta | Reparto: Armi Toivanen, Santeri Mäntylä, Asko Sahlman, Max Ovaska, Juha Kukkonen, Sanna-Kaisa Palo
Producción: Tia Kalenius | Distribución: Instituto Iberoamericano de Finlandia | Exhibición: dixital (DVD) VOS en finés con subtítulos en castelán
Elli traballa nun almacén e está a buscar unha vida mellor lonxe de Finlandia. Non obstante, isto é máis doado dicilo que facelo. A película mostra a vida cotiá nun suburbio finlandés aderezada con dose dun humor negro e agridoce.
Notas:
"A teoría de Korso" gañou o primeiro premio á mellor idea no concurso "Nordic Talents" de Copenhaguen.
Además,este mediometraje gañou premios no festival alemán "Sehsüchte" (mellor película e mellor actor), no Artova Film Festival en Finlandia (mellor curtametraxe de ficción) e no Festival de Cine de Támpere de Finlandia (Premio Risto Jarva, Premio Especial do Concurso Nacional e a Mención de Honra do Xurado Novo)
UNHA SEMANA TRANQUILA (HILJAINEN VIIKKO)
(2012, Finlandia) 18 min.
Dirección: Jussi Hiltunen
Guión: Jussi Hiltunen | Reparto: Antti Luusuaniemi, Rosa Salomaa, Niilo Syväoja, Sampo Sarkola
Producción: Kaarle Aho / Making Movies yo | Distribución: Instituto Iberoamericano de Finlandia | Exhibición: dixital (DVD) VOS en finés con subtítulos en castelán
Unha semana silenciosa é un curta que trata de dúas persoas que non se coñecen, pero que teñen que compartir a culpa por unha vítima inocente asasinada nun tiroteo fronte a unha discoteca.
Notas:
A película gañou o premio ao mellor curto de ficción e do xurado novo en Támpere International Short Film Festival.
• xoves 17 de xullo de 2014
A CARGA DO MEU CORAZÓN (SYDÄMENI TAAKKA)
(2011, Finlandia) 45 min.
Dirección: Iris Olsson, Yves Niyongabon
Guión e rodaje: Iris Olsson | Montaxe: Oskari Korenius, Iris Olsson | Son: Kimmo Vänttinen, Toni Teivaala
Producción: Claes Olsson & Iris Olsson / Nordic Film Pool | Distribución: Instituto Iberoamericano de Finlandia | Exhibición: dixital (DVD) VOS en finés con subtítulos en castelán
Un grupo de homes está sentado diante dun cubo de auga limpando ósos. Unha nai de familia sen pernas reza durante o día na igrexa, pola tarde cos seus fillos e pola noite soa, envolvida na escuridade. Outros aldeáns reúnense á luz das velas para recordar os seus seres queridos. Algúns choran, a maioría non.
Notas:
Esta película está dirixida pola finlandesa Iris Olsson e a ruandesa Yves Niyongabo, e fala dos superviventes da guerra ruandesa entre tutsis e hutus, que han de continuar vivindo, despois do inferno. Tamén se centra na xeración seguinte, que espera para crear paz no medio das ruínas. En outubro de 2012, a película gañou o Premio do Xurado Novo no Festival DOK de Leipzig.
• venres 18 de xullo de 2014
UNHA CLASE ESPECIAL (OMAA LUOKKAANSA)
(2010, Finlandia) 67 min.
Dirección: Iiris Härmä
Guión: Iiris Härmä | Montaxe: Tuula Mehtonen | Rodaxe: Hannu-Pekka Vitikainen.
Producción: Visa Koiso-Kanttila, Guerilla Films 2010 en colaboración con YLE Yhteistuotannot | Distribución: Instituto Iberoamericano de Finlandia | Exhibición: dixital (DVD) VOS en finés con subtítulos en castelán
Emotivo documental no que se observa o último ano dunha extraordinaria clase e á súa profesora, Ulla.
A clase fórmana once mozos con problemas de aprendizaxe para os cales estudar non está relacionado con entusiasmo, senón coa soidade, a frustración e o acoso escolar. Ulla ensinou teatro a nenos e mozos durante moito tempo, pero este ano, que tamén é o último como profesora, é moi especial. Ela revolucionará o currículo desta clase e achegarase aos once mozos dun xeito moi creativo.
Notas:
Omaa luokkaansa, ten gañado o “Church Media Foundation 2010”
.............
Atentos ao mes de agosto, que voltamos co "
Cinema na praza", dentro do programa de actividades que nos autorganizamos os colectivos da cidade en Ourense, co nome de
VeránêArte de Escua.