Encontro de cineclubes
O documental do mes
Ciclo 50
A principios do curso 1970-71 naceu, como actividade cultural dentro da Escola de Maxisterio da que toma o seu nome; o Cineclube Padre Feijoo.
Herdeiro dunha tradición cineclubista na cidade que durante os sesenta foi representada polos cineclubes Ourense (de efémera vida, nado no verán de 1960 e fenecido pouco despois) e Miño (posto en marcha ao pouco de pechar o anterior, e aberto ata 1964).
O vídeo que resume brevemente a historía do cineclube, aquí. [Abre outra xanela]
Con esta efémeride, queríamos facer un encontro festivo de cineclubes de Galicia e doutras partes da península ibérica, porén as circunstancias e prudencia aconsellan unha celebración máis austera que imos programar para o vindeiro venres 18 e sábado 19 de setembro de 2020.
Presentaremos tamén as actividades conmemorativas que comezarán a partir do vindeiro martes 22 de setembro e esténdense ata o 22 decembro, sen apenas descanso e co ánimo de festexar medio século de existencia diante das adversidades.
Invocamos unha atención ás estrictas medidas de protección adoptadas fronte ao COVID; con aforo limitado ao 36% do total (só 40 butacas) así como o prego de observar as recomendacións sanitarias. Pode consultarse o protocolo de seguridade adoptado polo cineclube, aquí [Abre outra xanela]