Sesións dos luns
Sesións dos mércores
Tralo parón forzoso para facer fronte ás obras de reparación de pingueiras que asolaban a un corredor e almacén dunha esquina do escenario e do oportuno descanso despois do intenso último trimestre do ano pasado, comezamos tempada cunha selección dos filmes protagonistas da pasada edición dos premios Goya.
O resultado da selección enfia unha serie de cuestións pendentes aínda, coma poden ser a educación, as relacións afectivo-sexuais e sociais, tratadas abundantemente polos medios de comunicación de xeito partidista e incluso ás veces pueril.
O vídeo que amosa brevemente a programación, o podes ver aquí. [Abre outra xanela]
Pregamos atención aos días e horarios motivados polas restriccións normativas a causa da pandemia. Conservamos as sesións dos luns, mais extraordinariamente por unha cuestión económica e do reducido aforo, as adicamos ao ciclo dos Goya. As sesións de filmoteca voltarán en maio.
Estaremos media hora antes de cada sesión para a renovación de cotas e inscripción de novos socios/as. ( + Información sobre as cotas de sostenemento da actividade, aquí) [Abre outra xanela]
Este ano como novidade, presentamos o clube de cine Nós #CCPF, que contamos desenvolver os martes arredor da Biblioteca pública Nós.
O ano pasado, tralas estrictas medidas de protección adoptadas fronte ao COVID; con aforo limitado ao 36% do total (só 40 butacas) fumos capaces de asegurar cero contaxios nas 170 proxeccións realizadas. Agardamos nesta tempada, seguir facendo bo o termo da #cultura segura, pregando non descoidar as recomendacións sanitarias. Pode consultarse o protocolo de seguridade adoptado polo cineclube, aquí [Abre outra xanela]