01/04/21

Os Goya en abril

Sesións dos luns

Sesións dos mércores

Tralo parón forzoso para facer fronte ás obras de reparación de pingueiras que asolaban a un corredor e almacén dunha esquina do escenario e do oportuno descanso despois do intenso último trimestre do ano pasado, comezamos tempada cunha selección dos filmes protagonistas da pasada edición dos premios Goya.

O resultado da selección enfia unha serie de cuestións pendentes aínda, coma poden ser a educación, as relacións afectivo-sexuais e sociais, tratadas abundantemente polos medios de comunicación de xeito partidista e incluso ás veces pueril.

O vídeo que amosa brevemente a programación, o podes ver aquí. [Abre outra xanela]

«Os Goya. Abril 2021»· cartel realizado por Gael Carballo

Pregamos atención aos días e horarios motivados polas restriccións normativas a causa da pandemia. Conservamos as sesións dos luns, mais extraordinariamente por unha cuestión económica e do reducido aforo, as adicamos ao ciclo dos Goya. As sesións de filmoteca voltarán en maio.

Estaremos media hora antes de cada sesión para a renovación de cotas e inscripción de novos socios/as. ( + Información sobre as cotas de sostenemento da actividade, aquí) [Abre outra xanela]

Este ano como novidade, presentamos o clube de cine Nós #CCPF, que contamos desenvolver os martes arredor da Biblioteca pública Nós.

O ano pasado, tralas estrictas medidas de protección adoptadas fronte ao COVID; con aforo limitado ao 36% do total (só 40 butacas) fumos capaces de asegurar cero contaxios nas 170 proxeccións realizadas. Agardamos nesta tempada, seguir facendo bo o termo da #cultura segura, pregando non descoidar as recomendacións sanitarias. Pode consultarse o protocolo de seguridade adoptado polo cineclube, aquí [Abre outra xanela]

Sesión dos luns

5 abr. 2021
lun.

«Las niñas» As nenas

· (España, 2020) 100 min. [+7] [AD)))] VOE

1992. Celia, unha nena de 11 anos, vive coa súa nai Adela, unha viúva de 30 anos, e estuda nun colexio de monxas en Zaragoza. Brisa, unha nova compañeira chegada de Barcelona, empúxaa cara a unha nova etapa na súa vida: a adolescencia. Nesta viaxe, na España da Expo e das Olimpíadas, Celia descobre que a vida está feita de moitas verdades e algunhas mentiras.

Premios

2020 Premios Goya: Mellor Película, Guion, Fotografía e Dirección Novel
2020 Festival de Málaga: Biznaga de Ouro e Mellor Fotografía

"A proba de como unha época e un país marcaron a historia persoal dunha nai e dunha filla. Pero seguramente, se saes do cine pensas en como marcaron eses anos, atoparás a túa."
(Andrea G. Bermejo, CINEMANÍA)

SESIÓN:
COTA:
  19:30;h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).

Sesións dos mércores

7 abr. 2021
mér.

  17:00 e 19:30;h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).

Sesións dos luns

12 abr. 2020
lun.

«Ane»

· (EUA, 2020) 100 min. [+12] [AD)))] VOSE

Lide é unha nai separada que vive na Vitoria de 2009. Tras uns altercados no barrio por mor da expropiación dunhas vivendas, Lide descobre que a súa filla adolescente, Ane, non pasou a noite en casa. Lide decide comezar a buscar á súa filla, co seu ex-marido Fernando, e pronto se dá conta que a súa filla é unha completa descoñecida.

Premios
2020: Premios Goya: Mellor Actriz, Actriz Revelación e Guion Adaptado
2020: Festival de San Sebastián: Premio ao Cinema Vasco

"Un exercicio de cine intelixente, provocador, político e voraz"
(Luis Martínez, EL MUNDO)

SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).

Sesión dos mércores

14 abr. 2020

  17:00 e 19:30 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).

Sesións dos luns

19 abr. 2021
lun.

«Sentimental»

· (España, 2020) 86 min. [+16] [AD)))] VOE

Julio e Ana levan xuntos máis de 15 anos. Forman unha parella que xa non se mira nin se toca, e que fixo do combate diario a esencia da súa relación. Esta noite Ana convidou a casa aos seus veciños de arriba, Salva e Laura, unha parella máis nova ca eles, amable e simpática, pero cuxos “ruídos” convertéronse nunha molestia. Os veciños de arriba faranlles unha inusual proposta que con-verterá a velada nunha experiencia excesiva e catártica.

Premios
2020: Premios Goya: Mellor Actor Secundario (Alberto San Juan)

"Os diálogos e as situacións alcanzan un nivel fulgurante, hai malicia e talento neles. (...)"Sentimental" ten un bo aspecto e soa ben, paréceme divertido"
(Carlos Boyero, EL PAÍS)

SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).

Sesión dos mércores

21 abr. 2021

26 abr. 2021
lun.

«My Mexican Bretzel»

· (España, 2019) 73 min. [A] [AD)))] VOSE

Diario íntimo dunha muller de clase acomodada, Vivian Barrett, ilustrado polas filmacións caseiras do seu marido León, un rico industrial, entre os anos 40 e 60 do século pasado. A través desas narracións, comeza unha viaxe por Europa nunha especie de ilusión romántica que mostra sentimentos ao límite, amores, infidelidades, enfermidades e tráxicos destinos.

Premios
2020: Premios Goya: Nomeada ao mellor documental e mellor dirección
2020: Premios Gaudí: Mellor documental, guión e montaxe
2019: Festival de Xixón: Mellor Película, Dirección e Guion

"É un fascinante experimento cheo de capas tan reveladoras como poéticas"
(Beatriz Martínez, EL PERIÓDICO)

SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).

Sesión dos mércores

28 abr. 2021

Todas as proxeccións son no salón de actos da Casa da Cultura (onde estaba a Biblioteca Pública), rúa Concello 11 - Ourense. Pregamosvós puntualidade.

Os acrónimos utilizados son: VO = versión orixinal (con E ao castelán e G ao galego), VOS = versión orixinal subtitulada, VOSE = versión orixinal subtitulada en castelán, VOSG = Versión orixinal subtitulada en galego, VDE = versión dobrada en castelán, VDG = versión dobrada en galego.

A calificación por idades de cada filme amósase con: [A] = apta para todos os públicos, [+N] = recomendado para maiores de N anos (onde N é a idade mínima recomendábel) e [SC]/[ND] = sen calificación ou non dispoñíbel.

ADVERTENZAS: O cineclube conta cun protocolo de medidas anti COVID, que obriga a unha entrada e saída diferentes da sala, aforo reducido, hixienización e ventilación entre sesións e obrigación do uso da máscara en todo momento. Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo o incuprimento das normas citadas, da expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

* Agás para os filmes con audiodescrición, así sinalizados [AD)))]

AD)))
  A audiodescrición é posíbel coa AudescMobile da Fundación ONCE para os sistemas operativos Android e iOS (de balde). Non é preciso máis software e/ou hardware adicional. O/A usuario/a coa aplicación instalada no seu trebello móbil, descarga a audiodescrición do filme que desexa ver e unha vez na sala, conecta os seus auriculares e inicia a aplicación co arquivo da audiodescrición; o arquivo sonoro sincronízase de xeito automático co filme.

Ningún comentario: