30/04/21

Programación de maio 2021

Filmoteca CGAI

Ciclo Wong Kar-Wai


A arte e a cultura non son un espello para reflectir a realidade, senón un martelo para darlle forma.

Na forxa do mes de maio temos principalmente 3 estilos, rubricados polas destacables figuras de Éric Rohmer e Wong Kar- Wai, xunto á novidade narrativa de Luís López Carrasco, premio Goya ao mellor documental, que pertence ao colectivo artístico Los Hijos.

O primeiro, caracterízase polo traballo con equipos domésticos, actores non profesionais, diálogos agudos e o naturalismo con que se presentan os problemas cotiáns, sobre todo afectivos, da xente moza.

O segundo, Wong Kar- Wai, é un cineasta de Hong Kong, recoñecido internacionalmente polo seu traballo altamente estilizado e emocionalmente resoante. As súas películas a miúdo presentan protagonistas que arelan o romance no medio dunha vida incompleta e digresiva. Wong Kar- Wai foi o primeiro director chinés en gañar o Premio ao Mellor Director do Festival de Cinema de Cannes.





«Maio 2021»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


Mentres a realizade é cincelada entre trincheiras, con algún necio gobernando e outros consentindo a morte cultural da cidade, sairemos sempre adiante, sairemos...da escura sala cantando por enriba dos sombríos tempos que estamos a vivir. A música que acompaña o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] deste mes, fala das agradables sombras que dan as maltratadas ábores. Sempre nos quedará a primavera, o vento e a poesía...xan ven o maio, de frores cuberto.





Filmoteca CGAI


3 Mai. 2021
Lun.

«El año del descubrimiento» O ano do descubrimento

· (España, 2020) 200 min. [+12] VOE

Figura única no cinema español, Luis López Carrasco (Murcia, 1981) é un dos fundadores do colectivo Los Hijos* e director dunha longametraxe anterior, El futuro (2013). En El año del descubrimiento presenta un combativo, singular e exhaustivo documental, refractario ás escritas interesadas e oficiais da nosa Historia. No ano do apoxeo internacional de España, 1992, un conflito laboral deriva na queima do parlamento autonómico murciano. Este episodio, como tantos desa época, parece anulado na memoria popular. Para os seus protagonistas exemplifica un relato furtado, esquecido, por iso lembran aqueles días. Entrevistas, conversas, testemuños, uso da pantalla dividida, espazo delimitado, certas imaxes de arquivo, un esforzo mastodóntico de reconstrución política e oral, na senda de Lanzmann, Coutinho ou o documental da transición, que despois da súa estrea en Rotterdam, obtivo premios á mellor película en Cinéma du Reel, Bogotá, Toulouse ou Jeonju.

* (Os primeiros traballos do colectivo Los Hijos, proxectáronse polo cineclube en novembro de 2012 en Ribadavia, nas Marxes Fílmicas)

Premios
2020: Goya: Mellor documental
2020: Festival de Mar del Plata: Mellor película
2020: Festival de Sevilla: Gran Premio do Xurado

"Robusta e comunitaria (...) imprescindible. Un fresco (...) no que espectador asiste sen pestanexar ás conversacións cruzadas, entrevistas e relatos dunha serie de mulleres e homes que falan de oficinas (...) e sindicatos"
(Elsa Fdez. Santos, EL PAÍS)


SESIÓN:
COTA:
  18:00 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).


Ciclo Wong Kar-Wai


  5 Mai. 2021
Mérc.

«Chung Hing sam lam» Chungking Express

· (Hong Kong, 1994) 102 min. [+12] VOSE

Dúas historias de amor independentes que se desenvolven no popular barrio turístico de Tsimhatsui, en Hong Kong. A primeira describe o encontro entre un policía mozo en plena crise amorosa e unha misteriosa muller fatal traficante de drogas. A segunda céntrase no singular romance entre un solitario e sinxelo axente de policía e a camareira do bar onde adoita xantar.

"Wong Kar-Wai logra que as dúas historias de amor se convirtan en dúas detonacións, en dúas explosións de emoción. (...) É a maxia dun director inigualable."
(Miguel Ángel Palomo, EL PAÍS)

SESIÓNS:
COTA:
 18:00 e 20:30 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



Filmoteca CGAI



10 Mai. 2021
Lun.

«Arima»

· (España, 2019) 77 min. [+12] VOG

A vida de catro mulleres e unha moza que se ve alterada pola inesperada chegada de dous alleos. Un deles foxe do outro, escondéndose pola cidade como unha existencia esquiva, fantasmagórica e dubidosa. O outro, un home ferido cunha arma, perturbará o día a día das mulleres de diferentes xeitos, nunha fronteira entre o real e o imaxinado, entre o pesadelo e o soño, entre o medo e o desexo, nunha historia impregnada de misterio.


"A mirada de Camborda (...) modula perfectamente o autóctono e o cinefilo, e consolídase cunha mestura de soños ligados á terra e un toque lynchiano que non se volve demasiado meloso"
(Carlos Marañón, CINEMANÍA)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CUT+1)
  De balde


Ciclo Wong Kar-Wai


  12 Mai. 2021
Mérc.

«Duo luo tian shi» Fallen angels

· (Hong Kong, 1995) 99 min. [+12] VOSE

Ming é un sicario que, canso de correr riscos, quere deixalo. O seu axente, que rachou o código profesional de evitar toda implicación persoal, convénceo para facer un derradeiro traballo que non terá os resultados desexados.

"Notable drama experimental"
(Fernando Morales, EL PAÍS)

SESIÓNS:
COTA:
 18:00 e 20:30 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto





Ciclo Wong Kar-Wai


  19 Mai. 2021
Mérc.

«Fa yeung nin wa (In the mood for love)» Desexando amar

· (Hong Kong, 2000) 98 min. [+7] VOSE

Hong Kong, 1962. Chow, redactor xefe dun diario local, múdase a un novo piso coa muller. Alí coñece a Li-zhen, unha muller que acaba de instalarse no mesmo edificio co home. Ela é secretaria dunha empresa de exportación e o home está decote de viaxe de negocios. Como a muller de Chow tamén está case sempre fóra de casa, Li-zhen e Chow pasan cada vez máis tempo xuntos e fanse moi amigos. Un día, ambos os dous descobren algo inesperado sobre as súas respectivas parellas.

Premios
2000: Festival de Cannes: Mellor Actor (Tony Leung) e Premio técnico
2001: Premio Cesar: Mellor película estranxeira

"Non hai nada máis sexy que a represión — especialmente nesta película, que fai que os preámbulos parezan unha arte perdida (...) É unha beleza."
(Peter Travers, ROLLING STONE)

SESIÓNS:
COTA:
 18:00 e 20:30 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto




Filmoteca CGAI


24 Mai. 2021
Lun.

«Pauline à la plage» Pauline na praia

· (Francia, 1986) 94 min. [+7] VOSE

Pauline é unha adolescente de 15 anos que pasa un verán na costa atlántica francesa coa súa curmá Marion. Marion atópase alí con Pierre, un antigo amigo, que se sente atraído por ela. Con todo, Marion prefire ao aventureiro Henri, aínda que sabe que a súa relación con el será efémera. Mentres, tamén Pauline ten un romance... Terceira entrega da serie "Comedias e proverbios" de Rohmer.

Premios
1983: Festival de Berlín: Oso de Prata - Mellor director, FIPRESCI

"Esta é quizais a película máis fresca. (...) Non se filman máis películas tan pracenteiras coma esta."
(Leonardo D’ Espósito, NOTICIAS)


SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).


Ciclo Wong Kar-Wai


  26 Mai. 2021
Mérc.

«2046»

· (Hong Kong, 2004) 128 min. [+12] VOSE

Un escritor que cría escribir sobre o futuro, en realidade estaba escribindo sobre o pasado. Na súa novela, un misterioso tren saía, de cando en vez, con dirección ao ano 2046. Todos os que subían a el facíano co mesmo propósito: recobrar as lembranzas perdidas. Dicíase que en 2046 nada mudaba. Ninguén sabía con seguridade se iso era verdade, porque ningún dos que viaxaron regresou xamais. Cunha excepción. El estivo alí. Marchou voluntariamente. Quería cambiar.

"Obra mestra (...) Esplendorosa película (...) Nunha época na que o cinema parecía perder a noción mesma de romance, '2046' é unha película desesperadamente romántica, é a 'Casabranca' do século XXI."
(Antonio Weinrichter, ABC)

SESIÓNS:
COTA:
 18:00 e 20:30 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto




Filmoteca CGAI


31 Mai. 2021
Lun.

«Le rayon vert» O raio verde

· (Francia, 1986) 94 min. [A] VOSE

Delphine é unha nova secretaria parisiense sen plans para as súas vacacións despois de que a súa amiga as cancelase no último minuto. Soa e triste, ela está decidida a viaxar. No camiño coñece a unha moza sueca que tenta animala pero que só consegue acentuar a súa sensación de soidade, ata que o seu destino de súpeto dá un xiro inesperado.

Premios
1986: Festival de Venecia: León de Ouro á mellor película. Premio FIPRESCI

"Unha dos cumes do cinema mundial"
(Guillermo Altares, EL PAÍS)


SESIÓN:
COTA:
  20:30 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).







Todas as proxeccións son no salón de actos da Casa da Cultura, onde estaba a Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). Pregamos puntualidade.

Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E/G.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación

ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección * ou a asistencia na sala sen máscara de protección fronte ao COVID; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].



----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1




Ningún comentario: