«Adversidades»
«Filmoteca CGAI»
«Extra: IV Ciclo de cine e medicina»
Actualmente, a sociedade occidental estrutura un sistema educativo que procura transmitir unha escala de contidos presuntamente modélicos, coa inteción de adquirir unha serie de capacidades, óptimas para o traballo. Lamentablemente os valores cos que se di acompañar o proceso educacional (Dereitos humanos, ética, civismo, paz, amor, solidariedade, empatía...) non sempre se imparten de igual intensidade ou xeito.
Así, os individuos son vistos como suxeitos, que aínda que posúan vivenzas ou situacións distintas, ao final son números dun proceso económico, en franco declive de garantías e dereitos.
Nun espazo de adversidade, só sería posible revertir en parte, se polo menos intervense coa capacidade de aprender en calquera momento da vida do suxeito. Educar en liberdade, implica comezar o interior de cada persoa, significa comprender que calquera de nós, somos actores do proceso educativo.
O ciclo que vos presentamos, é unha mostra de sucesos aos que debe enfrontarse a infancia contra a súa vontade. Non son películas especialmente para nenos; mailo que eles sexan os protagonistas. Os filmes son para a reflexión dos adultos, aínda que está claro que non podiamos deixar de lado á infancia; gardando as sesións de filmoteca de xuño, especialmente para todos. Atentos a algúns horarios, cunha única sesión.
A música (starlit night) que acompaña o avance visual [.mp4 • 20'3 MB], baséase no conto (Dean lille Pige med Svovlstikkerne) A pequena vededora de fósforos, do poeta danés Hans Christian Andersen, musicado polo grupo de punk-cabaret “The Tiger Lillies”.