Filmoteca
Sesións dos mércores
Sesións maxistrais
O tempo non existe e só son as cousas que che pasan, por iso pasa tan rápido.
Despois destas festas notarás unha luz dourada á tardiña ou unha mañá radiante.
A monotonía fai que os días escorreguen sen deixar pegada. Dicía Manuel Vicent que non existe máis remedio para que o tempo se acomode máis amodo, que vivir paixóns novas, experiencias excitantes e cambios imprevistos na rutina diaria.
O ano pasado tiñamos a rutina dos mércores no Teatro principal e todo pasou moi rápido. Este ano sobresaltamos o hábito pola inconsistente resposta da dirección do teatro, para adquirir novos soños, imposibles e excitantes desexos (inconfesables), alleos de calquera envurullo imaxinario e para que a constume non se someta a unha vida anodina.
Que nos pasen cousas distintas como a un neno, aos nosos 54 anos...No medio desta aventura declaráronnos de Utilidade publica en agosto do ano pasado e seguemos sen axudas ou subvención municipal, porque tamén hai rutinas que non son de esquerdas nin de dereitas, supoño que estamos no centro do desprezo cultural municipal.
Non esquezades botarlle un ollo ao avance visual [.mp4 • 18'0 MB], e xa sabedes que tamén temos á vosa dispoción as follas de sala de cada filme, a memoria do ano anterior e unha convocatoria de asemblea (sábado 13/01/24), na sala de máquinas do cineclube.
A continuación o detalle da programación que se estenderá ata o entroido, co rogo de atención que toda se desenvolverá na Casa de cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).