08/01/24

Sesións de ciclo de xaneiro e febreiro de 2024

Dentro das habituais sesións dos mércores de ciclo, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos durante xaneiro e febreiro de 2024, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


(Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí) [Abre outra xanela]



  17 Xan. 2024
Mérc.

«Cerrar los ojos»

· (España, 2023) 169 min. Cor. Dolby dixital. AR 1,66:1 [+7] VOE

Un soado actor español, Julio Areas, desaparece durante a rodaxe dunha película. Aínda que nunca se chega a atopar o seu cadáver, a policía conclúe que sufriu un accidente ao bordo do mar. Moitos anos despois, esta sorte de misterio volve á actualidade por mor dun programa de televisión que pretende evocar a figura do actor, ofrecendo como primicia imaxes das últimas escenas en que participou, rodadas polo que foi o seu íntimo amigo, o director Miguel Garay.

"Conmove co seu canto ao cine e a memoria"
(Elsa Fdez.- Santos, El País)

SESIÓNS:
COTA:
 18 e 21:00h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
 




  24 Xan. 2024
Mérc.

«Anatomie d´une chute» Anatomía dunha caída

· (Francia, 2023) 150 min. Cor. Dolby dixital. AR 1,85:1 [+7] VOSG

Sandra, Samuel e o seu fillo de 11 anos, Daniel, viven un pouco afastados de todo, na montaña. Un día atopan a Samuel morto ao pé da súa casa. Ábrese unha investigación por morte sospeitosa e non tardan en inculpar a Sandra, a pesar da ambigüidade do caso: suicidio ou homicidio? Un ano despois, Daniel está presente no xuízo da súa nai, auténtica disección da parella.

Premios
2023: Festival de Cannes: Palma de ouro (mellor filme)

"Unha obra de moi alto calibre que explora tamén, en eco, a fina liña que separa o real do imaxinario, así como a mirada dos demais, a influencia das imaxes e os nosos instintos protectores. Estes temas, xunto con moitos outros, examínanse e entrelazan nunha película encantadora de prodixiosa riqueza que é tan sutil como poderosa"
(Fabien Lemercier, Cineuropa.org)

SESIÓNS:
COTA:
 18 e 21:00h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
 




  31 Xan. 2024
Mérc.

«Falcon Lake»

· (Francia, 2023) 100 min. Cor. AR 1,37:1 [+16] VOSE

Bastien, un adolescente parisiense, pasa as vacacións coa súa familia nunha cabana xunto a un lago de Quebec. Alí atoparase con Chloé, unha moza maior, de quen se namorará. A pesar da diferenza de idade e dos medos de Bastien, desenvolven un vínculo especial. Bastien terá que enfrontarse aos seus medos para conseguir un lugar no corazón de Chloé, mentres exploran a súa sexualidade e a inquietante lenda da pantasma do lago.

"O máis chamativo é o seu particular xogo co xénero de terror...o filme contén na súa sinxela apariencia varias posibles capas de lectura"
(Jara Yañez, Caimán)

SESIÓNS:
COTA:
 18 e 21:00h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
 





  7 Feb. 2024
Mérc.

«Chlopi» En nome da terra

e · (Polonia, 2023) 115 min. Cor. Dolby dixital. AR 1,85:1 [+16] VOSE

Na súa segunda película de «animación con pintura» —despois da súa biopic sobre Van Gogh, Loving Vincent, nomeada ao Óscar e todo un éxito en despacho de billetes—, o matrimonio Welchman adapta The Peasants, novela do premio Nobel Władysław Reymont e un fresco sobre o día a día da comunidade campesiña polaca a finais do século XIX e os sucesos históricos que a atravesaron. Jagna, unha voluptuosa nova famenta de amor e carente de astucia, vive nun pobo onde as tradicións están fondamente arraigadas, pero soña con algo distinto do que a vida pode ofrecerlle alí.

Filme especialmente recomendado para o fomento da igualdade de xénero

"Más de 90 pintores traballaron en catro estudos en Polonia, Lituania, Ucraína e Serbia para realizar as meticulosas reproducións das obras de artistas polacos que serven de fondo, e de guía, para recrear a atmosfera daquela época nesta película singularmente innovadora."
(CCPF)

SESIÓNS:
COTA:
 18 e 21:00h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
 







Todas as proxeccións son no salón de actos da Casa da Cultura, onde estaba a Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). A capacidade da sala está limitada a 110 persoas por sesión.

Pregamos puntualidade.


Dada a situación habitual desta época do ano, lembramos usar a máscara de protección dentro da sala para así previr o contaxio de catarros ou de COVID...que aínda sigue!.


Os símbolos desta web son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.



Tamén podes consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.



ADVERTENZAS:
Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección * sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].

----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1



Ningún comentario: