Grazas a colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga» e Paco Poch distribución é posible a programación do filme «Ma'a al-Fidda» (Silvered Water, Syria Self-Portrait) co obxectivo de recadar fondos para a campaña de refuxiados (Siria) que desenvolven as organizacións ACNUR e MSF. A cota de acceso para todos os cineclubes que participan nesta proxección solidaria é de 6 euros, e destínase íntegramente e a partes iguais, entre ditas organizacións.
Se non podes asistir a nosa proxección, no seguinte enderezo www.ir.gl/proxeccionSolidaria
tedes máis información dos cineclubes participantes; tamén tes a posibilidade de facer unha doazón á fila 0.
Será na Biblioteca Pública o 10 de maio de 2016…
«Ma'a al-Fidda» · Silvered Water, Syria Self-Portrait
Comparte o evento ❯❯
Tedes ao voso dispor, os comentarios deste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, para expoñer as túas inquedanzas xerais sobre o traballo do cineclube ou ben, as impresións que vos suscitan os filmes programados, apreciamos moitísimo os vosos comentarios.
Lembra que podedes opinar sobre as propostas fílmicas presentadas, en cada evento de Google+ tedes unha ligazón cara a enquisa e tamén, na nosa páxina específica para avaliar os vosos gustos. ¹
Interésanos coñecer tamén, o que pensas do traballo que desenvolve este cineclube (ou calquera dos cineclubes de Galicia ao que podas asistir), polo que che pregamos dediques un anaquiño do teu tempo en realizar a enquisa da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», de contado, moitísimas grazas por facer o cineclubePF connosco.
¹ páxina con 910/1 peticións ao servidor · aproximadamente son uns 20 MB
(tempo de carga: de 20" a 4' dependendo da túa velocidade de conexión)
Ningún comentario:
Publicar un comentario