Cotas de sostenemento da actividade do cineclube



O Cineclube Padre Feijoo é unha entidade cultural sen ánimo de lucro e tenta ser unha asociación autoxestionada; precisa para o desenvolvemento das súas actividades, o ingreso regular dunha cota de sostenemento. A cota é proposta de xeito periódico no acceso ás actividades programadas, segundo sexas socio/a ou non da asociación.

Dacordo co art. 21 da Lei de espectáculos de Galicia (dereitos e obrigacións do público), é importante ter en conta as obrigas que deben ter as persoas que asistan a actividade organizada polo cineclube; non se permite fumar, molestar ao resto dos espectadores, e usar o teléfono móbil, agás para o uso de audiodescripción nas sesión sinalizadas na propia web do cineclube co símbolo A))).

De seguido, velaquí tedes as diferentes aportacións económicas persoais aprobadas pola Asemblea de socios no programa de actividades para o ano 2023:



COTAS DE SOCIO/A
 
 
SEMANAIS:
Xeral (mércores): 5  | Filmoteca (luns): De balde  
ANUAL:
10  cota anual + cota sostenemento (por sesión).
*Desconto do 50% na cota anual a: desempregados/as, estudantes universitarios/as, xubilados/as e socios/as da Biblioteca Pública que así o acrediten.
 
SOCIO/A PROTECTOR/A:
Cota anual de 99 .
 
 
Para asociarse, podes facelo na Casa da cultura (Rúa Concello núm.11) media hora antes de cada Sesión de filmoteca (20-20:30 h.)
 
 
NON ASOCIADOS/AS
 
SEMANAIS:
Xeral (mércores): 5  | Filmoteca (luns): 2'5 
* Sen o carné de socio/a non se aplican descontos. Incluído o IVE correspondente e cota de sostemento xeral da asociación
 
 
SESIÓNS DE BALDE
 
Serán anunciadas de tal xeito e non computan nas ofertas ou descontos.
 
Aquelas proxeccións anunciadas como de balde, é dicir, sen cota de sostenemento por sesión, non exime de solicitarlle aos non asociados/as, que liquiden os oportunos custes proporcionais de mantenemento e da actividade xeral do cineclube, podendo ser esta cantidade de até 1 euro (incluído xa o IVE correspondente).
 


Asóciate para ver a luz


Vídeo: You Tube [.mp4 • 9'2 Mb]

En febreiro de 2014, utilizamos como medio de promoción para asociarse ao cineclubePF unha peza dobrada polo actor Claudio Rodríguez, (no papel de Max Von Sydow) da hipnotizante introducción do filme «Europa» (Dinamarca, 1991) de Lars Von Trier; con algunha lóxica modificación para a ocasión.

AVISO DE EMPREGO XUSTO: Este vídeo pode conter material con «copyright» que o titular non amosa expresamente a súa autorización ao devandito emprego. Cremos que isto constitúe un emprego xusto do devandito material con dereitos de autor, tal como prevé o artigo 107 da Lei de propiedade intelectual dos EE.UU. Consonte ao título 17 do USC sección 107, o material deste vídeo é distribuído sen ánimo de lucro, aos beneficiarios en recibir información, incluíndo os propósitos de entretemento.

FAIR USE NOTICE: This video may contain copyrighted material the use of which has not always been specifically authorized by the copyright owner. I believe this constitutes a 'fair use' of any such copyrighted material as provided for in section 107 of the US Copyright Law. In accordance with Title 17 USC Section 107, the material in this video is distributed without profit to those who have expressed a prior interest in receiving the included information for entertainment purposes.