26/03/24

Sesións de ciclo de abril de 2024

Dentro das habituais sesións dos mércores de ciclo, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos durante abril de 2024, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


(Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí) [Abre outra xanela]





  3 Abr. 2024
Mérc.

«The old oak» O vello carballo

· (Reino Unido, 2023) 110 min. Cor. Dolby dixital. AR 1,85:1 [+12] VOSE

O filme narra o futuro de The Old Oak, o último pub que queda nunha vila do noroeste de Inglaterra, onde a xente está abandonando a terra a medida que pechan as minas. As casas son baratas e están dispoñibles, polo que é un lugar ideal para os refuxiados sirios.

Premios
2023: SEMINCI; Mellor actor (Dave Turner) e premio do público
2023: Festival de Locarno; premio do público


"Loach atina unha vez máis a recompoñer cada prego dunha ferida cada vez máis aberta. O resultado é filme construído desde a emoción para o reencontro e a esperanza pese a todo"
(Luis Martínez, El Mundo)

SESIÓNS:
COTA:
 18 e 21:00h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
 





  10 Abr. 2024
Mérc.

«Das Lehrerzimmer» Sala de profesores

· (Alemaña, 2023) 96 min. Cor. Dolby dixital. AR 1,33:1 [+7] VOSE

Carla Nowak, unha idealista profesora de matemáticas e deportes, comeza o seu primeiro traballo nunha escola de secundaria. Cando se producen unha serie de roubos na escola e as sospeitas recaen nun dos seus alumnos, decide chegar ao fondo do asunto pola súa conta. Carla intenta mediar entre familias indignadas, colegas obstinados e estudantado agresivo, pero enfróntase ás implacables estruturas do sistema escolar.

Premios
2023: Berlinale; Label Europa cinemas

"Un apaixonado thriller ético na aula"
(Jessica Kiang, Variety)

SESIÓNS:
COTA:
 18 e 21:00h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
 





  17 Abr. 2024
Mérc.

«How to have sex»

· (Reino Unido, 2023) 91 min. Cor. Dolby dixital. AR 1,85:1 [+16] VOSE

Tres adolescentes británicas, Zara, Em e Skye, viaxan a Creta para perderen a virxindade. As mozas queren pasar o mellor verán das súas vidas, bebendo, festexando e moceando, pero tamén enfrontan a presión dos seus compañeiros. O filme examina a violencia sexual á que se teñen que enfrontar as rapazas en festas orxiásticas durante estes "ritos de iniciación" tipicamente británicos.

Premios
2023: Festival de Cannes; Un Certain Regard
2023: SEMINCI; Premio Pilar Miró á mellor dirección nova

"Molly Manning Walker (a directora) demostra como afecta á sociedade en xeral e ás mulleres en particular a metabolización dunha tradición de orixe burguesa e machista que ten como eixo central a idea de que unha persoa non é realmente adulta ata que non mantivo relacións sexuais. A interiorización do devandito concepto por parte da protagonista devén nuns ataques de ansiedade que non fan senón evitar que goce das súas vacacións. Como colofón, o filme destapa os viciados mecanismos que moven a unha sociedade incapaz de entender o concepto de consentimento e cuxas dúas únicas reaccións diante dunha violación son quitarlle importancia ou culpar á vítima"
(Rubén Tellez Brotóns, elantepenultimomohicano.com)

SESIÓNS:
COTA:
 18 e 21:00h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
 





  24 Abr. 2024
Mérc.

«Bastarden» A terra prometida

· (Dinamarca, 2023) 127 min. Cor. Dolby dixital. AR 2,35:1 [+16] VOSE

En 1755, o empobrecido capitán Ludvig Kahlen disponse a conquistar os duros e inhóspitos páramos daneses cun obxectivo aparentemente imposible: crear unha colonia no nome do rei. A cambio, recibirá un nome real que anhela con desesperación. Porén, o único gobernante da zona, o despiadado Frederik de Schinkel, cre arrogantemente que esa terra lle pertenece. Cando de Schinkel se percata de que a súa criada Ann Barbara e o seu servil marido escaparon para refuxiarse con Kahlen, o privilexiado e rancoroso gobernante xura vinganza e promete facer todo o que estea ao seu alcance para escorrentar o capitán. Pero Kahlen non se deixa intimidar e emprende unha batalla tan desigual que poñerá en risco non só a súa vida, senón tamén á familia de personas marxinadas que se formaron ao seu redor.

Premios
2023: Premios do Cine Europeo; premio mellor actor (Mads Mikkelsen), fotografía e vestiarío.
2023: Premios cine danés; mellor filme, actor (Mads Mikkelsen) e guión adaptado (Anders Thomas Jensen e Nikolaj Arcel).

"Un descomunal Mads Mikkelsen protagoniza esta belísima reviravolta a, por que non, O home que matou a Liberty Valance"
(Luis Martínez, El Mundo)

SESIÓNS:
COTA:
 18 e 21:00h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
 







Todas as proxeccións de ciclo son no salón de actos da Casa da Cultura, onde estaba a Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). A capacidade da sala está limitada a 110 persoas por sesión.

Pregamos puntualidade.


Lembramos usar a máscara de protección dentro da sala, en caso de síntomas catarrais, de gripe ou con sospeitas de COVID...que aínda sigue!.


Os símbolos desta web son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.



Tamén podes consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.



ADVERTENZAS:
Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección * sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].

----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1



Ningún comentario: