10/01/13

Ciclo de Comedia (I)

Para apurar este ano, cheo de malos augurios, e cunha terminación que non invita ao optimismo, propoñemos vitaminar un pouco, as nosas amargadas vidas por culpa, segurísimo, de quen non vai, ou nunca foi ao cinema.

A programación que temos preparada coa procura de saude, e agarimo necesario para o primeiro trimestre do 2013, proxéctase no Cinebox Ourense, todos os mércores -agás a semana do entroido- en sesións ás 18, 20:30 e 23 horas. (En versión orixinal subtitulada)

Por último antes de detallar a programación que preparamos, advertimos que a pesar da espectacular suba do IVE, e a falta de programas de apoio da Administración, mantemos de momento as mesmas cotas de entrada ás sesións; 4 euros xeral, e 3 euros a cota reducida, (ou sexa os descontos son aplicables a  estudantes universitarios con carné vixente, xubilados e parados).

Este é o detalle do programa;

01/01/13

O Apóstolo


Diante da actual condena das nosas vidas, nunha pertinaz crise ideolóxica que ameaza rematar coa educación e sanidade pública, e por suposto a cultura, aproveitamos o comezo de ano 2013 con facer medrar a emoción, por enriba doutras recomendacións sobrenaturais que nos suxiren algúns dos que nos gobernan. 

En calquera caso, a proxección especial que inicia o 2013, ven un pouco dada,  polas coincidencias de nadal, a súa fallida campaña de distribución a pesar da inversión publicitaria, e sobre todo, porque é un excepcional filme galego. 

          (ás 18, 20:30 e 23 h);

    O Apóstolo
    (2012, España)




















    Dirección: Fernando Cortizo | Guión: Fernando Cortizo | Música: Xavier Font, Arturo Vaquero, Philip Glass | Fotografía: Matthew Hazelrig | Intérpretes: Animación (Voces de: Carlos Blanco, Xosé Manuel Oliveira “Pico”, Paul Naschy, Jorge Sanz, Celso Bugallo, Geraldine Chaplin, Manuel Manquiña, Luis Tosar, Isabel Blanco, Pedro Alonso, Atilano Franco, Jacobo Rey) 

    Productora: Artefacto producciones | Web oficial: http://www.oapostolo.es/ | Distribuídora: Artefacto producciones | Formato disponible exhibición: Blu-Ray | Cor | Duración: 80 min.| Lingua: Versión Orixinal (Galego) VOG



    Premios e mencións: