20/07/18

Cine de verán 2018

As viaxes de Sullivan...clásicos por barrios, en Seixalvo

Cine no xardín do Museo Arqueolóxico de Ourense


Na habitual cita cinematográfica do verán, e das actividades do Veránêarte de Escua, preparamos un programa coma sempre, con acceso de balde e nunha única sesión.

28/06/18

Marxes Fílmicas: Unha ollada ao redor

Rompendo a tradición dos últimos anos, as noites do Museo propoñen a instrospectiva como método de análise: Que din dunha sociedade os filmes que ve?

Diriximos a ollada cara aos espectadores dos festivais de cinema. Consumidores dunha cultura audiovisual que, segundo as directivas da Unión Europea, promoven a formación dun espírito crítico e a difusión dos valores de integración de todas as razas e cultura da nosa contorna.

A través do palmarés do último Festival internacional de curtas de Bueu (FicBueu) e doutras películas con amplo percorrido en certames internacionais (entre eles o OUFF), abrímoslle unha fiestra arredor de nós mesmos , como público.

Os filmes proxéctanse na primeira e segunda semana do mes de xullo, os martes e xoves, nunha única sesión, ás 21:30 h. en VOSE e acceso de balde.



«Marxes Fílmicas: unha ollada ao redor» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


De seguido o detalle da programación, e en breve, daremos conta do cine do verán.




3 Xullo 2018
martes

«Curtas internacionais premiadas no FICBUEU»

FOX
Jaqueline Lentzou (Grecia, 2016) 28 min.
Sección oficial nos festivais de Locarno, Saraxevo e Atenas. Primeiro Premio no FICBUEU 2017

Atenas, Grecia. Unha vaga de calor. Stephanos está a traballar e escoitar rap, mentres a súa nai está planificando o día. Tras outra pelexa entre eles, el queda só para coidar dos seus dous irmáns máis novos e Lucy, o can da familia.


RUAH
Flurin Giger (Suíza,2016) 18 min.
Nomeado á mellor curta na Biennale de Venecia e Festival de Sitges 2016. Segundo Premio no FICBUEU 2017.

Nove personaxes, catro historias, unha situación. Como actuar ao saber que algo grande, algo irreversible, algo do que non pode fuxir ou loitar, vai pasar.


WALD DER ECHOS
Luz Olivares Capelle (Austria, 2016) 30 min.
Mellor película nos Austrian Film Awards e premio á Mellor Dirección no FICBUEU 2017.

Unha adolescente, Christina, perde aos seus amigos no bosque. Ao buscalos, deles atopa os corpos de tres nenos afogados na beira dunha lagoa. Nas vacacións de verán, nas profundidades do bosque, tres nenos, curmáns, xogan ao redor dun lago cando atopan unha moza afogada na auga. Que é real e que é un espello?


BIER & CALIPPO
Paul Ploberger (Austria, 2017) 28 min.
Presente nos festivais de Max Ophüls, Münster e Salzburgo. Mellor Música no FICBUEU 2017.

Un grupo adolescente quere ir de xira. Jojo, a moza da banda, é levada a unha área de descanso polo seu pai preocupado por unha reunión, mentres a súa amiga Toni discute e o resto da banda están borrachos.

SESIÓN:
COTA:
  21:30 h. (CEST)
  De balde até completar aforo (60 persoas aprox.)



5 Xullo 2018
xoves

«Curtas nacionais premiadas no FICBUEU»

LENI K
Alberto Taibo (España, 2015) 19 min.
Mellor Curta e Mellor Director en CyLnema en corto. Mellor Guión FICBUEU 2017

"Leni K." é unha "home movie" gravada pola fotógrafa e cineasta alemá Leni Kastell durante a súa estadía de cinco meses na casa dos seus cuñados en Tierra de Campos, durante o ano 1945.


TIMECODE
Juanjo Giménez Peña (España, 2017) 15 min.
Nomeado á Mellor Curta de Ficción nos Oscar, Palma de Ouro á Mellor curta Festival de Cannes e Mellor Curta de Ficción nos Goya. Premio do Público no FICBUEU 2017.

Luna é unha vixiante de seguridade que traballa no aparcadoiro dunhas oficinas. Cansa do seu traballo e do seu xefe, túrrnase con Diego, a quen apenas ve uns segundos ao día. A partir dun curioso achado, Luna descubrirá unha maneira de comunicarse co seu compañeiro.


LA DISCO RESPLANDECE
Chema García Ibarra (España-Turquia, 2016) 12 min.
Mención Especial no Festival de San Sebastián. Gran Premio do Xurado Semana de Cine de Medina del Campo. Mellor Curta Española no FICBUEU 2017.

Un sábado en abril. Vai bo tempo. A sombra da montaña crece mentres cae a tarde. Cinco nenos preparan a noite: teñen alcol, coche e música. Dá igual que a discoteca leve anos pechada.


NÉBOA
Claudia Costafreda (España, 2017) 18 min.
Mellor Curta Iberoamericana no Festival de Huesca. Mellor Curta Galega no FICBUEU 2017.

Telma, unha muller de 5 anos, regresa a Galicia coa intención de devolver a Desiderio, o can que herdou hai dous meses, logo da morte do seu pai. Para ela acabará sendo unha viaxe de encontro coas orixes nas que terá que superar e afrontar un conflito latente que a mantivo lonxe da súa terra e, sobre todo, do seu pai.


23 DE MAYO
David Martín de los Santos (España,2016) 16 min.
Mención Especial do Xurado no Festival de Cine Español de Málaga. Mellor Película Documental no Festival de Medina del Campo

As voces de dúas mulleres e os vestixios dunha casa detida no tempo rescatan a memoria dos que viviron alí.


DECORADO
Alberto Vázquez Rico (España,2016) 11 min.
Goya Mellor Curta Animada e Mellor Curta Internacional de Animación no Festival Internacional de Vila do Conde. Participación na Quincena de Realizadores de Cannes 2016.

O deterioro dunha relación e a forma en que isto afecta ao mundo que os rodea.



SESIÓN:
COTA:
  21:30 h. (CEST)
  De balde até completar aforo (60 persoas aprox.)



10 Xullo 2018
martes

«Santoalla»

Dirección de e · (2016)

Filme seleccionado para a Gala de inauguración do OUFF 2016

Filme documental que vira ao redor de Martin Verfondern e Margo Pool, unha parella de holandeses progresistas, que só tiñan un soño: vivir no campo, lonxe das limitacións e complicaciones da cidade. Con todo, ao chegar á parroquia galega de Santoalla (lugar no que se rodou "Sempre Xonxa", de Chano Piñeiro), estes estranxeiros desafiaron as tradicións da única familia residente na localidade, iniciando un conflito de máis dunha década que culminou coa misteriosa desaparición de Martin.



SESIÓN:
COTA:
  21:30 h. (CEST)
  De balde até completar aforo (60 persoas aprox.)



12 Xullo 2018
xoves

«Posoki» Destinos

Dirección de (2017)

Presentado no festival de Cannes (Un certain regard) e de Xixón. Premio mellor filme no Festival de Cleveland 2017

Nunha reunión co seu banqueiro, o dono dunha pequena empresa que vive conducindo un taxi descobre que ten que pagar un suborno para obter un préstamo. A comisión que revisou a súa reclamación de extorsión agora quere cobralo. Fóra das súas caixas, dispara ao banqueiro e dispara a si mesmo. O incidente causa un revolvemento a nivel nacional, cuestionando o desencanto da sociedade. Mentres tanto, seis taxistas e os seus pasaxeiros pasan de noite, cada un esperando atopar un futuro mellor.



SESIÓN:
COTA:
  21:30 h. (CEST)
  De balde até completar aforo (60 persoas aprox.)




Todas as proxeccións son en VO/VOS, no patio do Museo Etnológico de Ribadavia,(Rúa Santiago 10 de Rivadavia - Ourense)

Pregamos puntualidade.






Horarios CUT+1




15/05/18

Programación de maio e xuño de 2018

«Adversidades»

«Filmoteca CGAI»

«Extra: IV Ciclo de cine e medicina»


Actualmente, a sociedade occidental estrutura un sistema educativo que procura transmitir unha escala de contidos presuntamente modélicos, coa inteción de adquirir unha serie de capacidades, óptimas para o traballo. Lamentablemente os valores cos que se di acompañar o proceso educacional (Dereitos humanos, ética, civismo, paz, amor, solidariedade, empatía...) non sempre se imparten de igual intensidade ou xeito.

Así, os individuos son vistos como suxeitos, que aínda que posúan vivenzas ou situacións distintas, ao final son números dun proceso económico, en franco declive de garantías e dereitos.

Nun espazo de adversidade, só sería posible revertir en parte, se polo menos intervense coa capacidade de aprender en calquera momento da vida do suxeito. Educar en liberdade, implica comezar o interior de cada persoa, significa comprender que calquera de nós, somos actores do proceso educativo.

O ciclo que vos presentamos, é unha mostra de sucesos aos que debe enfrontarse a infancia contra a súa vontade. Non son películas especialmente para nenos; mailo que eles sexan os protagonistas. Os filmes son para a reflexión dos adultos, aínda que está claro que non podiamos deixar de lado á infancia; gardando as sesións de filmoteca de xuño, especialmente para todos. Atentos a algúns horarios, cunha única sesión.

A música (starlit night) que acompaña o avance visual [.mp4 • 20'3 MB], baséase no conto (Dean lille Pige med Svovlstikkerne) A pequena vededora de fósforos, do poeta danés Hans Christian Andersen, musicado polo grupo de punk-cabaret “The Tiger Lillies”.




Cartel «Adversidades» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Adversidades


Proxéctanse os mércores de maio e xuño de 2018, no salón de actos da Biblioteca pública de Ourense #CasaDaCultura (rúa Concello núm. 11) os seguintes filmes dentro do ciclo sobre a infancia:

Sesións de filmoteca de maio e xuño de 2018

Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctanse durante os meses de maio e xuño na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), todos os luns   os seguintes filmes …

13/04/18

Programación abril e maio de 2018

«O estado das cousas»

«Filmoteca CGAI»

«Extra: IV Ciclo de cine e medicina»


Dicía Michael Moore, na presentación de "Capitalismo, unha historia de amor" (proxectado o 3 de xuño de 2014 no cineclube), que o seu obxectivo é expor as preguntas que debe facerse a sociedade. Neste caso, programamos en concordancia co citado director e activista, catro filmes para a refexión oportuna de cada espectador...a corrupción desde a falta de ética individual,a relixión e a nacionalidade que enfronta a cada individio sen posibilidade de encontro,a ideoloxía ou o paradigma actual de que xa non é moderna, e o totalitarismo ou devir á falla de liberdade individual actual. Faltounos a organización do estado ou a monarquia cunha comedia, ben propia da situación...pero que non puido entrar por falta de contestación da distribuídora en España.

Advertimos, que a clase política non vai mudar nada pola súa propia iniciativa persoal, porque para eles non ten sentido ser valentes, é demasiado arriscado. As persoas son as que teñen que facer que cambien. Así, cando emerxa a verdade e o panorama estea claro, os que se encollían de ombreiros e ironizaban cambiarán de idea e pareceranse precisamente ás persoas illadas das que se burlaran. Todo o noso apoio, a eses valentes que en calquera parte do mundo loitan para cambiar as cousas.

De seguido o avance visual [.mp4 • 20'3 MB] e cartel que adianta a programación.



Cartel «O estado das cousas» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


O estado das cousas


Proxéctanse os mércores de abril e maio de 2018, no salón de actos da Biblioteca pública de Ourense #CasaDaCultura (rúa Concello núm. 11) os seguintes filmes:

22/03/18

Programación de abril de 2018

«Primavera musical»

«Filmoteca CGAI»


Despois da auga, chega por fin a primavera...e de novo un ano máis, coa música medrarán todas as pequenas cousas da vida.
O avance visual [.mp4 • 20'3 MB] que adianta este ciclo coa canción «Those little things» é de Ramón Mirabet.



Cartel «Primavera Musical» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)



Atentos aos días e distintos lugares!


Primavera musical 2018


A música soa no mes de abril con cinco filmes en catro escenarios distintos e en VOS (Versión orixinal subtítulada).

Aparte do habitual, dos mércores na Casa de Cultura; salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), hai música (e cine) no Café cultural El Pueblo, Café Pop Torgal e Café cultural Auriense. Agardamos bailedes cos seguintes filmes …

Sesións de filmoteca de abril 2018

Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctase durante o mes de abril na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …

15/02/18

Programación febreiro - marzo 2018

Filmoteca

Ciclo Retratos e derivas

Extra: IV Ciclo de cine e medicina

Sesión especial


Retratos e derivas, presenta unha secuencia de emocións, loitas femeninas, desencontros da vida, derivas do amor, retratos de familia, a política e outras cousas debuxadas extraordinariamente.



«Retratos e derivas» · Deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


O avance visual [.mp4 • 20'7 MB] completo, da programación ata a semana santa, saudámolo coa versión que o grupo galego "Oh Ayatollah" (Volve a canción protesta), que fixeron sobre a orixinal de "Los planetas"...quero repetir axiña, non podo esperar!
...e case non podemos esperar, porque temos novidade, (en probas) que debe esperar até o próximo 21 de marzo para espectadores/as con algunha discapacidade audiovisual.

Gocen, si ninguén o impide.

Retratos e derivas


Proxéctanse os mércores de ferreiro e marzo de 2018, no salón de actos da Biblioteca pública de Ourense #CasaDaCultura (rúa Concello núm. 11) os seguintes filmes:

(Atención á novidade da audiodescripción do filme do do 21 de marzo)


Sesións de filmoteca de febreiro - marzo de 2018

Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, proxectamos os seguintes filmes:

(A programación do CGAI, comenzará a partir do mes de marzo)


05/01/18

Programación xaneiro - febreiro 2018

Filmoteca

Ciclo Imaxinario

Extra: IV Ciclo de cine e medicina

Sesión especial


Durante a ocupación das fábricas e as reivindicacións obreiras de finais da década dos sesenta nas localidades francesas de Sochaux e Besançon, un grupo de cineastas, liderado por Chris Marker, Jean-Luc Godard e Bruno Muel, achegáronse a filmar aos activistas obreiros. O rexeitamento que os filmes produciron nos obreiros levou aos realizadores militantes a propoñerlles que se filmaran eles mesmos. Así xurdiron Os Grupos Medvedkin, ou "Numax presenta" de Joaquin Jordá, e logo un cento de cineastas que construíron un imaxinario social instituínte e autónomo... como diría Edgar Morin o imaxinario explícase de xeito que un homo sapiens é tamén un homo demens. A sociedade críase ao través de imaxinarios sociais que vinculan aos homes e mulleres e dan sentido ao seu accionar.

Así as relixións, ideoloxías ou as utopías políticas proporcionan crenzas comúns que estruturan un vínculo social a través dun imaxinario colectivamente compartido. Esas son precisamente parte das historias que presentamos neste novo ciclo, unha serie de transformacións sobre o real grazas á imaxinación.



«Imaxinario» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Antes de pensar? imaxina! A imaxinación é o proceso de creación e de deformación das imaxes...en silencio e ás escuras nunha sala cinematográfica, como se dunha catedral fose, pode voltarnos inmortais; o noso corazón pode ter esperanzas e expectativas, pode namorarse e viaxar por moito tempo, como as sensacións que transmite a música que acompaña o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] da programación, baseado dunha canción orixinal da compositora brasileira Zélia Duncan, interpretado con apenas 19 anos por Tanita Tikaram no seu primeiro disco. Que vos preste. Ollo aos horarios...


(Sesións diferentes ao habitual; 10, 15 de xaneiro, 2, 5 e 7 de febreiro)

Ciclo imaxinario

Proxéctanse os mércores entre xaneiro e febreiro de 2018, no salón de actos da Biblioteca pública de Ourense #CasaDaCultura (rúa Concello núm. 11) os seguintes filmes:


(Pregamos atención aos horarios do 10 de xaneiro e 7 de febreiro)


Sesións de filmoteca de xaneiro e febreiro de 2018


Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, proxectamos os seguintes filmes:


(Atentos ás únicas sesións, e de balde, do 15 de xaneiro e do 5 de febreiro)