07/11/19

Viaxes excéntricas

Durante o mes de novembro de 2019 viaxamos coa 7ª edición do Cine de Outono, ás Miradas Etnográficas. Multiplicamos os diferentes centros de interese para chegar a destinos imprevistos, a realidades que superan o propio inicio do periplo, e obrigan a trazar novas hipérboles con imprevisibles experiencias.

Así que calculamos rumbo, escrutamos o tempo e movémonos pola escuridade do pasado. A lingua, a música, a imaxe e a palabra como resorte do patrimonio e como motor de identidade e alicerce da rebeldía. E descubrimos, unha vez máis, que estamos de volta no inicio da viaxe.

Tomen asento e sexan benvidas. As proxeccións serán no Museo Etnolóxico de Ribadavia; os sábados 9, 16, 23 e 30 de novembro ás 20 horas e de balde.


De seguido o detalle da programación.






  9 Nov. 2019
Sáb.

«A viaxe de Ruth»

e · (España, 2018) 55 min.
Entre os anos 1924 e 1926 a fotógrafa americana Ruth Matilda Anderson viaxou dúas veces a Galicia, acompañada do seu pai Alfred que tamén era fotógrafo. Ruth realizou durante a súa estadía unhas 5.500 fotografías dunha gran calidade, o que a xuízo dalgúns entendidos, non ten parangón con ningún traballo da época. No documental trátase de realizar unha toma similar de moitas destas fotografías para comprobar canto cambiou Galicia dende aqueles anos ata hoxe.



SESIÓN:
COTA:
  20:00 h. (CEST) «Museo Etnolóxico de Ribadavia», Ourense
 De balde



  16 Nov. 2019
Sáb.

«A imaxe reb/velada»

· (España, 2015) 65 min.
En febreiro de 2008, a familia de Carmen e Toño recibe un correo electrónico moi sorprendente. Un lonxano familiar voltaba a poñerse en contacto con eles tras corenta anos de silencio.


SESIÓN:
COTA:
  20:00 h. (CEST) «Museo Etnolóxico de Ribadavia», Ourense
 De balde



  23 Nov. 2019
Sáb.

«Mar de terra»

Dirección de · (España, 2018) 60 min.

Visión personal e diferente dunha tradición, a do Entroido, que viaxa ao fondo das emocións. Percorre os entroidos de Laza, Xinzo, Verín, Manzaneda, Santiago de Arriba (Chantada) ou Viana do Bolo e mistúrase coa música do acordeón de Kepa Junkera.


SESIÓN:
COTA:
  20:00 h. (CEST) «Museo Etnolóxico de Ribadavia», Ourense
 De balde





  30 Nov. 2019
Sáb.

«Glittering misfits»

· (2018) 74 min. VOSE

Dirty Martini e Tigger!, estrelas do underground neoiorquino, descubrirannos algúns dos segredos das súas provocativas e reivindicativas formas de expresión artística en night-clubs e cabarets do Off- Off-Broadway de Nova Iorke. Ao mesmo tempo, permitirannos entender desde a súa intimidade cotiá os motivos, as loitas e as claves que lles manteñen como figuras e referentes do neo- burlesque, máis de 20 anos despois de que todo este fenómeno explotase na cidade na década dos 90.


SESIÓN:
COTA:
  20:00 h. (CEST) «Museo Etnolóxico de Ribadavia», Ourense
 De balde





Todas as proxeccións son en VO/VOS, no Museo Etnolóxico de Ribadavia,(Rúa Santiago 10 de Rivadavia - Ourense)

Pregamos puntualidade.







Horarios CUT+1




Ningún comentario: