07/11/19

Sesións de filmoteca de novembro e decembro de 2019

Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctanse durante o meses de novembro e decembro no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11) de Ourense, os seguintes filmes…


(Atención ao cambio de día habitual do luns 25 para o xoves 28 de novembro)



18 Nov. 2019
Lun.

«Jiao qu de niao» Suburban birds

· (China, 2018) 118 min. [SC] VOSE
Producíronse varios afundimentos de terra nunha área suburbana. Para investigar as causas, as autoridades enviaron un equipo de enxeñeiros, entre os que se atopa Hao. Tras días de vagabundaxe e pesquisa a transportar o seu pesado equipo, Hao entra nunha escola de primaria e encontra un diario que relata a historia dun cativo que se separa dos seus mellores amigos. En canto o inquérito segue o seu curso, Hao descobre que o diario pode conter profecías sobre a súa propia vida.

Premios
2019: Festival Novos cinemas; mellor longametraxe

"Qiu mostra unha facilidade notable, xa que pacientemente engade capa sobre capa a un misterio que quere permanecer un. Non se trata dun filme de crebacabezas, pero os seus extremos resultan evasivos. As súas observacións sobre a expansión das paisaxes urbanas de China lembran o traballo de Jia Zhangke ("A cinza é o branco máis puro") , mentres que o seu silencio case místico ten acentos que un recoñece nas películas de Apichatpong Weerasethakul. "
(Glenn Kenny, THE NEW YORK TIMES)


SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).





28 Nov. 2019
Xov.

«Un violent désir de bonheur» Un violento desexo de felicidade

· (Francia, 2018) 77 min. [SC] VOSE
1792. Durante os tempos da Revolución Francesa, o mosteiro de Gabriel, illado entre montañas, é requisado polas tropas. A convivencia cos soldados sacode ao ousado monxe, como tamén o fai a presenza silenciosa de Marianne. Outra revolución empeza para el.

Premios
2019: Festival Novos cinemas; mención especial do xurado

"A economía de medios obriga a limitarse ás fermosas intencións, dunha película histórica á marxe que se converte nun conto vitalista e teatral."
(Pharaon de Winter, TÉLÉRAMA)


SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as ).





2 Dec. 2019
Lun.

«Hamada»

· (España, 2018) 89 min. [A] VOSG
Con vitalidade, humor e situacións inesperadas, a película pinta un inusual retrato dun grupo de amigos que viven nun campamento de refuxiados no medio do pedroso deserto do Sáhara.

"Cunha dirección de fotografía impresionante, unha banda sonora pegadiza e encantadoras historias persoais, Eloy Domínguez Serén logrou ofrecer un retrato único dunha situación complexa que está practicamente estancada."
(Chris Frieswijk, CINEUROPA)


SESIÓN:
COTA:
  20:30  h. (CUT+1)
  De balde, até completar o aforamento (110 butacas) ).



9 Dec. 2019
Lun.

«Sophia Antipolis»

· (Francia, 2018) 98 min. [SC] VOSE
Sophia Antipolis: unha tecnópolis na Riviera francesa, un lugar onde os soños deberían facerse realidade. Pero o medo e a desesperación axexan baixo a superficie. Baixo un sol enganoso, cinco vidas trazan a inquietante historia dunha moza: Sophia.


Premios
2019: Festival Novos cinemas; premio do xurado novo

"Hai unha tensión dialéctica permanente entre o superficial e o profundo...semella un filme filmado por un extraterrestre."
(Victor Esquirol, OTROSCINESEUROPA.COM)


SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).





16 Dec. 2019
Lun.

«Vertigo» Vertixe

· (EUA, 1958) 129 min. [A] VOSE
Un policía que padece vertixe, Scottie Ferguson, sofre a perda dun compañeiro nunha persecución. Detective do corpo de policía en San Francisco, Scottie vese obrigado a retirarse. Un antigo compañeiro de estudos encárgalle a vixilancia da súa muller, Madeleine, ofuscada cunha bisavoa, Carlota Valdés, morta un século antes. Scottie comeza a seguila, progresivamente fascinado por ela.


"Un dos cumios da obra de Hitchcock puntuado pola sublime banda sonora de Bernard Herrman. Uso virtuoso do zoom, despregamento histórico do delirio da mirada e as posibilidades visuais na plasmación do persoal manierismo do artista británico, posúe unha fonte inesgotable de elementos e temas (a paixón amorosa, a identidade esluída, o dobre, a obsesión,…) con inspiradas e admirables sorpresas narrativas."
(CGAI)


SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  De balde, até completar o aforamento (110 butacas)







Todas as proxeccións son na Casa da Cultura, no salón de actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). Pregamos puntualidade.

Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión dobrada cos mesmos patróns E/G.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [R>7] recomendado para maiores de 7 anos, [R>12] recomendado para maiores de 12 anos, [R>16] recomendado para maiores de 16 anos, [R>18] recomendado para maiores de 18 anos, [SC] Sen clasificación por idades.

ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].



----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1




Ningún comentario: