Proxéctanse os mércores de novembro e decembro de 2019, no salón de actos da Casa da cultura de Ourense (rúa Concello núm. 11) os seguintes filmes:
(Atentos/as ao horario do 13 de novembro)
13
Nov.
2019
Mérc.
«Di jiu tian chang» Deica sempre, meu fillo
Wang Xiaoshuai · (China, 2019) 185 min. [R>12] VOSE
Dous matrimonios adáptanse aos grandes cambios sociais e económicos que teñen lugar na China desde a década de 1980 até o presente. O abatido matrimonio cae nos recordos, mentres espera unha única cousa: facerse o suficientemente maiores como para esquecer a dor do pasado.
Premios
2019: Festival de Berlin: mellor actor e actriz
"Uns actores inspirados en estado de graza, unha sublime montaxe e uns flash- backs impecables, que explican a situación no instante adecuado da narración, a película de Wang Xiaoshuai gózase como un inesquecible momento cinematográfico"
(Carlos Loureda, FOTOGRAMAS)

SESIÓNS:
COTA:
18 e 21:30 h. (CUT+1)
20
Nov.
2019
Mérc.
«Els dies que vindran» Os días que virán
Carlos Marques-Marcet · (España, 2018) 110 min. [R>12] VO/SE
Vir (30) e Lluís (32) hai só un ano que saen xuntos, cando descobren que están “embarazados”. Durante 9 meses, seguiremos a aventura desta moza parella barcelonesa, o xiro enorme que dará a súa vida, os seus medos, alegrías, as súas expectativas e as realidades que, durante o seu embarazo, crecen diante deles, tentando aprender a ser tres cando nin sequera tiveran tempo de aprender a ser dous...
Premios
2019: Festival de Málaga: Biznaga de ouro, mellor actriz e mellor dirección
"Unha pequena gran película"
(Paula Arantzazu, CINEMANÍA)
Premios
2019: Festival de Málaga: Biznaga de ouro, mellor actriz e mellor dirección
"Unha pequena gran película"
(Paula Arantzazu, CINEMANÍA)
SESIÓNS:
COTA:
18, 20:30 e 23 h. (CUT+1)
27
Nov.
2019
Mérc.
«Jiang hu er nv» A cinza é o branco más puro
Jia Zhang-Ke · (China, 2018) 135 min. [R>12] VOSE
Cando Bin é atacado por unha banda rival, Qiao deféndese e dispara varias veces. É condenada a cinco anos de cárcere. Tras cumprir a súa pena, Qiao busca a Bin e tenta volver con el. Pero el non quere seguila. Dez anos máis tarde, en Datong, Qiao segue solteira e saíu adiante manténdose fiel aos valores da mafia. Pero Bin, cansado da vida, regresa buscándoa, á única persoa á que amou...
Premios
2018: Festival de Cannes: sección oficial
"É fermosa, violenta e tormentosa...impresionate en todos os sentidos"
(Oti Rguez. Marchante, ABC)
Premios
2018: Festival de Cannes: sección oficial
"É fermosa, violenta e tormentosa...impresionate en todos os sentidos"
(Oti Rguez. Marchante, ABC)
SESIÓNS:
COTA:
18, 20:30 e 23 h. (CUT+1)
4
Dec.
2019
Mérc.
«Sorry we missed you»
Ken Loach · (Reino Unido, 2019) 101 min. [R>12] VOSE
Ricky e a súa familia estiveron pelexando para saír adiante economicamente desde a crise de 2008. Un día preséntase unha nova oportunidade cando aparece unha brillante furgoneta antiga, ofrecendo á familia a posibilidade de crear o seu propio negocio. Con todo, a tarefa non será fácil, especialmente debido ao traballo da súa muller como coidadora.
Premios
2019: Festival de San Sebastián: premio do público - mellor filme europeo
"Unha das mellores películas do século XXI. A visceralidade de Loach, a perpetua intención (e dereito) a querer mudar o mundo, aparecen aquí cunha emocionante tenrura, expostas por un grupo admirable de intérpretes"
(Javier Ocaña, EL PAÍS)
Premios
2019: Festival de San Sebastián: premio do público - mellor filme europeo
"Unha das mellores películas do século XXI. A visceralidade de Loach, a perpetua intención (e dereito) a querer mudar o mundo, aparecen aquí cunha emocionante tenrura, expostas por un grupo admirable de intérpretes"
(Javier Ocaña, EL PAÍS)
SESIÓNS:
COTA:
18, 20:30 e 23 h. (CUT+1)
11
Dec.
2019
Mérc.
«Di qiu zui hou de ye wan» Longa viaxe cara á noite
Bi Gan · (China, 2018) 138 min. [R>7] VOSE
Luo Hongwu regresa a Kaili, a súa cidade natal, da que fuxiu hai varios anos. Comeza a procura da muller que amaba, e a quen nunca puido esquecer. Ela dixo que o seu nome era Wan Quiwen.
Premios
2018: Festival de Cannes: Un certain regard
"Fascinante obra mestra cun final inesqueciclo...é unha obra de arte imborrable"
(Marta Medina, EL CONFIDENCIAL)
Premios
2018: Festival de Cannes: Un certain regard
"Fascinante obra mestra cun final inesqueciclo...é unha obra de arte imborrable"
(Marta Medina, EL CONFIDENCIAL)
SESIÓNS:
COTA:
18, 20:30 e 23 h. (CUT+1)
18
Dec.
2019
Mérc.
«La chute de l´empire américain» A caída do imperio americano
Denys Arcand · (Canadá, 2018) 128 min. [R>12] VOSE
Pierre- Paul, de 36 anos, un intelectual e doutor en filosofía vese obrigado a traballar como repartidor para ter un salario decente. Un día, mentres entrega un paquete, tópase coa escena dun roubo a man armada que saíu mal cun resultado de dous mortos. Atópase con dúas bolsas de deporte repletas de billetes e enfróntase a un dilema.
Premios
2018; festival de Valladolid - Seminci: FIPRESCI
"Divertida, vicarialmente excitante e punzante na observación dos comportamentos sociais, é segura recomendación para públicos intelixentes"
(Mirito Torreiro, FOTOGRAMAS)
Premios
2018; festival de Valladolid - Seminci: FIPRESCI
"Divertida, vicarialmente excitante e punzante na observación dos comportamentos sociais, é segura recomendación para públicos intelixentes"
(Mirito Torreiro, FOTOGRAMAS)
SESIÓNS:
COTA:
18, 20:30 e 23 h. (CUT+1)
Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión dobrada cos mesmos patróns E/G.
A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [R>7] recomendado para maiores de 7 anos, [R>12] recomendado para maiores de 12 anos, [R>16] recomendado para maiores de 16 anos [R>18] recomendado para maiores de 18 anos, [SC] sen clasificación.
ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Horarios CUT+1
Ningún comentario:
Publicar un comentario