Os primeiros minutos do cine africano na época Lumière foron rodados en Tunisia (polo operador de orixe alxeriana Félix Mesguich) e tamén a produción de Albert Samana Chikly, Ghézal, a filla de Cartago (1924), que está considerada a primeira longa de ficción do continente.
Tunisia, ese pequeno país con pouco máis de 10 millóns de habitantes, segue tentando actualizar o seu camiño de progreso no social e no político. A crise política en Tunisia de 2010-2011, coñecida como a Revolución dos Xasmíns ou a Intifada de Sidi Bouzid, debido a que comezou na cidade de Sidi Bouzid, conqueríu o derrocamento do goberno autocrático de Zine El Abidine Ben Ali.
Os medios de comunicación tomaron como data de inicio o venres 17 de decembro de 2010, cando o mozo universitario e vendedor ambulante Mohamed Bouazizi se queimou ao bonzo na devandita cidade de Sidi Bouzid para protestar pola acción da policía que, ao confiscarlle o seu posto de venda de froitas na rúa, condenárono ao paro e á miseria.
Esta só é unha pequena mostra dos filmes mais destacados de Tunisia e sobre Tunisia dos últimos anos. Paga a pena facer esta viaxe; será no patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia, como aperitivo do elixir da Mostra Internacional de Teatro.
Os filmes proxéctanse na segunda e terceira semana do mes de xullo, os luns e mércores, os días 8, 10, 15 e 17 de xullo do 2019 nunha única sesión, ás 22:00 h. en VOSE e acceso de balde.
De seguido o detalle da programación, mais dadas as dificultades de conquerir algúns dos filmes seleccionados, reiteramos a nosa gratitude pola colaboración do Instituto Francés de Bilbao.