Os primeiros minutos do cine africano na época Lumière foron rodados en Tunisia (polo operador de orixe alxeriana Félix Mesguich) e tamén a produción de Albert Samana Chikly, Ghézal, a filla de Cartago (1924), que está considerada a primeira longa de ficción do continente.
Tunisia, ese pequeno país con pouco máis de 10 millóns de habitantes, segue tentando actualizar o seu camiño de progreso no social e no político. A crise política en Tunisia de 2010-2011, coñecida como a Revolución dos Xasmíns ou a Intifada de Sidi Bouzid, debido a que comezou na cidade de Sidi Bouzid, conqueríu o derrocamento do goberno autocrático de Zine El Abidine Ben Ali.
Os medios de comunicación tomaron como data de inicio o venres 17 de decembro de 2010, cando o mozo universitario e vendedor ambulante Mohamed Bouazizi se queimou ao bonzo na devandita cidade de Sidi Bouzid para protestar pola acción da policía que, ao confiscarlle o seu posto de venda de froitas na rúa, condenárono ao paro e á miseria.
Esta só é unha pequena mostra dos filmes mais destacados de Tunisia e sobre Tunisia dos últimos anos. Paga a pena facer esta viaxe; será no patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia, como aperitivo do elixir da Mostra Internacional de Teatro.
«Marxes Fílmicas 2019» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
Os filmes proxéctanse na segunda e terceira semana do mes de xullo, os luns e mércores, os días 8, 10, 15 e 17 de xullo do 2019 nunha única sesión, ás 22:00 h. en VOSE e acceso de balde.
De seguido o detalle da programación, mais dadas as dificultades de conquerir algúns dos filmes seleccionados, reiteramos a nosa gratitude pola colaboración do Instituto Francés de Bilbao.
«Le Challat de Tunis»
Tunes, verán de 2003. Challat, un home en motocicleta cunha navalla de afeitar na man, axexa polas rúas. Dez anos máis tarde, despois da revolución, cando a verdade parece ao alcance da man, unha obstinada directora de cinema quere seguir a pista de Challat, decidida a descubrir o misterio custe o que custe.
Premios
2014: Festival Internacional de Cine de Amiens (Francia)
2014: Festival de Cine Franco-Árabe de Romainville (Francia)
De balde até completar o aforamento (60 persoas
aprox.)
«Hedi»
Hedi é un mozo sinxelo: non fala moito e non espera demasiado dunha vida que xa ten. Indiferente a todo o que o rodea, acepta as cousas como aparecen: deixa á súa nai, autoritaria e dominante, organizar o seu matrimonio; que o seu xefe o envíe a Mahdia a semana da voda; e que o seu irmán maior, Ahme, lle diga como debería comportarse. En Mahdia atopa a Rim, unha animadora nun hotel de praia da que namora, mais os preparativos de voda seguen e Hedi debe escoller.
Producida polos irmáns Dardenne.
Premios
2016: Festival de Berlín: Mellor Actor e Mellor Dirección Novel.
De balde até completar o aforamento (60 persoas
aprox.)
«Vent du nord»
O norte de Francia. Trasladan a fábrica onde traballa Hervé. É o único traballador que o acepta porque desexa outro destino: converterse nun pescador e transmitir esta paixón ao seu fillo. Arredores de Tunes, onde se instalaron a fábrica. Foued, desempregado, cre que traballar na fábrica lle permitirá ter cartos para curar á súa nai e, sobre todo, conquistar á moza que ama. As traxectorias de Hervé e Foued son semellantes e reflíctense.
De balde até completar o aforamento (60 persoas
aprox.)
«La belle et la meute»
Durante unha festa de estudantes, Mariam, unha moza tunisiana, reúnese con Youssef e vai con el. Poucas horas despois, Mariam vira pola rúa en estado de shock. É o comezo dunha longa noite durante a cal debes loitar para facer valer os teus dereitos e dignidade. Pero como pode xustificar se está ao lado dos verdugos? Baseado en feitos reais, "A bela e a manada" é un retrato da impunidade.
"Unha película desgarradora e necesaria en só nove planos (...) Unha película que é unha montaña rusa emocional e un tratado sociopolítico nunha"
(Boyd van Hoeij, The Hollywood Reporter)
De balde até completar o aforamento (60 persoas
aprox.)
E no mes de agosto voltamos co «
Cinema na praza», dentro do programa de actividades «
VeránêArte» onde diversos colectivos culturais da cidade de Ourense, nos autorganizamos nun espazo común alternativo chamado
Escua.
E por último, non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario