07/11/19

Programación novembro e decembro de 2019

Miradas etnográficas

Oriente/Occidente

O documental do mes

Filmoteca CGAI

Sesión especial: 25-N en negro


O esquema spengleriano ("A decadencia de Occidente" de Oswald Spengler), definía unha serie de trazos distintivos que se manifestaban en todas as culturas por igual enmarcándoas aos acontecementos particulares. Con base a ese esquema e aplicando un método que el chamou a “morfoloxía comparativa das culturas”, Spengler proclamou que a cultura occidental atopábase na súa etapa de vellez ou a punto do final.

A evolución no tempo da cultura oriental con reflexo e influecias entre si, fai predicir o mesmo camiño de enfermidade. Ambas conviven nunha desaforada carreira ao precipicio, que en occidente identificamos como capitalismo e no outro lado denominan "reforma económica". En calquera caso, tomando prestada a estrutura de Spengler, observamos na primeira película do ciclo, a evolución de China a través de dous matrimonios. Tamén veremos o amor e desamor, os salarios de miseria e xornadas de escravitude polo ben común ou polo do capital.

Todo avanza, a tecnoloxía, a vida, o amor...vivimos unha estraña viaxe desde a inexistencia á inexistencia, como a democracia; esa feliz máscara do capitalismo mundial que pode viaxar de oriente a occidente a golpe de click ou en incómodas escalas en apretados artefactos voadores.




«Oriente/Occidente»· cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Desta vez, o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] que adianta a programación reflexiona precisamente sobre o paso do tempo, algo substancial para nós precisamente no ano que pechamos, a piques de cumprir medio século de vida.


(Atención ao horario do 13 de novembro e ás sesións do 25 e 28 de novembro.)

Oriente/Occidente

Proxéctanse os mércores de novembro e decembro de 2019, no salón de actos da Casa da cultura de Ourense (rúa Concello núm. 11) os seguintes filmes:

(Atentos/as ao horario do 13 de novembro)



Sesións de filmoteca de novembro e decembro de 2019

Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctanse durante o meses de novembro e decembro no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11) de Ourense, os seguintes filmes…


(Atención ao cambio de día habitual do luns 25 para o xoves 28 de novembro)


Viaxes excéntricas

Durante o mes de novembro de 2019 viaxamos coa 7ª edición do Cine de Outono, ás Miradas Etnográficas. Multiplicamos os diferentes centros de interese para chegar a destinos imprevistos, a realidades que superan o propio inicio do periplo, e obrigan a trazar novas hipérboles con imprevisibles experiencias.

Así que calculamos rumbo, escrutamos o tempo e movémonos pola escuridade do pasado. A lingua, a música, a imaxe e a palabra como resorte do patrimonio e como motor de identidade e alicerce da rebeldía. E descubrimos, unha vez máis, que estamos de volta no inicio da viaxe.

Tomen asento e sexan benvidas. As proxeccións serán no Museo Etnolóxico de Ribadavia; os sábados 9, 16, 23 e 30 de novembro ás 20 horas e de balde.


De seguido o detalle da programación.