Abrimos o ano con importantes novidades: a piques de asinar por fin, un convenio co Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). Deste xeito podemos ver un vello soño cumprido, que os cidadáns de Ourense poidan desfrutar tamén —como os de Coruña—, da programación que a institución galega dispón.
Asemesmo grazas ao apoio da Fundación Araguaney (quen organiza o Festival Euroárabe Amal), é posible proxectar neste mes de xaneiro, os filmes gañadores en pasadas edicións.
Pensamos proxectar todos estos filmes, os luns as 20:30 e 23 h. (horario CUT+1) e que lle dimos por chamar «sesións de Filmoteca», e todo esto sen que vos custe un peso, que xa sabemos que a costa de xaneiro é empinada, por iso este mes é de balde.
Tamén informarvos, que no nadal estivemos traballando a reo para sustituir as vellas butacas por unhas novas, deste xeito teredes un mellor acomodo para as vosas costas e con espazo suficiente para estirar as pernas; esto foi grazas ao valioso apoio e decidido da Biblioteca Pública (nunca nos cansaremos de repetilo), ao compromiso de colaboración da Xunta de Galicia (por medio da Federación de cineclubes de Galicia «Feciga»), e por último, salientar a profunda decepción que nos causa a Deputación Provincial e a concellería de Cultura do concello de Ourense, polas súas promesas —incumpridas— e a súa falta de apoio, a pesares da devandita capitalidade cultural do Eixo Atlántico.
Deste xeito o aforo reducíuse a 112 butacas polas melloras implementadas para o voso confort (antes había 144); a pesares deso, a cota xeral de socios para este ano de crise mántense en 4 Euros, e polo momento, non podemos aplicar descontos nin ofrecer a venda anticipada e lembrade, que non se permite a entrada unha vez comezada a proxección.