«Mosaico»
Extra · II ciclo de Cine e Medicina · Ociourense 2016
A piques de rematar a primeira parte do ano, o facemos cun conxunto de teselas fílmicas no que ademáis inserimos a programación do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) e sesións especiais, un mosaico de diversidade que agardamos emocione o espíritu cautivo das musas.
Talvez sexamos esixentes demais, Talvez… como expoñía Prince soñamos si podemos, cun xardín, un océano de floridas violetas… neste mundo máis desabrigado, agora si, é cando choran as pombas; como non podía ser menos, a nosa banda sonora corresponde ao avance visual [.mp4 • 18'1 MB] deste mosaico, rinde tributo ao xenio de Minnesota.
Por último, lembrar que podedes opinar sobre as propostas fílmicas presentadas, en cada evento de Google+ tedes unha ligazón cara a enquisa e tamén, na nosa páxina específica para avaliar os vosos gustos. ¹
Interésanos coñecer tamén, o que pensas do traballo que desenvolve este cineclube (ou calquera dos cineclubes de Galicia ao que podas asistir), polo que che pregamos dediques un anaquiño do teu tempo en realizar a enquisa da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», de contado, moitísimas grazas por facer o cineclubePF connosco.