29/12/18

O día do cinema doméstico

«Home Movie Day» · O día dos filmes caseiros


Home Movie Day é unha celebración das películas caseiras e amateurs. Unha oportunidade para recordar porqué nos importan estes filmes de maneira colectiva e ante unha audiencia aberta. As túas películas familiares son máis importantes e interesantes do que crees! Estes filmes son, pola súa propia natureza, incompletos, non teñen nin principio nin final, unha montaxe estritamente cronolóxica, indiferenza total polo espazo e o tempo e aínda por riba os "actores" non paran de ollar a cámara... O cine doméstico existe para ser complementado polos seus protagonistas, os membros desa familia. Non precisan de coherencia nin estrutura narrativa xa que esta habita nos recordos de aqueles que as viviron. O que conta é o traballo realizado en común polas familias para reconstruír o seu pasado. Velaí que a súa coherencia non sexa importante, estas películas son un evento en sociedade, a construción da súa coherencia é a finalidade mesma da sesión de proxección.




«Home movie day» é un evento internacional para recuperación de filmes caseiros